FILLOS.ORG SOLICITA A IMPLICACIÓN URXENTE DO GALEGOS “PARA TERMAR

O portal leva 10 anos facendo de ‘ponte’ entre Galiza e a Diáspora
pero só conta con 49 socios cotizantes.


Subject: Nota de prensa - Fillos de Galicia urxe aos galegos a se implicaren

[Asociación Cultural Fillos de Galicia]
(versión en castellano más abajo)

NOTA DE PRENSA

31 de Decembro de 2007 (Para publicación imediata en Sociedade,
Cultura, Tecnoloxía/Internet ou Emigración)

FILLOS.ORG SOLICITA A IMPLICACIÓN URXENTE DO GALEGOS "PARA TERMAR
DA SÚA PONTE VIRTUAL"

(O portal leva 10 anos facendo de 'ponte' entre Galiza e a Diáspora
pero só conta con 49 socios cotizantes)

Malia ser o principal referente da nosa emigración na Rede con case
5.400 usuarios rexistrados e máis de cen mil visitas cada mes, a
Comunidade Virtual de Fillos de Galicia quéixase dun escaso apoio
social. Este apoio cuantifícano mediante o que denominan "o
Compromisómetro", un contador que na portada do seu web marca en
tempo real a relación entre afiliados (socios) e usuarios (membros),
e que actualmente está por baixo do 1%.

"Queremos chegar aos 100 socios, penso que é unha cifra modesta:
non chegaría ao 2% pero suporía un medre vital para nós",
explica Manuel Casal Lodeiro, secretario da Asociación e xestor
técnico do portal. A situación económica dos países onde residen
a maioría dos usuarios que desfrutan dos contidos culturais e servizos
que fornece o portal, fai impensable cobrarlles a todos eles
"e iso ademais traizoaría a filosofía coa que naceu Fillos", engade o
seu responsable. Por iso fan un chamamento á solidariedade dos
galegos que residen en España ou en países con mellores condicións
económicas, para que achegando os 30 euros da cota anual, "se
solidaricen e apoien o noso proxecto. Aínda que nos vale máis
o seu feito de se sumaren á asociación como galegos comprometidos
activamente co noso labor, que a contía económica das cotas",
aclara Casal Lodeiro.

O obxectivo de chegar aos cen socios ten unha data límite: o
vindeiro 21 de Xaneiro, cando comezarán a que será a súa oitava
asemblea xeral, que tamén se celebra online como case todas
as actividades do colectivo. Nesa asemblea hase decidir a continuidade
do proxecto en función da implicación acadada de persoas
que queiran darlle novos azos a este centro galego online que con
só dez anos de historia xa é o oitavo do mundo en número de
participantes. Segundo xustifican desde Fillos, "Internet é unha
oportunidade histórica para recuperarmos as ligazóns entre as
dúas Galizas, e a nosa Asociación é o referente principal neste
novo medio. Pero con apenas 50 persoas que a formamos desde hai
anos non podemos soster unha responsabilidade que non deixa de
medrar". En Afiliate.fillos.org publicaron toda unha serie de
informacións de utilidade para os interesados, presididas por
unha animación moi explícita sobre a súa situación.

FIN

Para consultas dos medios:
Manuel Casal Lodeiro (xestor)

xestor@fillos.org

Máis información:
·Entrevista con Casdeiro en PlanetaGalego.info:
http://www.degalicia.org/planeta-galego/index.php?name=News&file=article&sid=314
·Revista histórica de prensa sobre Fillos: http://naprensa.fillos.org
·Notas de prensa: http://notas.fillos.org
·Fillos.org en cifras: http://www.fillos.org/fillos/estatisticas


---------------------------------------------------------------------
{Versión en castelán}

NOTA DE PRENSA


31 de Diciembre de 2007 (Para publicación inmediata en secciones de
Sociedad, Cultura o Tecnología/Internet)

FILLOS.ORG SOLICITA LA IMPLICACIÓN URGENTE DE LOS GALLEGOS "PARA
SOSTENER SU PUENTE VIRTUAL"

(El portal lleva 10 años haciendo de 'puente' entre Galicia y su
diáspora pero sólo cuenta con 49 socios cotizantes)

Pese a ser el principal referente de la emigración gallega en la Red
con casi 5.400 usuarios registrados y más de cien mil visitas cada
mes, la Comunidad Virtual de Fillos de Galicia se queja de un
insuficiente apoyo social. Este apoyo lo cuantifican mediante lo que
denominan "el Compromisómetro", un contador que en la portada de su
web marca en tiempo real la relación entre afiliados (socios) y
usuarios (miembros), y que actualmente está por debajo del 1%.

"Queremos llegar a los 100 socios, pienso que es unha cifra modesta:
no alcanzaría el 2% pero supondría un crecimiento vital para
nosotros", explica Manuel Casal Lodeiro, secretario de la Asociación y
administrador técnico del portal. La situación económica de los países
donde residen la mayoría de los usuarios que disfrutan de los
contenidos culturales y servicios que ofrece el portal, hace
impensable cobrarles a todos ellos "y eso además traicionaría la
filosofía con la que nació Fillos", añade su responsable. Por eso
hacen un llamamiento a la solidaridad de los gallegos que residen en
España o en países con mejores condiciones económicas, para que
aportando los treinta euros de la cuota anual, "se solidaricen y
apoyen nuestro trabajo. Aunque nos vale más el hecho de que se sumen a
la asociación como gallegos comprometidos activamente con nuestra
cultura en el exterior, que la simple cuantía económica de las
cuotas", aclara Casal Lodeiro.

El objetivo de llegar a los cien socios tiene una fecha límite: el
próximo 21 de enero, cuando comezarán la que será su octava
asamblea general, que se celebra online como casi todas las
actividades del colectivo. En esa asamblea se decidirá la continuidad
del proyecto en función de la implicación lograda de personas que
quieran darle nuevas fuerzas a este centro gallego online que con sólo
diez años de historia ya es el octavo del mundo en número de
participantes. Según justifican desde Fillos, "Internet es una
oportunidad histórica para recuperar los lazos entre las dos Galicias,
y nuestra Asociación es el principal referente en este nuevo medio.
Pero con apenas 50 personas que la formamos desde hace años no podemos
sostener una responsabilidad que no deja de aumentar". En
Afiliate.fillos.org han publicado toda una serie de informaciones de
utilidad para los interesados, presididas por una animación muy
explícita sobre su situación.

FIN

Para consultas de los medios:
Manuel Casal Lodeiro (administrador)

xestor@fillos.org

Máis información:
·Entrevista con Casdeiro en PlanetaGalego.info:
http://www.degalicia.org/planeta-galego/index.php?name=News&file=article&sid=314
·Revista histórica de prensa sobre Fillos: http://naprensa.fillos.org
·Notas de prensa: http://notas.fillos.org
·Fillos.org en cifras: http://www.fillos.org/fillos/estatisticas

Esta entrada foi publicada en Fillos de Galicia, Nota de Prensa. Garda a ligazón permanente.