Para que ‘a Ponte’ non caia! (terma ti tamén dela)

A Asociación Cultural Fillos de Galicia, responsable da comunidade virtual Fillos.org, pon en marcha unha campaña de afiliación con motivo da súa VIII Asemblea. Unha campaña que pode ser a derradeira…

Baixo o título de Para que a ponte non caia! (terma ti tamén dela) facemos un chamamento a todos os membros da Comunidade Virtual de Fillos de Galicia e outros galegos comprometidos coa pervicencia da nosa cultura no exterior, para que salven esta ponte virtual entre Galiza e a súa emigración convertíndose en socios.




(Preme aquí para veres a animación a páxina completa. Nela representamos como desde o ano 2000 o número de usuarios de Fillos.org non deixa de medrar mentres o número de socios que “terman da ponte” segue estancado nos 50.)

Compromisómetro marca 0,91%O Compromisómetro non deixa de ir á baixa, porque o número de socios non medra e si o número de membros.

Velaquí tedes toda a información desta campaña e todo o que precisades para vos facerdes socios e termar da ponte que é Fillos de Galicia:

Por que te faceres socio/a… agora?

  • Porque despois de 10 anos e millóns de visitas ao noso portal, a desproporción entre os que usan a ponte e os que terman dela está chegando a un punto crítico: seguimos sendo o mesmo número de socios que no 2005, malia que os membros pasaron de 2.000 a máis de 5.300 e as visitas moito máis! (Olla as nosas gráficas)
  • Porque a mediados de Xaneiro comeza a VIII Asemblea de Socios e se ese problema non se resolve mediante a incorporación de novos socios, prantexaremos a non continuidade da Asociación!
  • Por iso, a diferenza no futuro de Fillos márcala ti!
Esta entrada foi publicada en Fillos de Galicia. Garda a ligazón permanente.

13 respostas a Para que ‘a Ponte’ non caia! (terma ti tamén dela)

  1. Admin di:

    Precisamos pasar, cando menos, dos 49 socios actuais (0,91% dos membros) a 100 (1,85%). Desa forma aseguraríamos a sostibilidade de Fillos, porque sen socios, non existe Fillos de Galicia. Son eles os que o fan posible, máis que cos cartos das súas cotas, que representan apenas hoxe en día o 4,7% dos nosos ingresos (dato do 2006, sumando cotas e doazóns), co seu compromiso e presenza activa na asociación, decidindo, responsabilizándose, apoiando todo o labor que se fai nesta gran Comunidade Virtual, a maior do mundo de temática galega.

  2. catumanos di:

    Hola no sé si este es el lugar apropiado pero tengo una pregunta. Habláis de una asamblea y me gustaría saber dónde se realizan. Gracias y enhorabuena por el trabajo, espero que tenga éxito esta iniciativa.

  3. FRIDAMARGA di:

    Olá, “catamunos”!

    Vejo que te registaste hoje. Sê Bem Vindo a FILLOS DE GALICIA!
    Quanto à tua pergunta, a asembleia refere-se à ASEMBLEIA ANUAL da ASOCIACIÓN CULTURAL FILLOS DE GALICIA.
    É a ACFDG que suporta este Portal posto à disposição de quem navega na Net.
    Os internautas que se registam passam a ser MEMBROS DA COMUNIDADE VIRTUAL DE FILLOS DE GALICIA que hoje atingiu o número de 5387 registos.
    Só os SÓCIOS da ACFDG participam na ASEMBLEIA que é virtual, através da Net, portanto.
    Também se realizam JUNTANZAS reais de SÓCIOS e/ou MEMBROS por todo o Mundo e que estão registadas numa das páginas do Portal onde podes ver, inclusivé, as fotografias obtidas.Eu SOU SÓCIA DA ACFG desde 2003 e estou muito feliz por fazer parte deste Projecto que está na Rede já há dez anos “achegando GALEGOS DE TODO O MUNDO e PROMOVENDO A LÍNGUA E CULTURA GALEGAS.

    Espero que desfrutes da nossa companhia e venhas, em breve, a inscrever-te na nossa ASOCIACIÓN:

    EU SOU SÓCIA DA ASOCIACIÓN CULTURAL FILLOS DE GALICIA!
    APOIA-NOS FAZENDO-TE TAMBÉM SÓCI@!
    GALIZA VIVE EM NÓS!

  4. FRIDAMARGA di:

    Olá, “catamunos”!

    Vejo que te registaste hoje. Sê Bem Vindo a FILLOS DE GALICIA!
    Quanto à tua pergunta, a asembleia refere-se à ASEMBLEIA ANUAL da ASOCIACIÓN CULTURAL FILLOS DE GALICIA.
    É a ACFDG que suporta este Portal posto à disposição de quem navega na Net.
    Os internautas que se registam passam a ser MEMBROS DA COMUNIDADE VIRTUAL DE FILLOS DE GALICIA que hoje atingiu o número de 5387 registos.
    Só os SÓCIOS da ACFDG participam na ASEMBLEIA que é virtual, através da Net, portanto.
    Também se realizam JUNTANZAS reais de SÓCIOS e/ou MEMBROS por todo o Mundo e que estão registadas numa das páginas do Portal onde podes ver, inclusivé, as fotografias obtidas.
    Eu SOU SÓCIA DA ACFG desde 2003 e estou muito feliz por fazer parte deste Projecto que está na Rede já há dez anos “achegando GALEGOS DE TODO O MUNDO e PROMOVENDO A LÍNGUA E CULTURA GALEGAS.

    Espero que desfrutes da nossa companhia e venhas, em breve, a inscrever-te na nossa ASOCIACIÓN:

    EU SOU SÓCIA DA ASOCIACIÓN CULTURAL FILLOS DE GALICIA!
    APOIA-NOS FAZENDO-TE TAMBÉM SÓCI@!
    GALIZA VIVE EM NÓS!

  5. Admin di:

    Ola, Catumanos. Benvido. O das asambleas, como che explicou a compañeira, é algo que se celebra virtualmente, en concreto por medio dunha lista de Correo. Se estás inscrito na Rolda xa coñecerás o concepto. Durante varios días, cunha mecánica que reproduce a orde “do día” dunha asemblea coma a de calquera outra organización, debatimos, presentamos contas, facemos propostas, enmedas ás propostas, e votamos todo democraticamente. Tamén se elixen os cargos como Presidente, Secretario e Representantes locais. Se tes máis preguntas, non dubides en nolas facer por este medio ou escribíndonos unha mensaxe de correo-e.

  6. Admin di:

    Algunos nos estáis preguntando cómo hacer para pagar la cuota desde la tienda de Fillos. Es muy sencillo: todos los miembros de Fillos tenéis una cuenta abierta en dicha tienda, lo único diferente es que hay que entrar indicando el e-mail y no el nombre de usuario, pero la contraseña -si no la habéis cambiado desde vuestro ingreso- es la misma. Y si no sois miembros de fillos, podéis hacer 2 cosas: o bien os registráis 1º como miembros en este portal y luego entráis a la tienda, o bien os registráis directamente en la tienda. Si tenéis dudas, enviadnos un mail a xestor ARROBA fillos PUNTO org. Y ¡gracias por interesaros en haceros socios!

  7. Admin di:

    Coido que é un dato para a reflexión e o debate: temos que ver o que recibimos e o que damos, o que se desfruta de balde e o custo que ten.

  8. sbaezagarr di:

    Quisiera enviar este mensaje especialmente a los más de 5300 miembros de Fillos de Galicia para pedirles encarecidamente que consideren la posibilidad de hacerse Socios de nuestra Asociación Cultural y de ese modo nos ayuden a conseguir el objetivo planteado en esta campaña de afiliación Para que ‘a Ponte’ non caia! (terma ti tamén dela).

    Depende de cada uno lograr la continuidad de este lugar de encuentro que tanto nos entrega y que hoy nos pide ayuda para seguir adelante con la labor de unión de nosotros los descendientes con la tierra de quienes nos dieron el ser gallego, con la de difusión cultural, con los reencuentros familiares, en fin….con tanto y tanto que diariamente tenemos al ingresar a nuestro portal.

    Quisiera también transcribir parte de un mensaje que escribí hace un tiempo para la Presentación del Proyecto Historias da nosa Emigración, que creo refleja lo que debiera ser nuestro compromiso:

    […]Lo dejaron todo por nosotros y tenemos la obligación de preservar el legado, haciendo que nuestros hijos y nietos y los hijos de ellos sigan traspasando este orgullo por nuestras raíces, este sentimiento que inunda el alma con sólo nombrar a nuestra terra nai[…]

    Hoy más que otras veces, es nuestra responsabilidad lograr que ya cumplidos 10 años, Fillos de Galicia perdure en el tiempo.

    Se han preguntado alguna vez, ¿que pasaría si por falta de financiamiento, Fillos ya no existiera?
    Tal vez sería bueno preguntárselo, pero sin duda sería mejor preguntarse, ¿estoy dispuesto/a a contribuir con una cuota anual para que sigamos adelante?

    Un abrazo a todos.
    Sandra Baeza

  9. axav di:

    E a segunda vez que tento enviar esta mensaxe, escribin un comentario e non me aparece nin no meu listado de comentarios nin no taboleiro, se é que non se actualiza automaticamente o sistema ou hai algun filtro que impide a visualización, as miñas desculpas.

    O motivo da miña mensaxe é expresar a miña preocupación porque haxa membros da comunidade virtual que queiran facerse socios e non poden por motivos económicos. Expoño o máis claramente que podo e pido desculpas se a miña aportación non procede:

    1. Enténdese que o pagamento dunha cuota é conditio sine qua non para ser socio de pleno dereito.

    2.- Hai membros que non poden pagar a cuota mais quixeran participar máis activamente na ACFG.

    3. A ACFG perde activos, por canto persoas que poderian contribuir coas suas opinións nos debates e asembleas ou participaren das tarefas internas vense privadas de o faceren.

    A miña proposta:

    – Estabelecer unha liña de crédito en galeuros para que aqueles membros que desexen acceder ao status de socios e participar da asemblea e os debates poidan facelo.

    – A ACFG pagaria a cuota destes novos socios. Pola sua banda, os beneficiarios do crédito comprométense a restituir o importe abonado pola ACFG mediante a realización de tarefas cuantificables en galeuros ata alcanzaren o total da cuota.

    Desculpas se é improcedente. Mais tento buscar un modo de que todo aquel que queira e teña verdadeiras ganas de participar, poida facelo.

    Atenciosamente,
    Afonso Xavier Canosa Rodríguez

  10. Admin di:

    Afonso Xavier, hei trasmitir a túa idea á lista de socios a ver que opinan da mesma. Eu así a priori véxolle pros e contras. Falámolo la lista.

  11. Admin di:

    Moi interesante tamén, pensando nesta campaña, lermos o que contan os nosos usuarios sobre o que lles achega Fillos.

  12. Admin di:

    Acadamos 14 novos socios. Chegamos ao 1,15% de compromiso. A VIII Asemblea de socios decidirá que facer en función destes resultados e verá que alternativas nos quedan.

  13. Admin di:

    Temos 14 novos socios e esta páxina sobre a campaña vírona segundo me consta no momento actual 2350 internautas. Así que tivemos 0,596 novos socios por cada 100 lectores desta información :-((

Os comentarios están pechados.