Que vantaxes ten facerse socio/a de Fillos?

Velaquí un listado de vantaxes que ten convertirse en socio/a da Asociación con respecto a ser simplemente membro da Comunidade Virtual.

Os membros que se deciden a apoiar o noso labor facéndose socios, desfrutan dos seguintes beneficios:

  • Poden participar nas Asembleas da asociación, para facer propostas e decidir sobre o futuro de Fillos de Galicia.
  • Poden presentarse a cargos como Presidente, Secretario, representante local, responsables de área, etc.
  • Teñen un e-mail de balde @DeGalicia.org.
  • Teñen un blog de balde en www.DeGalicia.org.
  • Teñen un álbume de fotos online de balde en www.DeGalicia.org.
  • Teñen ofertas especiais e primicias en moitos dos nosos servizos e produtos.
  • Reciben gratuitamente un exemplar dos libros que editamos: o último é a “Antoloxía poética da diáspora galega”.
  • Poden convertir os seus galeuros a euros.
  • …e novas vantaxes que imos ideando a cada pouco! Porque sen socios non existe Fillos de Galicia! E temos moito que agradecerlles todos os que desfrutamos dos proxectos creados por Fillos!

A que esperar para dares o paso e convertirte ti tamén
en socio/a
? Só che costará uns minutos inscribirte e a cota son só 30 euros/ano.

Esta entrada foi publicada en Fillos de Galicia. Garda a ligazón permanente.

1 resposta a Que vantaxes ten facerse socio/a de Fillos?

  1. CoordFillos di:

    Lembramos que desde Maio de 2009 os socios de Fillos que así o soliciten tamén teñen a capacidade de crear ata un límite de 2.000 galeuros no sistema de crédito mutuo e moeda complementaria dos galeuros.

Os comentarios están pechados.