Fillos comeza unha campaña de mails pola nacionalidade e o voto da Diáspora

Desde hoxe está activa unha campaña na que se pretenden recoller apoios dos internautas galegos de todo o mundo para as reclamacións da Asociación Cultural Fillos de Galicia sobre o tema da nacionalidade dos netos e mais do dereito a voto dos galegos do exterior. Se queres lelo podes tamén asinar online nestoutra páxina do noso portal: manifesto2007.fillos.org. Os apoios serán enviados por correo electrónico aos líderes do PSdeG, BNG e PP así como as senadores españois. Xuntemos milleiros deles!! Loitemos xuntos polos nosos dereitos! Fagamos oíren a nosa voz! Agora é o momento!

Esta entrada foi publicada en Fillos de Galicia. Garda a ligazón permanente.