Fillos lanza o ‘Planeta Galego de Titulares’

Como evolución do noso servizo Noticias.deGalicia.org (estreado en Abril deste mesmo ano) nace o PlanetaGalego de Titulares, unha forma cómoda e rápida de ver dunha soa ollada todas as novas da Galiza mundial, con especial fincapé na Diáspora. Proximamente engadiremos máis fontes de novas ás xa presentes nesta nova páxina de inicio para todos os internautas galegos. Puxémolo en marcha grazas a unha axuda da Secretaría Xeral de Emigración para a mellora e pulo de PlanetaGalego.info.

Esta entrada foi publicada en Fillos de Galicia. Garda a ligazón permanente.