A Asociación Cultural Fillos de Galicia, dando cumprimento do aprobado na VI Asemblea Xeral dos seus socios, proclama que:
OS GALEGOS CONSTITUIMOS UNHA NACIÓN MUNDIAL
Galiza e os galegos
Recoñecemos e amamos a Galiza como terra de orixe dos galegos, orixe do noso pobo, da nosa lingua, da nosa cultura; porén, o territorio da Nación Galega non se limita a Galiza senón que é o Mundo, porque onde queira que habite un galego ou unha galega, existe a nosa Nación. “Galiza somos nós! A xente a e maila fala. Se buscas a Galiza, en ti tes que atopala!” (Manuel María)
Con “galegos” non queremos dicir os nados en Galiza, aos que denominamos “galicianos” ou os residentes na Comunidade Autónoma de Galiza, senón que “galegos” somos os que por orixe e sentimento así nos auto-identificamos, o que inclúe por igual a un galegofalante residente no Bierzo, cá unha neta de galegos nada en Bos Aires, cá un galiciano emigrado a Canarias.
Definición da Nación Mundial Galega
A Nación Mundial Galega é o conxunto de persoas que compartimos a mesma orixe étnica e o mesmo sentimento de sermos galegos, e que temos o mesmo idioma, o mesmo conxunto de tradicións e a mesma cultura, con independencia de onde naceramos, onde residamos, ou que documentos de identidade teñamos. O grao de conservación deses rasgos (orixe étnica, idioma, cultura) e o recoñecemento oficial da nosa “galeguidade” son diversos na nosa Nación, pero o factor común fundamental desta Nación nosa é o sentimento de pertenza ao mesmo Pobo Galego. Galego ou galega é, polo tanto e sobre calquera outra condición, quen o quere ser.
A bandeira da Nación Mundial Galega
Propoñemos que o símbolo que identifique esta Nación Mundial Galega sexa esta nova bandeira:

Nela representamos o carácter dual da Nación: a banda azul tradicional galega que representa a parte da Nación que vive en Galiza e a outra, que se cruza e une coa primeira nun único corpo dunha mesma cor, representa aos galegos de fóra de Galiza. As beiras negras representan a dor, o trauma histórico nacional e persoal que deu orixe á nosa dualidade: o feito histórico da Emigración.
Esta bandeira non quere substituir á bandeira que levamos no peito, a bandeira de Galiza, que é a bandeira da nosa Terra, senón que xorde como complemento e ampliación dela, como símbolo preciso da 5ª provincia (ou 8ª, historicamente) que ten a particularidade de abranguer ás demais provincias, ao país enteiro, e sumarlle o Mundo todo, todos os países onde habite un galego de orixe ou sentimento. Outros pobos teñen bandeiras que representan á súa diáspora asentada en territorios estranxeiros, as cales non renegan da bandeira de orixe e a rememoran e complementan. E esta nova bandeira quere cumprir esa función para todos os galegos onde queira que naceran ou vivan.
A bandeira tradicional galega representa a Terra de orixe da nosa Nación, pero non todos os galegos que constituimos esta Nación temos residencia nesa Terra. E por tanto consideramos preciso crearmos este novo símbolo, o cal arelamos que todos os galegos, de dentro e fóra de Galiza, naturais de Galiza ou descendentes en calquera grao, asuman como un símbolo de unión, de igualdade entre todos os galegos, sen distinción administrativa algunha, e que nela recoñezan esta Nación Mundial que quere ser recoñecida, protexida e respectada no seu dereito a existir e a pervivir na Historia como feito singular social e cultural, que non ten comparanza agás cuns poucos pobos máis da Humanidade.
En Internet, primeiro territorio común a todos os galegos do mundo, a 1 de Marzo de 2007.
Fillii Gallaechiae, Fratesque Gallaechii Mundi

AVISO DE PROPIEDADE INTELECTUAL
![]()
A asociación cultural Fillos de Galicia comunica que o deseño da bandeira cedémolo ao dominio público, como non podía ser doutra maneira se pretendemos que sexa utilizado por todo aquel galego que o desexo, para representar a Nación Mundial Galega, e está desde o 8 de Agosto de 2008 dispoñible na Wikipedia.


RSS xeral de Fillos.org
El diccionario de la Real Academia Española, define nación en su tercera acepción como:
Aunque el diccionario de la Real Academia Gallega incluye la condición de ubicarse en un territorio definido, y de otras cosas extrañas como tener intereses económicos comunes (????), nos parece más adecuada la definición no territorial del castellano, y si debemos referirnos a un territorio por fuerza para ser nación “en gallego”, que ese territorio sea el mundo.
A bandeira tradicional galega non e a autonómica. E so branca có Escudo Galego no centro.
Marcos Luis Blanco y Centurión.
Desde hace algunos años con tantísimo amor han mantenido este sitio que han ido mejorando paulatinamente. Creo que fue por el año 1999 estaba en construcción la página ya tenía buen posicionamiento.
Estoy de acuerdo con lo que han hecho.La idea de la bandera habla de que si cada uno la tiene la cantidad de migración gallega e emigrantes que existe en el mundo, ha de notarse. Fue más de un 70% de población gallega que migró a principios del siglo pasado.
Me gustaría tener esta bandera, me gustaría también que trabajaran para que esta página futuramente sea leída en otros idiomas.
Gracias a Uds. todos paisanos
Lolita Vila
Arrecarallo. Moi bo!
A ver se toman nota estes pailáns de políticos que temos e optan pola auténtica vía galega na definición nacional. Nin nacionalidade histórica nin realidade nacional nin hostias… Nación Mundial e ao carallo! Con dous pares!!
Vimos de engadir unha pequena peza de animación para divulgar a nosa proclamación no YouTube. Esperamos que vos goste. Para a compartirdes con outros internautas podedes dar este enderezo ( http://www.NacionMundialGalega.info ) ou ben o enderezo unicamente da proclamación en vídeo: http://www.youtube.com/watch?v=K29GAUWpiLA
Leyendo la nueva buena no puedo más que emocionarme. Desde el sur del mundo, desde la Patagonia Argentina, a todos los gallegos del mundo les pido que recibamos este día con alegría. Nuestra bandera es hermosa.
alejandrofotoferreyra@latinmail.com
Quiero agradecer a la Asociación esta idea y todo lo que hace por los que disfrutamos Fillos de Galicia. Gracias irmáns!
Todos los gallegos del mundo, nacidos o no en Galicia, tenemos hoy un motivo más para el regocijo y el orgullo. Contar con una bandera que nos identifique, para reconocernos hermanos en ésta, nuesta nación planetaria. Bella bandera que ha de cubrir por siempre nuestro cielo, dondequiera que estemos.
Salud, a la gran familia.
Roberto Casal Cotelo
robcasal@hotmail.com
A nacion mundial galega non serve pra nada. Non nos vai dar nin mais autogoberno, nin o recoñecemento da nosa identidade. Son so palabras vacias.
So un estatuto de NAZON nos define como o que somos por historia e cultura propia.
O de “nacion mundial galega” vale o mesmo que o de “nazon de breogan” ou “fogar de todolos galegos”, son so palabras vacias que buscan evitar recoñecernos como o que somos realmente, unha NAZON. Os politicos teñen medo a chamar as cousas polo seu nome, pq creen que somos menores de idade ou parvos, e pensan que os galegos nos imos conformar con ser menos que catalans ou vascos, cando somos tan ou mais nazon ca eles.
So unha critica ao video. Faltalle un toque musical galego.
Carlos nuñez, luar na lubre, Milladoiro,etc.
desde argentina, me siento feliz por esta bandera, no es una mas, las persona que vivio o como en mi caso, estuvo de paso por galicia, reconoce que esta tierra es bella y su gente es unica….
esta bandera me llena de orgullo, por que galicia es unica y merece toda su grandeza.
hijos de galicia en el mundo de pie!!!!!
martin ferreira, nieto de gallegos, fillio de galicia.
meriadok@hotmail.com
Pois xa comprendo a túa crítica, pero o tema dos dereitos de reprodución eche un atranco importante para usar temas musicais. Somos os primeiros en sentilo! 🙁
“A proclamación da nación evita recoñecernos como nación”… si, moita lóxica a túa! Arrecarallo! 😀
Marcos, esa que dis podería ser en todo caso a bandeira do reino de Galiza, á que si, tamén podes chamar tradicional dalgún xeitos… pero non é a tradicionalmente recoñecida polos galegos, na medida en que xa non hai tradición de a usarmos.
Prego desculpas porque faltaba unha palabra importante na sinatura da proclama: En Internet, primeiro territorio común a todos os galegos do mundo, a 1 de Marzo de 2007.
Velaquí tedes a animación da bandeira que se pode ver no vídeo que subimos ao YouTube. Se alguén a quere ter con outro fondo de diferente cor para poñer nas súas páxinas por favor que nola pida escribindo a fillos ARROBA fillos PUNTO org. Agardo que vos goste:
Estamos comezando a recibir algunhas fotos coa bandeira. Animádevos a enviar as vosas ao noso álbume. De contado esperamos que poidades ter bandeiras de tea que se poidan tocar e que as distribuiremos por todo o territorio mundial da nosa Nación desde a nosa tenda.
Lolita, gracias por tus palabras sobre el portal. La mejora la ha hecho posible sobre todo el esfuerzo continuado y sacrificado de los socios que forman la Asociación Cultural Fillos de Galicia, que te invito a conocer más en detalle.
Por lo que me dices la tener la bandera como ves en nuestra tienda hemos dado respuesta rápida a este deseo que más gente nos había expresado. Pronto empezaremos a enviar las primeras banderas a todos los lugares del mundo donde habita un gallego o una gallega, es decir, a cada rinción de nuestra Nación Mundial.
Grazas a Silvia Romero, que nos envía este interesante artigo de Manuel Rivas titulado O país portátil e a Galicia global.
O único que non me gosta é o uso do termo calcado do inglés ‘global’ en troque do noso ‘mundial’ e iso da ‘Galaxia Microsoft’ (arrepíos me dá, carallo!!!) 😀 Mellor ‘Galaxia Internet’.
Na Voz de Galicia acaban de publicar unha nova sobre a nosa proclamación: Los gallegos quieren ser «nación mundial»
En Vieiros tamén o publicaron. O debate alí quentouse un chisco! Ide, ide ver: http://www.vieiros.com/nova.php?Ed=1&id=56700&cm=1
Gustoume ese homenaxe ao lema dos irmandiños. Adiante irmandiños galegos do mundo!
me alegra mucho lo aprobado en dicha asamblea. como desendiente de gallegos es un orgullo perteneser, aunque sea a la distancia , de tan importante asosiacion. Los felicito de todo corazon.
La bandera está muy linda. Me recuerda a la escocesa pero con los colores de Nunca Máis. Así que muy celta y muy gallega. Los felicito.
Tamén vimos de deseñar unha camiseta reivindicativa da nosa Nación Mundial, dispoñible na nosa tenda:
Quen a adquira ademais de axudar a Fillos estará espallando esta nova bandeira e o concepto da nosa Nación, por onde queira que a leve.
Vimos de subir as ligazóns e capturas do eco na prensa galega desta proclamación. Podédelas consultar na nosa revista de prensa.
Tamén se está a promover a nova en Chuza. Ide apoiala, compañeiros! 🙂
E que tal a “Marcha do Reino de Galicia?
mellor imposible.Adiante.
Gústame a bandeira, gústame a idea e gústame “o par” que se llo bota dende esta fiestra aberta ó mundo.
Meu parabéns
X.L.
Esto é poñer o torrezmo no espeto e o resto son caralladas!!!
Unha honra ser membro deste colectivo
Parabéns e felicitacións
Pareciéndome interesante vuestra propuesta os he “linkeado” en mi blog: http://polboracruz.blogspot.com/ dedicado a mi terriña: Carballiño
Me sigue pareciendo interesante su propuesta pero su web no me deja registrarme, ( o bién está inutilizado, o no funciona…)
nafisgal@gmail.com (Un galeguiño da terra do Carballiño..)
O concepto de “Nación Galega Mundial” é extraordinario, unha idea dunha fondura “abraiante”.
Reflicte perfectamente –sen dúbida– o sentimento de toda a Galiza exterior (ó menos).
Felicitacións!!!
Xurxo Lois
(Bos Aires)
PS: A bandeira complemento da tradicional é, verdadeiramente e como aquela, bonitiña !!!
ESPRANZA
Erguerémo-la espranza
sobre ista terra escura
coma quen ergue un facho
nunha noite sin lúa.
Marcharemos cinguidos
polos duros segredos
dunha patria soñada
á que non voltaremos.
Non sabrán o camiño
que pra entón colleremos.
Longos ríos de brétema,
longos mares de tempo.
Tripulantes insomnes,
na libertá creemos.
Viva, viva, decimos
aos que están no destero
e soñan cun abrente
de bandeiras ao vento.
Adictos da saudade
que levades a luz polos vieiros.
¡Saúde a todos,
compañeiros!
Celso Emilio Ferreiro.
Saúdos, son Wences. Quero facer unha crítica a esta iniciativa da nación mundial galega:
Non me gusta esa nova bandeira. Respeto que a alguén lle ilusione pintar bandeiras e dar explicacións do seu significado, pero para que unha bandeira represente a un pobo, cando xa existe un referente perfectamente recoñecido, non é o procedemento axeitado. Ademais, como ben é sabido, a bandeira galega adoptárona os galegos emigrados a Bos Aires, collendo de referencia a última que viran na súa terra, sendo ista a do porto da Coruña. ¿Que máis identificación que esta pode haber entre os emigrados e os que ficaron na terra?
Outra cousa é o resultado final da proposta de Fillos de Galicia. A bandeira presentada é igual (se obviamos o perfil negro) que a antiga bandeira … ¡do porto da Coruña! O porto coruñés tivo que modifica-la súa bandeira porque era idéntica á da mariña rusa e cando os barcos rusos chegaban á Coruña presentábase esa coincidencia. Polo tanto, a nova solución semella unha volta ós orixes á antiga bandeira da Coruña que foi modificada por un motivo xustificado.
Por último, proclamar unha nación mundial, por moi poético que soe, sobra. É indiscutible que Galicia é nación, nación sen Estado, pero nación. Non obstante, a maioría dos galegos non comparten esa idea que eu teño, pois, de ser así, a realidade política sería ben diferente. Cada pobo ten os políticos que quere (é dicir, os que se pode permitir e entre os que elixe, de onde non hai máis …), talvez os que se merece. O pobo si é responsable da súa política, porque o pobo pode mudala e facela nova e representativa duns intereses, que, por máis que me pese, non están presentes. Polo tanto, o que habería que proclamar é a nación galega, independentemente de facermos poesía. Pero para iso, fai falla o respaldo dos galegos, cousa que, por agora, non hai. E definir que alá onde está un galego, está Galicia, non é moi afortunado: xa o fixo Hitler cando entrou nos Sudetes (ben, sei que esta non é a intención, pero os galegos, aínda que un dos pobos máis emigrantes, non somos como os xitanos, nación nómada sen estado, senón que temos un espazo xeográfico claramente definido). Pero o de “que non ten comparanza agás cuns poucos pobos máis da Humanidade”, eso si que está de máis, porque non somos mellores nin peores que outros pobos, simplemente somos diferentes, nin españois, nin portugueses, somos galegos.
Graciñas pola vosa paciencia se chegastes ata aquí e agardo que respetedes o meu punto de vista se é que non o compartides.
Grazas a ti por te molestares en explicar e así facer crítica construtiva. Déixame que eu responda a niverl persoal á túa crítica. Coido que segues a mesturar, como fan moitos dos galegos galicianos a nación de Galiza e esta nación galega sen fronteiras. Coido que a perspectiva desde Galiza é outra e moi respectable. Nós non pretendimos mesturar nin negar o dereito de Galiza como territorio a ser nación. O que queremos dicir é que os galegos de fóra non vencellados a esta terra precisamos outro símbolo de noso, xa que a bandeira galega representa un lugar concreto e onde nós nacemos teñen outras que tampouco nos representan na nosa condición de galegos-extra-territoriais.
O de Hitler non me merece menor comentario, penso que se che foi a ola totalmente. Non falamos dunha nación a efectos xurídicos, coma ti fas, nin de conquista, senón sentimental e cultural. E o de non ter comparanza é un feito obxectivo, con iso non queremos dicir que sexamos mellores ou peores. Coido que todos prefeririamos non ter unha nación dual nin un trauma histórico e persoal en case todas as nosas familias por culpa da emigración.
En canto ao que dis de que os emigrantes foron os inventores da bandeira galega dándolle ese significado á de Galiza si que é interesante telo en conta. Desgraciadamente as cousas mudaron moito e agora aos galegos de fóra exclúesenos de certa forma dese símbolo, ao non nos recoñecer o carácter de galegos a moitos niveis.
Aínda que sexa saírnos da cuestión desta proclamación quería tamén disentir disto que afirmas:
O pobo ten os políticos que lle deixan elixir. Pero os nosos sistemas están lonxe de ser auténticas democracias. E polo tanto o grao de responsabilidade sobre a política que sofren (e para nada deciden xa que non son consultados máis que cada 4 anos e non precisamente sobre políticas concretas senón sobre unhas siglas que despois fan cos seus votos o que lles sae…) é moi limitado.
Ben,
quería dicir que eu vivo fóra de Galicia, formo parte da Nación Galega e síntome moi identificado coa concepción dunha Galiza Global, PERO PENSO QUE ISTO da BANDEIRA DA NACIÓN MUNDIAL GALEGA é unha tremenda argallada. A actual bandeira galega representa xa a todos os galegos do mundo ¿para que queremos crear outra? ¿para crear máis confusión? ¿para ter un protagonismo especial nun proceso de construción dun discurso dunha Galiza Global e Nacional? Máis do mesmo. Protagonismo.
Estou de acordo contigo. A simboloxía que representa a todos os galegos do mundo, independentemente de onde vivan, xa existe. ¿Cál é o motivo para crear outra?. Os símbolos que un pobo acolle non son o resultado dunha idea feliz que ten alguén e despois a pendura na rede. !O Señor Casadeiro fai un verdadeiro Terrorismo simbólico!.
Xa somos unha Nación Mundial. Non é ningunha descuberta. ¿por qué temos que cambiar agora a nosa simboloxía?
Por certo un concepto defendido por moitras outras organizacións e asociacións da diáspora e non só por Fillos de Galicia que penso quere levar un protagonismo que non lle pertence en exclusiva.
TERRORISMO SIMBÓLICO. ¿Por qué temos os galegos da diáspora que acoller este símbolo se xa temos un de noso? A Bandeira actual non é patrimonio da Galiza Territorial, éo de todos os galegos do mundo. ¿por que temos agora que trocar de Bandeira? Porque o di Casadeiro. !Veña Xa!
Lamento que lo que comenzó hace una década como un espacio para conocernos, haya derivado en esta tontería.
Como ben dis, ti vives en Galiza e polo tanto non me parece que esteas tan autorizado coma os que vivimos fóra para nos dicir o que nos represente e o que non. Polo menos os socios da ACFDG votaron case que unanimemente a prol desta iniciativa na nosa VI Asemblea. E sobre o do protagonismo, xa podía ser, e non só nós senón os galegos de fóra, que se tanto nos considerades como os vosos iguais os galicianos, podiades ternos máis en conta para a política do país.
Coido tamén que te deberías informar sobre os símbolos por exemplo dos turcos de Chipre, dos alemáns de Rusia, dos serbios de Bosnia, dos suedos de Finlandia, dos tártaros de Crimea, dos saxóns de Transilvania, dos alemáns dos Sudetes, etc. Todos eles teñen bandeiras dos seus países de orixe e ademais unha propia, que complementa e non rexeita a da terra de orixe.
Porque se somos iguais en dereitos (ademais precisamente este é o Ano Europeo da Igualdade) teremos dereito a ter unha bandeira de país (Galiza) e unha bandeira de provincia, como todos os galicianos. E a nosa provincia é esta, a 5ª, a mundial, que queremos representar coa cruza azul e negra.
Gostaríame saber onde ves ti a confusión en termos unha bandeira específica para abranguernos aos de fóra.
Perdón: lera mal o comezo da túa mensaxe, vexo que si que vives fóra. Talvez sexas nado en Galiza e como tal tes dereito legal a estar identificado por esa bandeira. Pero deberías pensar nos que somos fillos e netos e non temos ningún dereito legal a ser identificados por esa bandeira, nin se nos recoñece como galegos en Galiza nin nos nosos lugares de residencia.
En primeiro lugar entendo que es un membro da comunidade virtual e polo tanto sería de agradecer que tiveses a decencia de deixar as túas descalificacións co teu nome de usuario e non como anónimo.
Por outro lado, non sei se levas 10 anos connosco e quizáis o tempo trascorrido fíxoche perder a perspectiva ou ter lacunas mentais pero Fillos foi desde o comezo algo moito máis importante e amplo que un mero lugar onde nos coñecermos. Pareces esquecer o compoñente cultural, político e social adrede, non sei con que motivo. Igual confundes os teus desexos coa realidade.
E menos lamentacións e máis traballar para facer de Fillos o que ti queiras, que Fillos, por se tamén o esqueciches facémolo todos e todos os días.
Quixera facer unha pequena reflexión que me veu á cabeza relacionando isto da Nación Mundial Galega con aquela idea que expresaba Castelao no “Sempre en Galiza” e cunhas explicacións da evolución histórica da Humanidade de Piotr Kropotkin en “El apoyo mutuo”. Segundo explica Kropotkin, na época prehistórica os homes uníanse en clans mantidos xuntos pola idea da unidade de orixe e pola veneración aos antergos comúns. Despois, as ligazóns da orixe común comezaron a se debilitaren por causa das migracións e o desenrolo da familia separada dentro do mesmo clan, e isto destruiu a unidade tribal. Foi daquela, cando como produto das migracións, xordiu unha nova forma de unión, esta vez baseada no “principio territorial”, e esta foi a “comuna aldeana” (ou “aldea comunal”). Isto daría pe cos séculos ao nacemento das nacións, sobre ese mesmo vencello territorial.
Eu penso que a Historia, nunha desas reviravoltas ascendentes das que falaba Castelao, nos trouxo outra vagada de ciclos migratorios que desmembraron algunhas desas nacións creadas na Historia, e que agora no troco de século atoparon unha volta aos orixes comúns como lazo de unión entre xente que xa non compartimos un territorio, e que agora formamos un novo tipo de tribu mundial, vencellada nun novo territorio común virtual como son as telecomunicacións, que nos permiten estabelecer unións dun novo tipo, nomeadamente en Internet.
É dicir:
Tribu (orixe común) ->[primeiros cliclos migratorios]-> comuna aldeá (territorio común) nación ->[ciclos migratorios modernos]-> nación virtual (territorio virtual común + orixe común recuperado)
…e por suposto estas reflexións vencélloas coa revolución identitaria da que teño falado no artigo que xa coñecedes publicado no monográfico sobre a Galiza Global.
En definitiva estamos a falar da consolidación dun novo tipo de identidade nacional, que amplía o concepto da Galeguidade e que precisa símbolos e nomes novos para caracterizar realidades novas.
O motivo para crear outra é que ese símbolo representa a Galiza, un territorio concreto (e unha nación de seu para algúns). Pero ese territorio non coincide co territorio desta nova nación que nós reivindicamos. Así de sinxelo. E son perfectamente compatibles, como o é sentirse galego e español, ou galego e arxentino.
Por certo, o de terrorismo simbólico xa mo explicarás, valiente señor anónimo! Iso si que é unha andrómena e o demais sonche parvadas! 😀
Seguimos non querendo escoitar. Deixemos algúns puntos clariños para os xordos ou os que non saben ler:
1) Este símbolo non o ten que acoller (???) ninguén. Nós propoñemos e cada quen que faga o que lle pete. Como se está a ver, hai quen lle gusta, e hai quen non.
2) O feito de que a bandeira actual sexa patrimonio de todos, non lle nega o seu carácter e orixe territorial. Se non, mira o Estatuto de Autonomía a ver que di. E aínda así, esta bandeira non exclúe a outra, o cal está escrito expresamente. Outra cousa é que a ti non che apeteza lelo e inventes a túa propia leria.
3) Eu non digo máis do que di a Asociación. De novo tentan confundir Fillos coa miña persoa para atacar ad hominem covardemente. Eu asumo a representación da Asociación como presidente, para iso me elixiron. E asumo a xestión como traballador da Asociación. Pero iso foi aprobado en resolución ad hoc na VI Asemblea e aos documentos oficiais me remito.
Non pedimos cambio. Pedimos ampliación. Dúas realidades (o territorio e a nación aterritorial; o xeográfico e o abstracto; a realidade política e a realidade social), dous símbolos… complementarios, irmáns, non excluíntes, ampliadores de significado. E logo por que non?
Olá, um saudo desde Galiza, gostava de saber sobre o desenho da
bandeira, que representa .
Por outra banda, nestes días recevim varios correios que facíam
referença a o 8 de Março, falavam da invisivilidade do feminino, como
no caso do nome da vossa organizaçaom, máis onde me sentim realmente
excluida é na definiçom da naçom galega, “os galegos somos nación”, eu
diria, “o povo galego somos naçom”.
Intuo um devate anterior a esta proclamaçom,na minha opiniom as
palavras as vezes mudam de matiz com o tempo, e onde antes eu me
proclamei nacionalista, hoje me proclamo “pro dereito dos povos a
existir,sexa la onde for, o nosso povo está em claro perigo, o galego
está em vias de extinçom no territorio galego, o desarraigo e muito
profundo, nom ha povo que resista sem gente que o defenda e sostenha
no respeito a sua identidade, ficaremos sem saber quem somos, e a
nossa terra ficará sem gargantas que a cantem, sem dedos que a
escrevam, sem voz, entom …….todas e todos a o melhor em 10
geraços, seremos horfos e horfas de Galiza……….A minha única
esperança como Indigena Artabra, é a toma de conciença do tesouro ao
que pertencemos, e da responsavilidade que temos com o nosso pais, com
a nossa cultura…so entom Galiza vai poder ser.
Mando beijos, e aguardo nom amolar a ninguem com o meu correio, pois
escrevo esto só movida por o grande amor que sinto por o meu povo e
por a enorme impotença que sinto ante a degradaçom da minha cultura
,da nossa cultura.
Aquí outra vez, desculpade, ja lim o simbolismo da bandeira, e o
entendo,em quanto ao manifesto é curioso, acho muito máis enfase
nessas palavras que em muitas das que se escutam por aquí, penso que o
peso do prejuiço e menor do outro lado do océano.
Quero volver sobre as túas primeiras palabras. Dis que vives fóra e que formas parte da nación galega. Esa nación supoñamos que a recollen no novo Estatuto. Supoñamos que ti estás empadroado fóra, noutra comunidade autónoma. Iso faríache automaticamente non ser recoñecido oficialmente como parte desa nación. Ou pensa que naceras en Panamá, e que foses fillo ou neto de galegos. Ti sentiríaste parte da Nación dos galegos pero non entrarías na definición dos pertencentes á Nación Galega… Explícome? É nesta inxustiza onde pretende incidir esta proposta, ao meu entender. Galiza, unha nación (ou non). Os galegos outra. Entre ambas existe compatilibidade e intersección, e pódese dicir que a unha nace da outra. Eu é así como o vexo.
Un saudo,e unha baixada de sombreiro,os galegos da diaspora distes con iste paso o que os do interior non soupemos acadar,en decadas,oxala os nosos politicos anoten o vosa vision da galiza,
Loitemos todos de dentro e de for a,por esta terra que e nosa,e agalla podamos os de dentro e os de for a,
un dia tar todos xuntos,eiqui na galiza dicindo A NOSA TERRA E NOSA.
Hola a todos , fue una gran alegria ver la bandera de Galicia Mundial. En todo de acuerdo Cariños y felicitaciones a aquellos que la idearon.
A/A del personal de fillos de Galicia:
Acabo de leer con gran sorpresa -y decepción- vuestra “proclamación” del estrafalario invento de “nación mundial gallega”. ¿A qué se debe semejante despropósito? Siempre había entendido a fillos como una plataforma que se pretendía unitaria para acercar a la diáspora gallega a sus orígenes, y alejada del nacionalismo y del independentismo gallego. Como ustedes sabrán, la realidad gallega mayoritaria no se caracteriza por el nacionalismo regional -llámenlo gallego si prefieren- y, menos aún, entre los hijos y nietos de emigrantes gallegos. Y, creo que debíais ser conscientes de ello, no me explico como se os ha ocurrido lanzar la estrambótica idea de proclamar la “NACIÓN mundial gallega”. El mero hecho de identificar esa idea con una nacion gallega -lo de mundial supongo que será un despropósito fuera de toda coherencia ideológica- ya os hace títeres del nacionalismo gallego, hecho que os aleja de la unión de la diáspora gallega. Si esa es vuestra ideología, ¿porqué no lo decís y proclamáis abiertamente en vuestros manifiestos políticos? Así los que no conculcamos con las estupideces nacionalistas nos ahorraríamos la pérdida de tiempo de entrar en vuestro portal. Por cierto, estoy seguro de que yo no soy el único al que le ha sorprendido -y para mal- vuestra burda y esquixofrénica proclamación de “NACION” mundial gallega.
P.D.: Echar un vistazo a mis pedidos, era un visitante empedernido de vuestra página y de vuestros artículos, pero no volveré a errar después de lo visto. Por cierto, espero una pronta respuesta de vuestra parte.
Veo que no has entendido (o querido entender) que no es una cuestión de nacionalismo, que la nación tiene un significado ajeno a la política y que te invito a leer más arriba o en cualquier diccionario. Está explicado por activa y por pasiva y nos hemos preocupado muy mucho de no mezclarlo con la cuestión nacional de Galicia. Que los gallegos formemos una nación no quiere decir que Galicia lo sea. Te aseguro que al respecto hay opiniones muy variadas en la asociación, pero todos nos hemos puesto de acuerdo en cuanto a la definición no territorial y no política. Pero parece que alguna gente ante la palabra nación pierde la racionalidad y toda lógica y le sale algo que podríamos calificar si me permites el símil, como un sarpullido mental.
Por lo demás lamento tus palabras descalificadoras y parece que incluso resentidas, y tu opinión de que has errado comprando nuestros productos, que han ayudado a mantener nuestras actividades, eso no lo dudes. Y por tanto te agradecemos tu ayuda y su apoyo hasta el momento.
Paréceme tremendo que teñas que utilizar adxetivos descalificadores para un xeito diferente do teu de ver a cuestión. Eso, por moitas cousas que teñas mercado na tenda, denota flaqueza de argumentos e pobreza de motivos.
Por outra banda, reiterar que non hai (so as ve quen as quere ver) motivacións políticas nesta iniciativa. Ás veces somos tan profundamente superficiais…
Anímote a seguir participando entre nós en aquelo que che interese, como seguramente fixeches ata o de agora.
Un saúdo
Xosé Luís Santiso
Socio nº 61 da A.C. Fillos de Galicia
Homeeeeeeee, eu penso que utilizar a palabra terrorismo dun xeito tan de balde resulta totalmene fora de lugar. Acéptanse as críticas e as diferenzas de óptica, pero hai que moverse dentro de parámetros de cordura; non che parece, Visitante anónimo?
Recomendo a todos os interesados, os que comprenden perfectamente este concepto e xa sinten como súa esta bandeira e esta proclama, e aos que non o ven claro, que lean o interesante artigo de Camilo F. Valdehorras, director da revista reNova Galiza, titulado “Pangaleguismo”, no que ven falando deste mesmo concepto: do pangaleguismo Terra-Diáspora, da nosa nación global, a sociedade aberta da ‘Galiza mundial’ transterrada, a formada polos vellos marenautas do baúl-mundo, polos pasaxeiros da maleta de cartón e os máis xoves internautas do ciberespazo (…).
Tamén di ao final dese artigo que os que, arestora, nos identificamos galegos en calquera parte do mundo sabemos que conformamos unha nación-Cultura (…).
Nese mesmo número sobre a Galiza Global da revista reNova Galiza, Ana Miranda fala tamén de que somos unha nación espallada polo mundo, unha nación sen límites nen fronteiras con milleiros de persoas dispostas a recuperar, manter ou incorporarse a unha identidade en construción.
Fernando Pérez-Barreiro no seu artigo “A Diáspora e as novas formas de vida internacional” tamén ven recoñecer que formamos unha forma de nación que supera o físico.
Do que estamos a falar é da diferenza entre un concepto territorial-política e outro humano-social-cultural.
Extraio un fragmento dun artigo no que se fala deste mesmo concepto facendo referencia ao pensador Benedict Anderson:
Creo que na proclamación se deixaba ben claro que non nos aliñábamos con ningunha idea política ao respecto.
Recoméndoche que lle deas un repasiño, e por si acaso, que o fagas sen prexuizos.
Saúdos
Eu sego a darlle voltas a estes conceptos. Coido que comprería redefinirmos a palabra galego-a, darlle a volta, e deixar de definila en función da palabra Galiza. Galego-a xa non debe ser o/a procedente de Galiza, senón que Galiza debería ser definida en función dos galegos, e ser simplemente a terra orixinaria dos galegos. Así abririamos a definición do ser galego/a a xente que non procedemos (directamente) de Galiza. Sería volver ás orixes, pois os romanos déronlle ese nome á Callaechia en función do pobo que a habitaba, os callaechi.
« Non hai pior xordo que o que non quere ouvir »
Home! Nunca chove a gusto de todos; pero esta filigrana de adxetivos velenosos, rebuscados a matenta, dan noxo!
Visitante anónimo, ti fala por ti, e deixa os outros fillos, netos, bisnetos de galegos, ou…Eres o voceiro/a da diáspora?
Unha das cousas que me ensinaron meus pais de pequeno é a non faltarlle a xente, chamándolle cousas que non son (entre elas a de titere). Mire cabaleiro eu na miña vida fun titere de ninguén e agora cando xa teño os meus aniños no vou estar tentado de selo.
Na nosa Asociación, que a forman os socios (non o persoal), hai xente de tódalas ideoloxías e xeitos de sentir Galiza, o que vostede esta a ver e o resultado de unha votación democrática na VI Asemblea de Fillos de Galicia.
A miña terra e moito mais que un territorio, é xente, é cultura, é un idioma, é un xeito de ser e sentir que somos galegos.
O que verdadeiramente me da noxo e que se pense que Galiza é…. grelilandia (o pais dos grelos) ou laconilandia (o pais do lacón) ou queixilandia (o pais do queixo) ou empanilandia (a pais da empanada) ou muiñeirilandia (o pais da muiñeira)…..e moitas mais landias que son moi folkloricas e tentan de pasar por enriba do que lle dicía o principio…..Ser galego é ser depositario de unha cultura, de un idioma, de un xeito de ser……
Lamento moito que vostede teña que poñerse un corticosteroide contra do sarpullido nacionalista galego pero teña moito coidado e non erre o tratamento o mellor é unha subida de sarpullido nacionalista español.
Saúdos e saúde.
Reitero o que xa dixen noutro comentario. Paréceme sacar de quicio, fora de toda lóxica e pura demagoxia utilizar de xeito tan arbitrario a palabra terrorismo. E por riba cando quen a utiliza leva a “sinatura encapuchada”
Pódoche axudar un pouquechinho ?
….E moitas máis landias.
Ca túa liçensia, deíxame engadir ” queimadilandia” ( Pais d’orujo, como adoitan nomealo ) chacho ! Disque se volven toliños
Precioso poema, edreira! Grazas por nolo enviares. Que che parece propoñelo como Himno para a nosa Nación Mundial? Encetei un fío sobre o tema no Taboleiro onde invito a deixardes máis propostas.
hola!!
Lo primero felititaros por la web, por vuestra labor (le he echado un vistazo al foro), y por esta magnifica idea da nacion mundial galega, que me tiene en las nubes!! Cuando lei el articulo en La Voz de Galicia, realmente me senti totalemnte identificada con la idea que proponiais, y me parecio una idea digna del mejor, de los mejores. Porque esto se le ocurre a un galego, a un “galego con sentimento”, y no a un politico rancio….
Me encantaria formar parte de vuestra comunidad, pero tengo un problema tecnico, y es que no puedo acceder al foro! me registro y tal, pero al poco me deslogea solo, y lo mas curioso es qeu aparezco como conectada…sinceramente no se que pasa. Espero que podais ayudarme a entrar. Por cierto, me llamo Pilar, soy Gallega de Pontevedra, y me registre como piLi_ .
Un saudo!
Mmmm….
Esto depende como se mire… lo siento por escribir en castellano… no soy gallego. Pero decir, que Galiza/Gallaecia… tiene una gran historia y mitología, con unas creencias maravillosas muy antigüas que fueron aplastadas por el cristianismo de fuera. No sé… pero más puro es defender los antepasados… celtas, suevos.. lo que le guste más a cada uno/a… jeje, no en serio… tiene una gran historia… sobre todo en fiestas, cultos y ritos… celtas sobre todo. Más bien que decir “gallego” diría Celtas. Aunque mucha gente está a favor de los romanos o suevos.. hay mucho que contar…
No lo veo yo muy puro esto… y la bandera menos… es más puro un trisquel o tetrasquel.
Pero bueno… gallego/a no se hace, se nace… y en tu Tierra.
Saludos.
Grazas polas túas palabras, Pilar. Agradécese que haxa tan boa recepción na Galiza territorial 😉
Sobre os problemas técnicos non teño nin idea, poden ser moitas cousas… Podes escribirme a fillos ARROBA fillos PUNTO org e verei de te axudar.
Saúdos e benvida! 🙂
Écha unha iniciativa caralluda meus, que grande nova para o noso gran corazón galego.
Eu fun, en certa forma, tamén un emigrante, crecín e vivín case toda a miña vida fóra da Galiza… en Barcelona, Madrid, Bilbao, etc… eu ben sei que non é o mesmo que estar alén do atlántico, ou incluso alén das nosas fronteiras.. pero o sentimento de seres galego é o mesmo.
Coido que os galegos somos un pobo de emigrantes, e da mesma forma que agora os latinos descobren a emigración e manteñenen o sentimento de seres una nacion universal (os colombianos, ecuatorianos, brasieliros, etc…) atópense onde se atopen, nós temos ese sentimento dende fai motísimas xeracións… agora por fin poderemos canalizalo.
Graciñas, e a seguiren asi
La bandera es una creación nueva, y se creó precisamente para que nos represente a todos, no a un determinado grupo (ej. celtas o suevos). La bandera nos representa a los que vivimos en Galicia y a los que viven fuera de nuestra frontera geográfica. Los de aquí y los de allá unidos. Un trisquel representaría un grupo solamente.
En cuanto a lo que dices “gallego se nace… y en tu Tierra”, no estoy de acuerdo. El nacer fuera de Galicia te hace “administrativamente” de otro lugar, pero lo que nos hace gallegos se hereda nazcas donde nazcas.
Non sei si o mudaron o qué, mais nesa ligazón eu atopo outro artigo. Agora pódese atopar aquí.
Non apareceu a nova ligazón, aquí esta http://www.vieiros.com/nova/56702/a-nacion-mundial-galega-reivindicase-na-rede
Vimos de poñer uns fondos que preparou o noso deseñador Martiño Picallo, co motivo da bandeira da Nación Mundial Galega e que vos invitamos a descargar desde a sección correspondente do noso álbume de imaxes. Esperamos que vos gosten.
Agora tedes dispoñibles algúns fondos de escritorio para que teñades a nosa nova bandeira sempre presente nos vosos ordenadores. Lembrade que os membros tamén podedes enviarnos os vosos deseños e os poñeremos a disposición dos demais no noso álbume.
Perdón: puxera un acento na URL que aparece nalgúns fondos, que erro! ;-D Agora mesmo o troco.
Vimos de publicar unha nova sobre un grupiño de xente de Fillos que mercou unha parceliña en Parcelaria.com para contribuiren a difundir esta idea durante 9 anos.
A cor preta na bandeira é horrivel. Deixai as duas bandas azuis sobre fundo branco. Alternativamente, deitai uma olhadela no livro das bandeiras:
http://www.agal-gz.org/modules.php?name=News&file=article&sid=3058
Além do mais também existe uma Republica Galega em construiçao (permanente) na que faço uma chamada a participar:
http://www.republicagalega.eu
Hermanos gallegos
La idea de una bandera mundial que nos identifique y represente nuestra cultura me parecio genial. Los gallegos somos una comunidad especial. Sus obras en la Argentina son las mayores de todas las colectividades. el mayor banco de capitales argentinos es el banco de Galicia, la mejor obra mutual es el Centro gallego. ejemplos sobran.. los felicito por la idea.
Puedo diferir del dibujo al cual me parece que faltaria un dibujo que identifique a la vida cotidiana del gallego. Para que me entiendan lo que quiero expresar quizas una gaita, un escudo, etc.algo que sea representativo del trabajo de galicia, etc, etc
De todas maneras no puedo dejar de reiterar mis felicitaciones.
Un fuerte abrazo.
Armando Leal
Buenas a Toda Galicia Soy Ricardo Iravedra de 25 años, desde Argentina, e hijos de galegos y quería comunicarles que brindo todo mi apoyo por una nación Galega.
También así darles todo mi apoyo desde la Argentina
Saludos
VIVA ARGENTINA
VIVA ESPAÑA
VIVA GALICIA
Saludos
Ricardo
Moi curiosa a forma en que responderon os usuarios do Menéame a quen mandou a nova: os comentarios van do absurdo ao incomprensible. E os votos negativos xa me diredes a que veñen…
O mellor foron os que o votaron negativamente como irrelevante. Evidentemente Galiza e os galegos seguimos a ser irrelevantes para moita xente en España e fóra dela >:-(
Felicito a iniciativa, muito parecida com as boas intenções que povoam as mentes dos portugueses, com a CPLP, a ideia de cidadão lusófono, a universalidade e o império da cultura.
Ainda assim, é uma concretização e não simplesmente uma ideia. Por isso as felicitações. Mas parece ser uma oportunidade para fazer melhor, aproveitando a iniciativa, melhorar e incluir muito mais que só os galegos.
Porque não chamar à iniciativa de “Nação Universal”, ou “Nação da Santa Aliança” ou “Nação do Cálice”. Sim, porque alguns teóricos afirmam que a origem do nome de Portugal e da Galiza vem do Santo Cálice, ou o Santo Graal. Portus Calixis, Portus Callen, Portus Graal, ….
Mesmo que possam não ter fundamento, essas teorias, parecem uma oportunidade para unir os dois povos, de uma vez por todas, e as suas comunidades espalhadas pelo mundo. Só da parte de Portugal seriam cerca de 230 milhões.
É mais uma ideia e uma proposta.
Viva España ¿? O_O
Eu nacín na cidade con mais galegos no mundo. e non estaba en ninguna das catro provincias. Nos la chamabamos a quinta provincia, Bos Aires ( asi foi ate mediados da decada do 70). A pouco tempo recuperei a miña nacionalidade y logo meus irmán e seus fillos. Galegos somos os que nacimos de mae e pai galegos non importa onde.
Por lo expuesto en mi pésimo galego soy un defensor y difusor de esta idea maravillosa. Recuerden los gallegos de galicia que un gallego en cualquier lugar del mundo es un inmigrante, ya dos gallegos son un Centro Gallego en el lugar que se encuentren.
Galicia tambén somos nós.
¡Adelante Hermanos!
No nos olvidemos que el concepto nación refleja:
(Nación, en sentido estricto, tiene dos acepciones: la nación política, en el ámbito jurídico-político, es el sujeto político en el que reside la soberanía constituyente de un Estado; la nación cultural, concepto socio-ideológico más subjetivo y ambiguo que el anterior, se puede definir a grandes rasgos como una comunidad humana con ciertas características culturales comunes a las que dota de un sentido ético-político. En sentido lato nación se emplea con variados significados: Estado, país, territorio o habitantes de ellos, etnia, pueblo y otros.)
entonces tengo una duda……
Si galicia seria nación tambien lo seria parte de portugal , ambos comparten una misma historia y cultura (en gran parte) por sus antepasados.. o sea que con esa teoria galizia y parte de portugal serian …. UNA MISMA NACIÓN??? no nos olvidemos que en la edad media estaban unidos ……..pero bueno.. esperemos porque…
los gallegos y parte de los portugueses vienen de descendencia celtibera o sea que eran galos (se llamaban a si mismos: galiain, o sea: galos ,derivados: gálata, galaico)….
… o sea que si nos ponemos con eso de la herencia cultural o pólitica (a las que nos remite el termino “nación”) …. entonces deduzco que no seria “Nación gallega” ni “Naciòn portugallega”….
….seria “Nación Celta” ..!!!! ….no….no esperá…..
….los celtas son de origen indoeuropeo que penetraron a la europa occidental y central provenientes de ASIA …..
( ORIGEN INDOEUROPEO: Hasta la fecha, la teoría del origen de los Celtas, mas aceptada por los expertos en el tema del estudio de los Celtas como lo es Luisfondo, Roberto R. Reynolds, entre otros, es la del “Origen Indoeuropeo”. Esta teoría plantea la hipótesis de que un grupo de pueblos, procedentes de la India, y Medio oriente, emigraron rumbo a Europa (un continente prácticamente deshabitado). De este pueblo indoeuropeo, o como algunos autores los marcan como “La Nación Aria” surgieron algunas de la civilizaciones mas grandiosas de Europa, tales como los griegos, los vikingos, los germánicos, los romanos y claro los Celtas.)……
Eso quiere decir que no seria la “Nación Celta” si no la …”LA NACIÓN ARIA”..!!!!!….
con esto quiero decir (a termino personal) que Todos los pueblos que hoy vivimos en este mundo descendemos de otros como es lógico…. y dentro de unos cuantos de cientos de años seremos otros pueblos ….distintos a los de hoy porque asi lo dicta la historia … en fin que me parece una tonteria todo esto de las naciones (en gral.) yo creo que lo unico que se persigue con esto son fines economicos, y lamentablemente galicia no e suna region rica de por si … asi que al fin y al cabo dependeria de otros……en fin…una larga historia….
Dios mio! Cuanto tonto suelto!
Hoxe veño de descubrir que a nosa bandeira entrou na Wikipedia (na súa versión en español).
🙂
A día de hoxe o principal motor de buscas da Internet reflicte 35.400 aparicións de “nación mundial galega” na WWW. Parabéns a todos os que facedes posible que este concepto se estenda polo mundo 🙂
Vimos de amañar as referencias ás imaxes coa bandeira de Nación Mundial Galega que non foran adaptadas tras a mudanza a Blogaliza.
Pingback: Anónimo