Novidades na sección O Concello

Hoxe vimos de engadir algunhas ligazóns de interese máis na nosa sección de O Concello que como sabedes fala do que é Fillos de Galicia e achega outras informacións de interese e utilidade. Entre as novas ligazóns temos unha ao ensaio que foi premiado pola Xunta de Galicia no ano 2003 e que fala do significado que ten Fillos como proxecto que incide de forma revolucionaria sobre a conservación das identidades e cultura galegas, e que agora pode ser descargado libremente sen ter que ser usuario rexistrado do noso portal.

Esta entrada foi publicada en Fillos de Galicia. Garda a ligazón permanente.