Hoxe nova entrevista para Radio Galega

Hoxe temos prevista unha nova intervención radiofónica na Radio Galega, nesta ocasión para o programa As Quimbambas. Será ás 18:45 aproximadamente, esperamos que a poidades escoitar en directo, ou máis tarde entrando no web da Radio Galega. Falaremos do fito histórico da nosa Comunidade Virtual ao chegar aos 4 mil membros rexistrados e converterse nun dos 10 centros galegos con maior número de persoas inscritas.

Esta entrada foi publicada en Fillos de Galicia. Garda a ligazón permanente.

1 resposta a Hoxe nova entrevista para Radio Galega

  1. Admin di:

    Foi un honor recibir de novo o recoñecemento dos 7 estalos deste veterán programa da Radio Galega. Un saúdo para os responsables do programa e para todos os seus oíntes. Podedes escoitalo desde o web da CRTVG avanzando ate o minuto 50 aproximadamente.

Os comentarios están pechados.