Presentamos o novo logotipo de Fillos

Fillos de GaliciaDespois de moito batallar con diferentes bosquexos e ideas por fin temos a nova imaxe corporativa de Fillos de Galicia. Velaquí a tedes explicada en palabras do seu autor, Martiño Picallo.

Está conformada polo anagrama (imaxe) e o logotipo (nome) e en ambas as dúas tívose en conta diferentes aspectos que deseguido explicamos:

Anagrama

A idea parte do antigo trisquel que mantiñamos en Fillos desde os nosos albores virutais. O deseño ten como marco o círculo, símbolo da perfección en diversas culturas, ademais se pensamos que se unimos dous puntos mediante unha curva, o cículo, pois, é o que pecha o proceso de todo un traballo, de toda unha andaina, de toda unha vida. Dividido en tres partes fundamentais para nós e que temos moi en conta: a terra, a auga e a calor. A terra representada coa cor verde: verde é Galiza, verde é a esperanza, verde é a vida; aportta ademais frescura,… e o máis importante a esperanza do retorno dos emigrantes, a esperanza dos galegos de manter o contacto coa familia, cos seus devanceiros. A auga evidentemente identificada coa cor azul, representa a lonxanía, a emigración que tivo que ir alén da terra nai para procurar o sustento en épocas de miseria, de represión,… A cor azul simboliza frescura, sinceridade diante dun problema como é a separación dos seres queridos, como foi e é a emigración e, arestora, a inmigración (o retorno, a incorporación na sociedade). A outra terceira parte pretende agrupar ás novas xeracións, simbolizando o traballo, a enerxía, a forza, a calor,… de aí que se elixira a cor laranxa.

Poderiámolo resumir dicindo que é o ciclo da emigración: o residente, o que emigra e o fillo, pechando así o círculo, a roda da vida.

En canto á apariencia tívose moi en conta o mar,… posto que a maioría da emigración tivo que atravesar o Atlántico, de aí que cada unha das partes do anagrama se debuxase unha pequena onda, que mesmo se podería imaxinar que é o xermolo da letra “G” de Galiza.

O logotipo (de logos, palabra)

Simplificado en dúas caixas de texto: Fillos de + Galicia. A primeira que está na parte superior identificada cunha tipografía moderna que representa aos Fillos, ás novas xeracións. E a maior tamaño e cunha tipografía de carácter medievalista (a noso pasado) vai GALICIA en maiúsculos, para resaltar a súa importancia, a tradición, o noso celme. o noso país.

Agardo que vos goste o novo deseño e nos anime a seguir traballando con sinceridade, con esperanza e con forza por Fillos e este recuncho do mundo que levamos tan dentro de nós.

Un cordial saúdo,

Martiño Picallo

Esta entrada foi publicada en Fillos de Galicia. Garda a ligazón permanente.

14 respostas a Presentamos o novo logotipo de Fillos

  1. ccdlugo di:

    ¿E agora q “Fillos” está todo en verde, pq non poñer as palabras “Fillos de Galicia” tamén en verde?
    Polo demais noraboa!

  2. anavilat di:

    A miña máis sinceira noraboa a Martiño…. de tanto pensar tiñache que sair algo tan bó coma esto ajjajajajajjaja. Non deixas de sorprenderme….
    Mil bicos.
    É de novo noraboa….

  3. Agatha di:

    Pues me he llevado una agradable sorpresa al entrar al portal. Un excelente cambio de imágen, sobre todo el encabezado. Un buen trabajo gráfico sin duda.

    En cuanto al logotipo no sólo debo decir que me gusta, sino que además está muy bien hecho y el concepto que engloba está bien trabajado. Sencillo, elegante y lleno de significado creo que representa la imágen de Fillos de Galicia.

    Felicidades a los diseñadores, es un excelente trabajo.

    Saludos.

    Lo único que me desagrada un poco es el banner que está en el header, no se si se puede cambiar de ubicación, pero sería muy bueno porque la imágen que allí tienen de fondo es muy buena como para taparla con nada. Pero bueno esto ya es gusto personal.

  4. Admin di:

    Taparla con nada? Mujer, comprendo que te guste la imagen de fondo, pero te recuerdo que nuestra organización tiene que financiar sus gastos de alguna manera y esos banners aportan una pequeña ayuda. Claro que sería ideal no tener publicidad, pero no está a nuestro alcance si queremos seguir funcionando y ofreciéndoos este portal.

  5. Agatha di:

    Comprendo lo que comentas, por eso decía que lo de la ubicación del banner es cuestion de gusto personal, en nada desmerece el diseño nuevo y comprendo la necesidad de esos espacios publicitarios para mantener el portal. De hecho, los espacios destinados a la publicidad están bien ubicados y no estorban la navegación, cosa que me parece muy importante. Saludos.

  6. Anamp di:

    Bravo, Martiño!
    Gosto moito do logo, e tamén do novo aspecto do portal.
    O fillos e fillas da Galiza témosche moito que agradecer!!!
    Unha aperta!
    Ana

  7. Mitas di:

    Felicitaciones Fillos!!!!!!!!!!! el nuevo logotipo es excelente no solo por la estética elegida si no por el profundo sentido que ha expresado y yo siento tiene. Me ha gustado mucho verdaderamente! Gracias por la nueva imagen que nos han brindado, es una sorpresa muy agradable.

  8. FRIDAMARGA di:

    Gosto muito da “nova imagem” do nosso Portal.
    Vê-se que, para além de qualquer questão de carácter técnico, tudo foi feito
    com muito carinho. Na tua explicação do anagrama, deixas perpassar a
    poesia=amor com que sentes FILLOS . E isso é muito gratificante.
    A paleta de cores do conjunto e em particular do cabeçalho é muito bela e as
    imagens muito bem escolhidas:com toda a certeza, um óptimo trabalho de equipa.
    E, já agora e não é uma atitude feminista serôdia: gosto muito de ver a
    “nossa” Rosalia ali, exactamente onde está, fazendo parte daquele todo.
    Não entendo nada da técnica de desenho e composição digital, apenas sei que
    o resultado está perfeito.
    Quanto à funcionalidade do portal: melhorias fundamentais
    Conteúdos:percebem-se já melhorias importantes

    Classificação numa escala de 1 a 10==>15 valores…. ;-P

    Até sempre!

  9. stellamarislatorre di:

    ¡¡¡¡FELICITACIONES!!!!, me gustó mucho el cambio, quiero pedirles que no se olviden de nosotros; los escritores, también esperamos un lugarcitos para la parte literaria como en la anterior página, seguro lo están ajustando, pero el cambio muy bueno, un saludo a todos los fillos y a el creador, stella maris latorre de argentina.

  10. marionestorabásolo di:

    Felicitaciones a la creación de Martiño, me agradó mucho y además que esté Rosalís de Castro, el horreo todo eso me llenó de una gran ilusión, muchos exitos y saludos a todos los fillos mario nestor abásolo de Argentina Docente y titiritero.

  11. Admin di:

    Estimada Stella, a parte literaria agora pódela atopar na sección “A Escola”.

    Grazas polas felicitacións. Alédanos que vos goste e portal, que seguimos efectivamente, axustando cada día para mellorar aínda máis, coa vosa axuda e suxestións. Así que non deixedes de nolas enviardes!

  12. FRIDAMARGA di:

    FIREFOX—->
    –>não se vizualizam quaisquer imagens, incluindo o cabeçalho do Portal
    –>os números da coluna da esquerda, respeitantes ao “separador” conectados ultrapassam a largura da coluna, “alojando-se” no espaço livre entre coluna da esquerda e a central
    –>não estou certa mas creio que, a seguir à fase inicial em que não notei nenhuma anomalia, a situação actual coincide com a implementação das melhorias introduzidas para o acesso com o brouser Internet Explorer.

    INTERNET EXPLORER—->
    –>vizualizam-se todas as imagens sendo que no cabeçalho do Portal aparece um “caixa” rectangular sem conteudo, à direita da faixa com os nossos sítios
    –>o conteudo da coluna central aparece muito deslocado para baixo

    O meu brouser por defeito é o Firefox

    Espero que o relatado se esclareça pois, como mexo muito nas predefinições do Windows XP, principalmente nas relativas ao “aspecto” (cores, tipos de letra, etc.,), não descarto a hipótese de ter sido eu a fazer algo que tenha provocado as anomalias referidas.

    Melhores cumprimentos à Equipa Técnica e seu Responsável,
    Margarida Santos
    Sócia nº 65 da Associação Cultural Filhos de Galiza

  13. Admin di:

    Fridamarga, coido que efectivamente o problema está no teu equipo. Iso de que non vexas ningunha imaxe soa a que tes mal configurados os navegadores ou a configuración de seguridade de Internet no cortalumes (firewall). Ninguén máis se nos ten queixado de algo así. Por favor, cando as visualices confirma que o resto de problemas desaparecen e se non é así, envía unha captura ao enderezo do xestor técnico 😉

    Grazas.

  14. FRIDAMARGA di:

    Apraz-me informar o nosso Xestor Técnico, todos os Membros da CVFDG e visitantes do nosso Portal que já posso apreciar as belezas de FILLOS! Não, não foi “ronha” nem se deu nunhum milagre! Também, a culpa não foi do cortalumes…
    É a minha curiosidade extrema: tenho a mania das Cores e do aspecto gráfico e mexo em tudo para ver e experimentar. Mas, dei com o “gato”, embora ainda não saiba como ele encontrou tal sítio! Vejam só, eu tinha bloqueado as imagens das páginas de FILLOS!!!!! Não sei como tal aconteceu, como e quando fiz essa parvada! O “gato” miou e, depois de verificar a sugestão do nosso Xestor Técnico, remexi tudo até o encontrar… :-)))))) Miaaauuuu!

    Obrigada!

Os comentarios están pechados.