Trocos no Batepapo

Comunicamos a todos os membros e visitantes que a partir de hoxe será preciso conectarse ao portal co nome de membro e contrasinal para poder ver e usar o noso chat (o Batepapo) situado na columna esquerda abaixo das nosas páxinas. Decidimos isto por coherencia coas medidas anteriormente adoptadas de restrinxir o seu uso aos membros e evitar a publicación de mensaxes anónimas no mesmo.

Se unicamente os membros pode facer uso del para intercambiar mensaxes entre eles, semella lóxico que soamente eles poidan ver esas mensaxes.

Esperamos vos parezan ben estas novas medidas que tomamos para o mellor desfrute do que vos ofrecemos no noso portal.

Esta entrada foi publicada en Fillos de Galicia. Garda a ligazón permanente.