Completamos o mantemento técnico do servidor

Durante a madrugada de hoxe estivemos realizando labores de mantemento técnico nas bases de datos de Fillos.org que virán solucionar os problemas de lentitude de acceso que estivestes a experimentar nos últimos días, e que tamén afectaron aos clientes de RedeGalega.org que temos aloxados no mesmo servidor. Pregamos desculpedes as molestias que este mal funcionamento vos puido ocasionar e esperamos que se note a mellora na rapidez de acceso xeral ao servidor e en concreto a este portal de Fillos de Galicia.

Esta entrada foi publicada en Fillos de Galicia. Garda a ligazón permanente.

1 resposta a Completamos o mantemento técnico do servidor

  1. Admin di:

    Os problemas continuaron durante a fin de semana. Pregamos teñades paciencia, que seguimos a traballar na completa resolución da avería.

Os comentarios están pechados.