Novo sorteo de libros

Poñemos de novo en marcha un envío de libros galegos aos membros da nosa Comunidade Virtual que residen fóra de España. Aínda temos moitos dos que nos doaron cando a nosa campaña Un libro galego para os fillos que están fóra, e nas vindeiras semanas procederemos ao envío dunha nova xeira deles.

Conectádevos ao portal co voso nome de membro e contrasinal e elexide os libros que vos gostaría recibir. Nós faremos o posible por satisfacer as vosas eleccións, pero tede en conta que algúns libros por cuestións de peso ou porque xa os levara outro membro, pode que non volos poidamos enviar. Tentaremos en calquera caso enviarvos libros interesantes, e sempre en galego e/ou sobre Galiza.

Este ano non haberá sorteo como tal: os libros serán enviados por orde de solicitude, así que non perdas máis tempo e escolle xa os que queres recibir.

Lembra que os libros son de balde e nós corremos cos custos do envío postal ate o teu domicilio. Boa sorte e que chegues a tempo de recibir os teus libros!

Esta entrada foi publicada en Fillos de Galicia. Garda a ligazón permanente.

1 resposta a Novo sorteo de libros

  1. FRIDAMARGA di:

    OS NOSSOS LIVROS SÃO COMO UMA PARCELINHA DA TERRA NAI QUE VOS QUEREMOS ENVIAR!

    No conjunto de livros apresentado estão obras excepcionais de Autores Galegos consagrados que merecem ser lidos. Também temos livros didáticos com muito interesse e outros sobre temas variados de autores não galegos.

    Não há dúvida que os livros que temos para oferecer, quer em quantidade, quer em qualidade fariam inveja a muita livraria… e são um património cultural de relevo que queremos partilhar com todos os Membros da nossa Comunidade Virtual.

    Por isso, animo a que todos enviem os seus pedidos.

    GALIZA VIVE EM NÓS!

    << o idioma imposto non logrou matar o seu idioma natural; pero
    logrou degradalo. >>

    << a dominación de Galiza endexamais será efectiva entrementras fale
    un idioma diferente do castelán. >>

    <>

    «Unha lingua é máis que unha obra de arte; é matriz inagotable de
    obras de arte. >>
    CASTELAO ······· 1886-1950

    ~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
    Margarida++Lisboa++Portugal
    Sócia nº 65 da
    ASOCIACIÓN CULTURAL FILLOS DE GALICIA

Os comentarios están pechados.