Ademais dos padriños
que apoian economicamente o traballo de Fillos de Galicia (actualmente concentrados no proxecto Parcelaria.com),
dos socios e dos colaboradores
particulares que traballan como voluntarios
da nosa organización, queremos agradecer desde esta páxina as
diversas colaboracións grandes e pequenas que outras entidades teñen
feito connosco desde os nosos comenzos en 1997:
Febreiro-2009 | Pedro Silva (Goretoxo) | Doou unha impresora HP Deskjet 510 para a nosa nova oficina en Aldea Nova (Ames) |
Novembro-2008… | ![]() |
Cesión dunha oficina en Aldea Nova (Ortoño, Ames) |
Outubro-2007 | Pedro Silva (Goretoxo) | Axudounos a instalar a conexión UMTS compartida na oficina técnica provisional no Milladoiro. |
2005…2007 | ![]() |
Concesión de diversas axudas (subvencións) en diversos programas. |
2007 | ![]() |
Concesión dunha subvención para a creación do web eTIqueTAL.com |
2007 | ![]() |
Concesión dunha subvención para o proxecto Radio Aturuxo |
Maio-2006 | José Manuel Seijo (abogado) | Achegou o trasporte do noso presidente nunha visita a Galicia, desde Euskadi e volta, para gravar dúas entrevistas (para TVG e TVE) e falar de novo cos responsables de Emigración da Xunta. |
Outubro-2005 | ![]() |
Axudou na tradución ao galego da interfaz de PlanetaGalego.info |
Febreiro-2004… | ![]() |
Colabora promocionando Fillos.org desde o seu web, un dos máis visitados de Galicia. |
Outubro-2004… | ![]() |
O noso fornecedor de servizos web, ofrécenos unha atención técnica especial para facilitarnos o crecemento e mellora da nosa Comunidade Virtual. |
Xullo-2004 | ![]() |
Patrocinou a xuntanza de traballo celebrada en Sober (Lugo) por varios membros da Xunta Directiva da Asociación Cultural Fillos de Galicia e outros socios e colaboradores. |
Maio,Xuño-2004 | ![]() |
Descontos nos envíos de paquetería e colaboración na recollida de libros na campaña Un libro galego para os fillos que están lonxe. Outras entidades tamén colaboraron nesta campaña achegando máis de 1.300 libros. |
2004 | ![]() |
Concesión subvención para a tradución ao galego da interfaz do portal. |
2002…2004 | ![]() |
Concesión de 300 euros de subvención anual dentro do programa de Axudas para a realización de proxectos formativos, culturais e actividades asociativas na Galicia exterior. |
2003,2004 | ![]() |
Achega de contidos de interese cultural para a publicación na sección de Etnografía do portal Fillos.org |
2002…2004 | ![]() |
Asesoramento básico gratuito sobre temas de nacionalidade e retorno para os membros da comunidade virtual de Fillos de Galicia. |
Agosto-2001 | ![]() ![]() |
Cesión de dereitos de reproducción das fotografías da exposición Os españois tamén fomos emigrantes. |
Verán 2001 | ![]() |
Regalo do libro Lerias na Parañeira para a inclusión dos relatos neste portal. |
2000…Xullo-2002 | ![]() |
Achegaba un libro galego cada mes para sortear entre os membros da comunidade virtual de Fillos de Galicia residentes fóra de España. |
2000…Xullo-2002 | ![]() |
Achegaba un disco galego cada mes para sortear entre os membros da comunidade virtual de Fillos de Galicia residentes fóra de España. |
Outras entidades (empresas, asociacións, fundacións,
centros galegos, etc.) que queiran colaborar connosco poden informarse sobre
o que poden facer para nos axudar no noso traballo na nosa
páxina xeral de colaboración.
Para a relación exhaustiva de axudas recibidas dos diversos departamentos da Xunta de Galicia, véxase a nosa lista de subvencións recibidas.