Fillos de Galicia
< Taboleiro de mensaxes >
Páxina principal           fillos@simil.com

Apelido Cao e Cao-Cordido

[ Ver contestacións ] [ Enviar contestación ] [ O Taboleiro de Fillos de Galicia ]

Enviada por Xurxo Andeiro (213.99.135.11) o 24 de Xaneiro de 2002 ás 15:04:41:

En contestación a: Apellido Cao enviada por Mariana o 20 de Xaneiro de 2002 ás 19:57:16:

CAO/CAO-CORDIDO

Etimoloxía.-
Lugares.- Non consta
Distribución.- 330 na província da Coruña (moi distribuido), 133 na de Lugo (moi frecuente no norte da província, 122 na de Ourense (moi distribuido polo termo provincial, ainda que sobresaen os Cao da comarca de Valdeorras) e 131 tamén moi espallado na província de Pontevedra, ainda que se atopan frecuentemente na costa e no concello da Estrada.
Familias.-

HERÁLDICA
Liñaxe.- Galega. Ten a sua orixe na parróquia de San Xulián de Cordido (Foz-Lugo). Na igrexa de San Domingos de Compostela atopan-se os restos de Fernán Cao de Cordido. Tamén se designa como Cao Cordido.Pedras Armeiras.- 1. En campo de gules, unha falla de prata, acompañada de dous caldeiros de ouro, un enrriba e outro abaixo; 2. En campo de sinople, duas colunas de prata, dereita e postas en falla, surmontada cada unha dunha cruz de Malta do mesmo metal; 3. En campo de sinople, dous cordeiros de prata postos en pao; 4. En campo de gules, unha árbore ao natural e un cordeiro atravesado ao pé do tronco; 5. En campo de ouro, unha árbore de sinople que sae da punta do brasón e un cordeiro branco atravesado ao pé do tronco, bordaduras de gules con catro aspas de ouro e catros veneras de prata alternando; 6. En campo de gules , unha árbore de prata, terrasado sinople e un cordeiro branco, pasante atado ao tronco cunha cadea de sable.


Bibliografía.- Grande Enciclopédia Galega (Tomo V, páx. 12), Cadenas (Repertorio de blasones de la comunidad hispánica), Espinosa (Apuntes gráficos de heráldica gallega), Pai Crespo (Blasones y Linajes de Galicia).
Autores.-
Comentário.- A palabra Cao poderia estar relacionada coa palabra Can (cast.= perro)



Contestacións:



Enviar unha contestación

Nome: URL dunha páxina de web (opcional):
E-Mail: Título desa páxina (opcional):
Título da mensaxe: URL dunha imaxe (opcional):

Texto da contestación:


[ Ver contestacións ] [ Enviar contestación ] [ O Taboleiro de Fillos de Galicia ]