Fillos de Galicia
< Taboleiro de mensaxes >
Páxina principal           fillos@simil.com

Re: Contestación a Xosé Manuel

[ Ver contestacións ] [ Enviar contestación ] [ O Taboleiro de Fillos de Galicia ]

Enviada por Xosé Manoel (195.76.67.14) o 14 de Xaneiro de 2002 ás 04:17:37:

En contestación a: Re: Contestación a Xosé Manuel enviada por Patricia o 13 de Xaneiro de 2002 ás 05:33:48:

Benquerida Patricia:
Obviamente non só son galegos os nacionalistas. Sorprende que descubriras a pedra filosofal na diferencia entre "identidade cultural" e "identidade política".
Os galegos sí que somos, insisto, os máis pobres da U.E (cecais non de Europa), se te molestas en consultar os datos elaborados polas propias administracións referentes á taxa de paro, renta per cápita, producto interior bruto, etc.. por eso mesmo, Galiza é unha rexión subsidiada. De tódolos xeitos se coñeces algún máis pobre agradeceríacho que mo comunicaras; mesmo o norte de Portugal ,tradicionalmente pobre e co que compartimos eurorexión, nos superou (para mellor) nos índices antes citados.
Respecto ó de "victimismo"...sinceramente penso que é un cómodo argumento para non entrar no fondo dos problemas. Por outra parte o país que agora temos os galegos é, en grande medida, froito noso: somos autodestructivo dabondo por nós mesmos sen precisar axuda de fóra. Algúns erguémonos e resistimos e outros son bandullos agradecidos. Nada hai máis a contracorrente que ser nacionalista en Galiza ou simplemente falar galego nunha cidade galega,a diferencia do que ocorre en Euskadi ou Catalunya. Os "humillados" conformistas son os que se quedan de brazos cruzados ou son cómplices dunha situación deixándose levar pola corrente favorable.
Por outro lado penso que aínda non te chamei facha, mesmo hai ben comunistas anti-nacionalistas.
Castelao, tan bendecido pola Xunta, era tamén un "extremista"? Os obxectivos do nacionalismo galego de hoxe son idénticos.
"AO" é a forma escrita da contracción preposición artigo da normativa chamada "de mínimos", a mesma que Castelao empregaba.
Como vexo que xa tés superado o teu "conflicto" (ou non era tal?) e tes unha postura moi clara ó respecto coido que xa non é preciso máis aclaracións.
Unha aperta.



Contestacións:



Enviar unha contestación

Nome: URL dunha páxina de web (opcional):
E-Mail: Título desa páxina (opcional):
Título da mensaxe: URL dunha imaxe (opcional):

Texto da contestación:


[ Ver contestacións ] [ Enviar contestación ] [ O Taboleiro de Fillos de Galicia ]