fillos@simil.com| Re: Conflicto de identidad cultural |
Enviada por Xose Manoel
(195.76.67.14) o 10 de Xaneiro de 2002 ás 01:41:04:
En contestación a: Conflicto de identidad cultural enviada por Patricia Sanjorge o 30 de Decembro de 2001 ás 05:51:23:
Eu tamén nacín na emigración (Francia) pero non teño dúbidas respecto ao que son. Débollo en gran parte á educación que recibín (sempre se falou galego na miña casa). A demonización do concepto nacionalismo por parte do governo español creou en moita xente ese desasosego do que falas. O nacionalismo, no caso galego, non é un fin en sí mesmo (na actual globalización cultural non tería sentido) non é mais cun instrumento, así o entendo eu, para reivindicar xustiza social e cultural (sobre todo en materia lingüística) para un país humillado históricamente. Somos os máis pobres da unión europea, estamos na cúa en tódolos índices de benestar social e seguimos emigrando cara a Canarias, Barcelona, etc...
Non quero converter esto nun discurso catastrofista.
Aconsélloche que tan só te informes sobre a historia de Galiza e que lle preguntes aos teus pais porqué te criaron como castelánfalante (tal vez pensaron que terías máis posibilidades de éxito na vida das que tiveron eles, se falabas español?)
Espero que resolvas o teu conflicto, unha aperta.