Fillos de Galicia
< Taboleiro de mensaxes >
Páxina principal           fillos@simil.com

Rumorosos e "Fillos de Galiza"

[ Ver contestacións ] [ Enviar contestación ] [ O Taboleiro de Fillos de Galicia ]

Enviada por Lupin (212.187.81.88) o 27 de Decembro de 2001 ás 10:53:07:

Felices Festas de Nadal e Ano Novo 2002 a todos os irmans e irmás galegos@ que teñen a ben acercarse a ísta páxina, eu fai tempo que a coñezo pero polo pouco tempo que ún dispón non me acercaba eiquí, escribo no galego a sabendas que moitos dos que eiquí participan e colaboran non o dominan, ainda que sí penso o saben leer e entender, non será obstaculo algún se alguén o quixer en concreto en castelán.
No titulo da mensaxe poño: Rumorosos e "Fillos de Galiza", pola razón que eu fai xa dende unhos cuantos meses lieime cunhos compañeiros do foro de Vieiros, e vimos a necesidade de facer unha páxina galega aparte, onde poder debater calquer clase de problema, sempre ao redor de Galiza e de todos os galegos, repito: de todos!!, e pra min son galegos os que emigramos, os fillos, os netos, os biznetos e os tataranetos si eisí o quixeran, outra cousa moi distinta son as disposicións legais e acordos internacionais.
Fai unhas cuantas semanas atrás, entraron no foro de Vieiros e no de Rumorosos o señor Xosé Orlandi Piñeiro expoñendo (á sua forma)o problema dos retornos migratorios, contestaron algúns e mais eu e houbo un pequeno debate, mais ou menos coma eiquí o tuvechedes, con algo de todo. Logo entrou un tal Francisco Fidalgo Marin e xá a cagou.
Eu dende Rumorosos, privadamente atraveso do e-mail mandeilles unha resposta conxunta aos dous de rexeite das suas afirmacións, e soio o señor Orlandi Piñeiro contestoume pra aclarar o asunto e ao mesmo tempo xa me puña en aviso dun tal "Marcote" coma o autor do cariñoso envio titulado "Me vengaré de Galicia.-!Viva España!!Viva Franco!", seguimos en colaboración o señor Orlandi e eu, na que me invitaba a visitar ísta páxina e ao mesmo tempo el está a colaborar en algún periodico dixital da Galiza (A Contrafio)pra dista forma, (colaborando)ir unindo forzas en proiectos futuros que nos afecten a todos. Hoxe dediqueime a leer varias colaboracions eiquí sobor o ANTONIO RUIBAL SANCHEZ e todo o lixo e fume deitado tanto eiquí coma en Rumorosos e Vieiros. O que opino da forma de actuar de personaxes que fan de "actores" ou que se colocan mil e unha caras xa non importa, pois sempre terminan mal e descubertos, o importante pra min é a colaboración honesta e desinteresada ao redor de calquer tema e problema, e para iso soio se necesita ser sinceiro, honesto e voluntarioso no que se poda, así llo fixen ver ao señor Orlandi Piñeiro, e eisí é coma temos que colaborar TODOS OS GALEGOS.
Coma vexo que "Fillos" é unha páxina que merece un respeto moi grande para os fins e obxectivos que promove e persigue, invito aos galegos, a seus fillos, netos etc.etc. a visitar Rumorosos, a colaborar no que se poida e se queira, porque vexo que igoal que en Vieiros coma en Rumorosos entra xente con moitos valores, e que ises valores precisan da comunicación os uns cos outros, vexo por exemplo a X.E.Vazquez Villarino cas suas aportacions ao debate, e tamén cunha afición poetica moi expresiva, saiba vostede e outros compañeiros que a min gustariame ir conformando unha boa páxina de colaboracions tanto de poesia coma de relatos ou contos de toda a emigración, i eu estou a colaborar para iso en Rumorosos, onde temos varias colaboracions neste sentido, aparte diso, podense enviar articulos de opinion e tamen articulos sacados da prensa cun interes determinado que sirva de lectura, en fin que invito a colaborar tanto a os colaboradores de "Fillos" coma a todos os galegos@ cun ánimo de millorar tanto a Terra coma os problemas que herdamos e que cada ún imos atopando no noso vagar.
A direccion de Rumorosos por si interesa é: http://pagina.de/rumorosos

Recibide unha aperta e felicitacións destas festas. Federico E.Avila Soto, (Alias Lupin)


Contestacións:



Enviar unha contestación

Nome: URL dunha páxina de web (opcional):
E-Mail: Título desa páxina (opcional):
Título da mensaxe: URL dunha imaxe (opcional):

Texto da contestación:


[ Ver contestacións ] [ Enviar contestación ] [ O Taboleiro de Fillos de Galicia ]