Logo Fillos de Galicia

MANIFESTO POLA NACIONALIDADE E POLO VOTO DA DIÁSPORA

(Leer versión en castellano)

LIMIAR

A Asociación Cultural Fillos de Galicia en nome do amplo colectivo galego da diáspora que representa, e perante as continuadas manifestacións dos líderes políticos galegos relativas ao voto da emigración, en sentidos cando menos ambiguos, moitas veces contraditorios dentro de cada partido, e vergoñentamente diferentes segundo as fagan para os residentes en Galicia ou para os residentes no exterior, e por ser este un momento decisivo na nosa Historia ao se estar a reformular o recoñecemento legal a nivel español do dereito á nacionalidade dos descendentes dos nosos emigrantes, quere facer pública e reiterar a súa posición ao respecto:

PUNTO 1

Demandamos o recoñecemento sen trabas da nacionalidade española para todos os netos dos emigrantes, sen diferenciación algunha por razóns migratorias, de idade, sexo dos pais ou lugar de nacemento, nin ningunha outra. (Apoios recibidos: )

PUNTO 2

Demandamos o recoñecemento de que os galegos da diáspora somos tamén galegos a todos os efectos e que conformamos parte irrenunciable da identidade e da soberanía galega. Así deberá ser recolleito nun futuro novo Estatuto de Autonomía galego. (Apoios recibidos: )

PUNTO 3

Reclamamos respecto para o dereito a voto, en canto que galegos e españois, á hora de determinar os gobernos galego e español. Afectados como somos pola súa política, e facendo parte deses pobos, non podemos admitir ningún recorte neste dereito. Porque non pode haber galegos ou españois de primeira e de segunda categoría, nin podemos ser cidadáns a medias. (Apoios recibidos: )

PUNTO 4

Para mellorar esta representatividade democrática e a súa limpeza, reclamamos depuración do censo, voto en urna, e circunscricións electoriais de noso, con representantes específicos tanto no parlamento de Galicia como no de España, como se fai noutros estados. (Apoios recibidos: )

PUNTO 5

Reclamamos que se teña en conta na asignación de escanos no Parlamento español o mesmo censo que se ten en conta para outras eleccións, computando aos residentes ausentes, o cal permitiría segundo se ten xa reclamado por algún grupo político, ter 5 escanos máis para os representantes dos votantes galegos, e que reclamamos fagan parte da circuscrición propia que reclamamos no punto anterior. (Apoios recibidos: )

PUNTO 6

Reclamamos igualidade para os galegos que residen noutras comunidades autónomas e para os que residen fóra de España: deben ter dereito a votar os seus representantes en Galicia ambos os dous colectivos. (Apoios recibidos: )

PUNTO 7

Así e todo, recoñecemos que o dereito a voto nas eleccións municipais, polas súas especiais funcións, non fai moito sentido para este colectivo non residente e animamos á súa reforma. (Apoios recibidos: )

PUNTO 8

Expresamos a nosa maior condea das actitudes discriminatorias que pretenden limitar o dereito a voto baseándose en descoñecemento da realidade do país ou do idioma, ou mesmo na non contribución fiscal, por ser posición retrógradas, antidemocráticas e que non se aplican coa mesma vara a outros colectivos non cotizantes ou aos residentes, aos que nunca ninguén se atrevería a pedir exame de coñecementos para exercer un dereito que lles é inherente e irrenunciable, e que a nós como igualmente galegos e españois non se nos debe recurtar con tan vergoñentas razóns. (Apoios recibidos: )

PUNTO 9

Esiximos aos grupos políticos galegos e españois que dirixan as reformas legais pertinentes neste sentido. (Apoios recibidos: )

Os apoios a este Manifesto foron enviado nunha mensaxe aos líderes galegos (Touriño, Quintana e Feixoo) ademais de a todos os senadores españois, que tramitaban enmendas á Lei onde se ķan facer modificacións sobre o dereito á nacionalidade.

(30 de Novembro de 2007...15 de Xaneiro de 2008)