o Concello a Praza o Mercado a Escola a Eira o Porto
Publi
Idioma

Conectados
 Benvido/a, visitante
Únete á nosa Comunidade Virtual



O rexistro eche gratuito e permitirache accederes a todas as seccións do portal (agás algunhas reservadas aos socios)

 Rexístrate como membro
 Login:
Usuario/a:


Contrasinal:


Lémbrame

Membros:
Último: Novos hoxe:2
Último: Novos onte:3
Último: Total:5904
Último: Socios:59
Último: Voluntarios:40
Último: Último: Advalaybla...
Membros: Conectados:
Membros: Membros:2
Visitantes: Visitantes:34
Total: Total:36
 Agora conectados
Puerto Rico manuelcana... 
Brasil Clovis 
Enviado por: Admin o 1/04/04 - 00:00
Tema: historia       (2668 lectores)

Desde que a partir do s. III o cristianismo se extende por Galiza, irá paulatinamente constituindo a representación ideolóxica da sociedade da época medieval. Por ese motivo aparece indisolubelmente unido á constitución da nacionalidade galega (e de todas as europeas).



Catedral de San Martiño, FozSon os sectores dirixentes urbanos os primeiros en adopta-lo (F.Carballo, A Igrexa Galega, 1995), e entre finais do século IV e princípios do V emerxen nese ambiente figuras sobresaintes no mundo da cultura, abertas a amplas relacións entre o occidente e o oriente do Império, como foron Exéria, Orósio, Idácio ou Prisciliano, configurando un primeiro espertar cultural de Galiza (E. Lopez Pereira).

Nas áreas rurais foi decisiva a figura de Prisciliano, que a finais do s. IV predicou unha versión - tachada de herética polos seus adversarios- adaptada á situación e esperanzas das masas campesinas, aferradas a ela durante moito tempo despois da execución de Prisciliano en Tréveris no ano 385.

A consolidación da monarquia sueva está íntimamente ligada á acción coesionadora da relixión. O rei Requiário, sabedor dese poder, adopta o catolicismo no ano 449, antes que calquera outro povo xermánico, ainda que se abandona no 465 por presión visigoda, co que precisamente o Reino galego entra nunha longa fase de decadéncia, padecendo sen dúbida a fractura social que significaba un povo católico e unha elite dominante arriana.

O florecimento da segunda metade do s. VI é inseparábel da conversión de novo ao catolicismo, impulsada por Martiño de Dúmio. A organización episcopal erixe-se entón en sustentadora da estrutura administrativa e cultural, constituindo-se unha Igrexa Nacional galega (Sayas Abengoechea/Garcia Moreno). Alianza estreitísima entre Igrexa e Monarquia que aparece xa como clave dunha história secular, nunha tradición que, continuada polos visigodos (convertidos ao catolicismo pouco despois da anexión de Galiza), chegará ao Reino medieval desde o s. VIII.

En efecto, o papel conferido a relixión na organización medieval de Galiza cobra a máxima importáncia co descobrimento do sepulcro de Santiago no ano 813, ao redor do cal se nuclea a consolidación do Estado e da mesma sociedade, abren-se rotas de intercambio comercial e cultural (Camiño de Santiago) e produce-se o florecimento cultural e artístico dos séculos XII e XIII (románico, literatura).

Debuxo de Prisciliano, Segundo CastelaoA Corte arcebispal de Xelmírez (s. XII) constituiu un foco cultural importantísimo, en contacto cos principaís centros europeus, a onde acodian os coengos composteláns. Nela redactaron-se a História Compostellana e o Códice Calixtino, e de aí irradiou o románico por toda Galiza.

Paralelamente, a gran expansión do monacato durante esa mesma época (a partir de bases moi antigas asentadas por Martiño no s. VI e Frutuoso no VII), contribuiu á expansión de innovacións agrícolas e culturais. A proliferación dos mosteiros rurais cistercenses (Armenteira, Oia, Caaveiro, Oseira, Montederramo, San Estevo, Sobrado, Samos) está ligada por exemplo á expansión do viñedo, tan importante na economia medieval, en tanto que os urbanos das ordes mendicantes (dominicos e franciscanos) contaban entre os seus membros con persoas de sólida formación.

A própria introdución da imprenta en Galiza, cuxa primeira obra é o Misal Auriense (1494) e un produto do sentimento relixioso daquela época.

 

Condicións de uso e outros avisos legais
Os artigos e comentarios publicados en Fillos.org son responsabilidade dos seus respectivos autores e os editores non teñen por qué os compartir necesariamente.
Todo o resto é © (1997...hoxe) da Asociación Cultural Fillos de Galicia
Web feito en PostNuke software libre publicado baixo a licencia GNU/GPL.
Anúnciate en Fillos.org RSS Anúnciate en Fillos.org
[ Fillos.org está dispoñible en galego + en castellano + in English ]

Portal anovado en 2006 (Fillos 3.0) co apoio da Secretaría Xeral de Emigración
Xunta de Galicia
Versión en galego subvencionada en 2004 pola Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria - Dirección Xeral de Política Lingüística.
Xunta de Galicia