| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Entre os anos 410 e 585 desenvolveu-se a primeira experiéncia de Galiza como entidade política independente, dabondo documentada por crónicas (Idácio, Orósio, Isidoro de Sevilla, Xoán de Bíciara, Gragóño de Tours), obras literárias (Venáncio Fortunato, Martiño de Dumio), arqueoloxia, arte (San Pedro de Rocas) e numismática, todo o cal proba de forma contundente o degrao de maduración acadado en certos momentos, moi por diante doutros Reinos semellantes. Sen embargo, dividida a sua cronoloxia en tres etapas, a central (entre 468 e 550) fica na escuridade.
¿Quen
eran os suevos? Un povo xermánico
orixinário de centroeuropa (na época histórica) con antigos
contactos con Roma (desde o s. 1 a.C.), e por ese motivo cun nivel
cultural relativamente evolucionado cando no s. V chegan
a Galiza. O 31 de decembro do ano 407 traspasan o limes renano
e chegan á província de Gallaecia no 410, supoñendo-se que entón
asinan un pacto (foedus) co lmpério, polo cal asentan
no país e exercen sobre el a xurisdicción.
Desta forma os seus reis pasan a ser na práctica reis de Galiza (recoñecendo a teórica autoridade superior do Emperador), polo cal Galiza convirte-se de feito no primeiro Reino da Europa medieval. No ano 449, reinando Requiario, adoptan oficialmente o catolicismo, profesado polos galaico-romanos, o cal implica, tamén moito antes que en calquera outro lugar, a síntese de ambas povoacións, iniciando-se un proceso de construción nacional.
As tensións internas coa aristocrácia terratenente romanizada e a intervención imperial por medio das tropas visigodas culmina na batalla do Órbigo (456), onde o exército galego é derrotado; posteriormente o próprio rei é asasinado e o Reino entra nunha fase de crise. Pregando-se á supremacia visigoda o rei Remismundo adopta o arrianismo que estes profesaban (465), e pouco despois (468) as fontes escritas calan totalmente por espazo de case un século.
De
maneira un tanto sorpresiva (que obriga a pensar nun movimento de recuperación
iniciado decénios antes) a información reaparece no ano
550, coa chegada de Martiño de Dumio desde Oriente, e entón vemos xa
un Reino restaurado. No contexto internacional dunha alianza
franco-bizantina (católicos) contra os visigodos (arrianos). O Reino
Galego (o Galiciense Regnum das acuñacións) suma-se a ela e leva a
cabo un profundo labor de reorganización, desde que primeiro o rei Carriarico
(550) e logo Teodomiro (559) realizan a conversión,
de novo, ao catolicismo. O rei Miro, educado
por Martiño, recolle e completa ese esforzo.
Plasmada no Parrochiale suevum -documento único en Europa occidental (P David)-, a organización administrativa de Galiza divide o Reino en dióceses (prácticamente as comarcas actuais), agrupadas en sedes (as diáceses episcopais de hoxe); polo campo proliferan os mosteiros (a Ribeira Sagrada, etc.) e a Monarquia Hereditária apoia-se en Concílios. O clero constitue o elemento administrativo e goza dun elevado nivel cultural.
Formando as elites (príncipes e bispos) funciona unha escola no mosteiro de Dúmio, ás portas de Braga, a capital, once ademais se procede a un fecundo traballo de cópias, traducións e criazón literária.
Sen embargo, tras o fracaso da expedición
militar de Miro a Sevilla (583) -no decurso da guerra civil visigoda-
e a morte do rei galego na viaxe de retorno, os visigodos
interveñen no conflito sucesório galego (destronamento de Eurico por
Andeca), e anexionan o Reino á monarquía toledana no ano 585.
Nota do Editor: Autor: Anselmo López Carreira.









