Publi
Idioma
Conectados
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Últimas fotos
Tema:Historia de Galicia
Aquí iremos recollendo as páxinas da nosa Historia, elemento decisivo da nosa identidade colectiva como pobo.
Aquí iremos recollendo as páxinas da nosa Historia, elemento decisivo da nosa identidade colectiva como pobo.
Enviado por: casdeiro o Xoves, 17 de Xullo de 2008 - 00:00:00 (CET)
Diversos autores consideran que existen probas de que a lingua que se falaba no que os romanos denominaron Gallaecia era unha lingua de tipo celta, asimilable al tipo goidélico.
queres comentar? (5371 lectores)
Enviado por: casdeiro o Luns, 07 de Xullo de 2008 - 00:00:00 (CET)
Grazas ao interesantísimo libro Toponimia Celta de Galicia do lingüista Joaquín Caridad Arias veño de atopar por fin a orixe da nome da parroquia onde naceu a miña nai (Andabao, Boimorto).
1 Comentario (5994 lectores)
Enviado por: redaccion o Domingo, 25 de Maio de 2008 - 00:00:00 (CET)
Coñecíase como Couto Mixto (Couto Misto en portugués) a un antigo territorio autonómo que se asentaba entre os actuais concellos de Calvos de Randín e Baltar, ao sur da provincia de Ourense. Ata o tratado de Lisboa de 1864 cada veciño elixía libremente a nacionalidade española ou portuguesa.
Nota do Editor: Fonte: "Breviario Encicolopédico" de Eladio Rodríguez.
1 Comentario (5373 lectores)
Enviado por: redaccion o Domingo, 02 de Marzo de 2008 - 00:00:00 (CET)
Os normandos desembarcaron na Coruña o ano 843 e nas nosas beiramares foron vencidos por Ramiro I, que lles saíu ó encontro e lles queimou varias naves das 70 que traían.
Nota do Editor: Fonte: "Breviario Enciclopédico" de Eladio Rodríguez
1 Comentario (4189 lectores)
Enviado por: redaccion o Mércores, 13 de Febreiro de 2008 - 00:00:00 (CET)
Coa chegada da democracia prodúcese un recoñecemento oficial do galego. A Constitución española de 1978 abre a porta para o recoñecemento das outras linguas españolas. No Estatuto de autonomía de Galicia de 1981 (art. 5) declárase o galego lingua cooficial e "propia" de Galicia e resérvase para as institucións autónomas (Xunta e Parlamento) as competencias plenas no proceso de normalización do idioma galego. Así, establecése que os poderes públicos de Galicia garantirán o uso normal e oficial dos dous idiomas e potenciarán o emprego do galego en todos os planos da vida pública, cultural e informativa, e disporán os medios necesarios para facilitar o seu coñecemento.
Nota do Editor: Fonte: www.loia.org
1 Comentario (3987 lectores)
Enviado por: redaccion o Xoves, 07 de Febreiro de 2008 - 00:00:00 (CET)
A representación de comedias nas principais festas das cidades e vilas de Galicia ven de moi antigo, pois xa en 1605 se celebraban na Coruña e Betanzos; en 1607, en Santiago; en 1615, en Ourense; e en 1628, en Lugo. Nos mesmos comenzos deste século XVII tamén se celebraron en Pontedeume, Ribadavia, Melide e outras vilas que posuían recursos para custealas; e onde os recursos faltaban para contratar compañía, representábanas os gremios ou confrades que tivesen habelencia para iso. Tamén se representaron comedias no claustro do Colexio Fonseca, en Santiago de Compostela.
1 Comentario (3480 lectores)
Enviado por: casdeiro o Martes, 05 de Febreiro de 2008 - 17:08:27 (CET)
A continuación tedes un glosario da lingua dos nosos antergos, o celta goidélico, fala que se foi perdendo tras a romanización pero que deixou importantísima pegada na nosa toponimia, a parte da fala que máis tarda en desaparecer ou que mesmo non dá desaparecido nunca, só sufre trasformacións. Tampouco podemos esquecer que esta lingua foi a que deu orixe ao gaélico irlandés, lingua aínda falada hoxe en día por milleiros de persoas. Está baseado no libro Toponimia Céltica de Galicia do doutor en xermanística Joaquín Caridad Arias.
7 Comentarios (5582 lectores)
Enviado por: redaccion o Luns, 04 de Febreiro de 2008 - 00:00:00 (CET)
Os corenta anos de réxime franquista supuxeron un corte radical e un claro retroceso para o prestixio e a conciencia lingüística que os galeguistas acadaran nos primeiros anos do século XX. Este período de silenciamento e represión acostuma a denominarse metaforicamente coma a longa noite de pedra da lingua galega, en alusión ao libro de poemas que con este mesmo nome, Longa noite de pedra, publicaba en 1962 Celso Emilio Ferreiro, no que amosaba a súa total desconformidade coas ideas políticas, culturais e lingüísticas oficiais da época.
Nota do Editor: Fonte: www.loia.org
1 Comentario (3164 lectores)
Enviado por: redaccion o Domingo, 20 de Xaneiro de 2008 - 00:00:00 (CET)
A xulgar pola ausencia de testemuños, en Galicia era descoñecida a escrita antes do contacto cos conquistadores romanos. O único idioma que se escribiu en Galicia ata finais do século XII foi o latín, un latín moi distinto ao clásico e en permanente evolución. Os falares neolatinos, en Galicia coma noutras partes, experimentaron unha transformación moito máis rápida do que a lingua escrita durante eses séculos (do V ao XIII) dá a entender. Con todo, non está claro cando comezou a xente a tomar consciencia de que o idioma que falaban xa non era latín, senón o que eles denominaban romance. Convencionalmente podemos situar ese momento por volta do século XII.
(2469 lectores)
Enviado por: redaccion o Venres, 11 de Xaneiro de 2008 - 00:00:00 (CET)
A emigración foi un fenómeno característico dos séculos XIX e XX que tivo un impacto destacado na poboación galega e tamén consecuencias negativas para o galego.
Nota do Editor: Fonte: www.loia.org
(2978 lectores)
Enviado por: redaccion o Domingo, 06 de Xaneiro de 2008 - 00:00:00 (CET)
Durante moito tempo se dixo que a sociedade castrexa era unha especie de xinecocracia, na que o papel da muller era de gran relevancia, sobre todo no referente á vida familiar e aos sistemas de herdanza.
Nota do Editor: Fonte: "Textos para a historia das mulleres en Galicia" de Mª Xosé Rodríguez Galdo.
"Historia xeral de Galicia" de Francisco Calo Lourido et al.
"Historia xeral de Galicia" de Francisco Calo Lourido et al.
queres comentar? (2808 lectores)
Enviado por: Admin o Venres, 14 de Decembro de 2007 - 00:00:00 (CET)
Topónimos como Abeixón, Abella, A vella, Avil, Viladavil, Vilavil, Abellá, Avelá, Abeixa, Abelida, Abellides, Aboleiro, Aboldron, Abol, etc. non teñen que ver con abellas nin con avelás ou aveleiras, senón que teñen a súa orixe nun nome propio celta, relacionado co deus equivalente a Apolo.
Nota do Editor: Fonte: "Toponimia céltica de Galicia", de Joaquín Caridad Arias.
(3269 lectores)
Enviado por: redaccion o Domingo, 09 de Decembro de 2007 - 00:00:00 (CET)
A emigración tamén tivo efectos positivos para o galego, sobre todo na consciencia lingüística. Se numerosos emigrantes marcharon para a América sendo campesiños e volveron de alí sendo españois, moitos outros tomaron consciencia da súa singularidade como galegos, particularmente da súa identidade lingüístico-cultural.
Nota do Editor: Fonte: www.loia.org
(3525 lectores)
Enviado por: redaccion o Sábado, 01 de Decembro de 2007 - 00:00:00 (CET)
En poucos días, os sublevados fixéronse co control de toda Galiza. Inmediatamente comenzou unha represión sistemática e despiadada contra os afiliados e militante de todas as forzas integrantes da Fronte Popular, unha represión que o nacionalismo galego, demócrata e republicano, padeceu con toda intensidade.
Nota do Editor: Fonte: Xusto Beramendi, catedrático de Historia Contemporánea, en "Partido Galeguista. A esperanza frustrada", publicación da Fundación Galiza Sempre. Reproducido con permiso.
(2984 lectores)
Enviado por: redaccion o Venres, 30 de Novembro de 2007 - 00:00:00 (CET)
Na longa traxectoria do galeguismo político, iniciada contra 1840, hai dous momentos decisivos.
O primeiro, en 1916-1918, trae consigo o nacemento do nacionalismo galego en sentido estrito no plano ideolóxico coa afirmación de Galiza-nación e a da conseguinte lexitimidade da súa autodeterminación política con saída confederal/federal.
O primeiro, en 1916-1918, trae consigo o nacemento do nacionalismo galego en sentido estrito no plano ideolóxico coa afirmación de Galiza-nación e a da conseguinte lexitimidade da súa autodeterminación política con saída confederal/federal.
Nota do Editor: FONTE: Xusto Beramendi, catedrático de Historia Contemporánea; en "Partido Galeguista. A esperanza frustrada", publicación da Fundación Galiza Sempre. Reproducido con permiso.
(2943 lectores)
Enviado por: redaccion o Luns, 26 de Novembro de 2007 - 00:00:00 (CET)
Galicia conta hoxe cun escudo oficial, pero historicamente o noso escudo presenta unhas particularidades moi complexas, no trascurso dos séculos houbo múltiples variantes ou propostas a partir dun elemento substancial que case sempre se mantivo inalterable: un cáliz ou copón.
(3291 lectores)










