Fillos de Galicia
< Lista de correo FILLOS-L >
Páxina principal          fillos@fillos.org


A lista de correo FILLOS-L (mailing-list) de Fillos de Galicia foi creada en Febreiro do 2000 (¡xa fixemos 2 anos!) e actualmente ten uns 150 membros que residen en varios países de Europa e América (España, Portugal, Alemania, EE.UU., Canadá, Brasil, Arxentina, Puerto Rico, Rep. Dominicana, México, Uruguay, Paraguay, Chile, Venezuela, Guatemala, Costa Rica...).
Apuntarse á lista

Borrarse da lista

Instruccións para os membros

As xuntanzas de Fillos


O seu propósito principal é argallar un mecanismo de comunicación que sexa soporte da nosa Comunidade Virtual Galega. A lista na súa nova versión é moderada e exclusiva para os membros subscritos.

Os idiomas da lista son o galego (e português) e o castelán (español). Si no entiendes el gallego no te preocupes, anímate a apuntarte y poquito a poco irás aprendiéndolo.

A xente que estamos subscritos compartimos inquedanzas, experiencias, noticias, informacións e todo tipo de cousas que nos son de interese aos que buscamos as nosas raíces galegas.

Advertencias:

  • Hoxe en día a lista ten un importante tráfico e envía máis de 10 mensaxes ao día de media.
  • Se nos chegan as mensaxes "rebotadas" do teu enderezo de e-mail (porque se che encheu o buzón ou porque o teu servidor de correo non funciona), serás dado de baixa se posibilidade de te avisarmos.
  • Haberá regalos todos os meses para os membros da lista:
    discos de música galega e libros sobre Galicia
    ofrecidos polos
    patrocinadores da lista:

    Librería Trazos      Tienda de discos BITS
    (A Librería Trazos fará tamén un 10% de desconto
    a todos os membros da lista nos pedidos que lle fagan)

    NOTA: No sorteo mensual de regalos soamente entrarán os membros da lista que non vivan en Galicia, xa que son os que máis dificultades teñen para facerse con libros e discos galegos.

    ¿Como podes entrar la lista?

    Para poder subscribirte á lista é necesario que te rexistres como membro de Fillos de Galicia. É gratuito e soamente tes que encher este formulario para poder acceder á lista FILLOS-L e as demais vantaxes exclusivas dos membros da nosa Comunidade Virtual.

    E ¿como te borrares da lista?

    Pois se queres deixar de recibir as mensaxes da lista non tes máis que nos enviar unha mensaxe a administra@fillos.org co asunto "FILLOS: Baixa da lista": darémoste de baixa en canto poidamos (hoxe en día dado a acumulación de traballo pode ser máis de 24 horas despois da túa petición). É moi importante que o envíes desde o mesmo enderezo electrónico co que te apuntaches: se non, non te poderemos borrar.


    Última alteração