o Concello a Praza o Mercado a Escola a Eira o Porto
Publi
Idioma

Conectados
 Benvido/a, visitante
Únete á nosa Comunidade Virtual



O rexistro eche gratuito e permitirache accederes a todas as seccións do portal (agás algunhas reservadas aos socios)

 Rexístrate como membro
 Login:
Usuario/a:


Contrasinal:


Lémbrame

Membros:
Último: Novos hoxe:2
Último: Novos onte:3
Último: Total:5904
Último: Socios:59
Último: Voluntarios:40
Último: Último: Advalaybla...
Membros: Conectados:
Membros: Membros:2
Visitantes: Visitantes:34
Total: Total:36
 Agora conectados
Puerto Rico manuelcana... 
Brasil Clovis 
Enviado por: Admin o 1/04/04 - 00:00
Tema: literatura       (5825 lectores)
Afonso Daniel Rodríguez Castelao

Biografía

Alfonso Daniel Manuel Rodríquez Castelao naceu na parroquia de Santa Comba e vila de Rianxo (A Coruña) o 30 de xaneiro de 1886, as 10 horas, e morreu no hospital do Centro Galego da cidade de Bos Aires (a Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, as 23 horas. O día 9 foi enterrado no cemiterio da Chacarita, no panteón do devandito centro, desde once foi trasladado a Galicia, ó Panteón de Galegos Ilustres, en San Domingos de Bonaval (Santiago), o 28 de xuño de 1984.

Foi o fillo máis vello de Mariano Rodríguez de Dios, mariñeiro (segundo a partida de bautismo de Alfonso) e de Xoaquina Castelao Genme (así escrito o segundo apelido na citada fonte), os dous naturais de Rianxo. A nai falecerá o 24 de xaneiro de 1945, sen ter diante o seu fillo.

En 1895 emigrou con súa nai a Arxentina, a onde emigrara antes o pai. Este radicárase preto de Bernasconi (A Pampa), onde naceron Teresa (aínda viva en 1999) e Xosefina, irmás de Alfonso.

Volveron nai e fillos a Rianxo en 1900 (e o pai pouco despois), ano en que Alfonso ingresa no Instituto de Santiago (29 de setembro), onde estudia por libre o bacharelato en tres anos. Acada o grao de bacharel o 18 de xuño de 1903, ano en que comeza Medicina, tamén en Santiago, na que se licencia o 9 de xuño de 1909, segundo consta no Arquivo Histórico Universitario (atado 1225, núm. 16). O 28 de setembro deste ano expídense certificacións oficiais desde Santiago para a Universidade de Madrid, na que Castelao pensa doutorarse, o que nunca fará.

Volve a Rianxo, casa na Estrada (Pontevedra) con Virxinia Pereira Renda o 19 de outubro de 1912, e teñen un fillo en 1913, Alfonso Xesús, que morrerá o 3 de xaneiro de 1928.

En 1915 aproba oposicións a funcionario do Instituto Geográfico Estadístico, e obtén praza en Pontevedra, once residirá ata 1936. O 18 de xullo deste ano, inicio da Guerra Civil, está en Madrid, a onde fora para lle presentar ó Presidente das Cortes o Estatuto de Autonomía de Galicia, aprobado o 28 de xuño de 1936. Ata 1938 permanece en España. A partir deste ano viaxa a Rusia, Estados Unidos e Cuba. En 1940 radícase definitivamente na Arxentina.

Castelao, o guiero

Castelao foi considerado sempre polos galegos como o seu máis grande líder, e chamóuselle "guieiro e espello de galeguismo" (Ben-Cho-Shey), "representante do espírito inmorrente da Galicia eterna" (Suárez do Pazo), "a conciencia de todos feita home" (Otero Pedrayo), "heroe e santo" (Jaime Cortesáo), "guieiro e símbolo" e "estrela acesa que percorreu os ceos galegos" (Marcial Fernández), "mensaxeiro da Terra" (Luís Tobío), "irmán" (Ramón Cabanillas), "pai e guieiro" (Manuel María), etc.

De como os escritores galegos admiraban e loaban a Castelao son proba as máis de cen dedicatorias de libros deses que lle regalaron ata 1935 (a biblioteca de Castelao quedou en Pontevedra e pasou ó Museo desta cidade), recollidas por Antonio Rodríguez Fraíz, crego de San Pedro de Campañó (Pontevedra), no seu libro Castelao. Na alma dos escritores do seu tempo (1990).

Castelao, o galeguista

Castelao foi deputado galeguista dúas veces (1931 e 1936), presidiu o Consello de Galicia (Bos Aires, 1944) e foi ministro do goberno republicano no exilio (1946). Sempre en Galiza é o seu libro máis importante.

A importancia de Sempre en Galiza na evolución do pensamento galeguista convertiuna xa nunha obra impresindible para calquera galego dos noso días. Publicada en Bos Aires en 1944, durante moitos anos estivo prohibida a súa difusión en España, o que sen embargo non impediu que chegase a ser un dos libros galegos máis vendidos de tódolos tempos.

Extractos do Sempre en Galiza referidos á Historia do país.
Citas do Sempre en Galiza.

Castelao, o artista

Castelao, que lle confesara a seu pai: "Eu sonlle artista antes que nada. Lévoo no sangue", primeiro deuse a coñecer como pintor e debuxante, con colaboracións artísticas, exposicións e escritos sobre arte, como Algo acerca de la caricatura (1913), Arte e galeguismo (conferencia en 1919), etc. E e autor do Álbum Nós (1931), cincuenta debuxos que reflicten "as tremendas angurias do decotío labrego e mariñeiro", e dos álbums Galicia mártir e Atila en Galicia (1937), e Milicianos (1938).

A obra literaria de Castelao comeza con Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete (1922), que ten gran significado galeguista. Porque para o autor, se Galicia aínda é algo débello ó pobo, non a historia; ó pobo xurdido "da terra da nosa terra (... ), saturada de cinzas humáns, unha infinida moitedume de luciñas, que son os seres innominados que ninquén recorda xa, e que todos xuntos son os que crearon o idioma, a cultura, as artes, os usos e costumes, e, en fin, o feito diferencial de Galicia". A anterior cita pertence a Alba de gloria, discurso pronunciado no Teatro Arxentino de Bos Aires o Día da Patria Galega de 1948.

O libro Cousas (1926, a primeira entrega) contén corenta e catro relatos acompañados de debuxos, que reflicten, nunha prosa poética extraordinaria, as realidades máis fondas da alma galega. Retrincos son cinco contos de gran perfección. E Os dous de Sempre é unha novela de influencia cervantina. Nela Rañolas, espiritual e loitador, contrasta con Pedro, manxador e preguiceiro.

Escolma de humor gráfico

Castelao, o investigador

Agrande obra de Castelao como investigador é As cruces de pedra na Galiza (1950). Para el os cruceiros son "a máis enxebre manifestación artística do noso pobo, a máis puxante revelación da nosa espiritualidade". "Os cruceiros galegos son albres de pedra".



Nota do Editor: Fontes do textos: Xesús López Fernández, Xoán Carlos Rodríguez Pérez e outros.
 

Condicións de uso e outros avisos legais
Os artigos e comentarios publicados en Fillos.org son responsabilidade dos seus respectivos autores e os editores non teñen por qué os compartir necesariamente.
Todo o resto é © (1997...hoxe) da Asociación Cultural Fillos de Galicia
Web feito en PostNuke software libre publicado baixo a licencia GNU/GPL.
Anúnciate en Fillos.org RSS Anúnciate en Fillos.org
[ Fillos.org está dispoñible en galego + en castellano + in English ]

Portal anovado en 2006 (Fillos 3.0) co apoio da Secretaría Xeral de Emigración
Xunta de Galicia
Versión en galego subvencionada en 2004 pola Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria - Dirección Xeral de Política Lingüística.
Xunta de Galicia