
< Tarefas que implica
a xestión da Comunidade Virtual >
Páxina principal fillos@fillos.org
Acerca
de Fillos
Moita xente nos pregunta sobre cómo facemos Fillos de Galicia, cómo traballamos para administrar a comunidade virtual, cántas horas lle dedicamos, etc.
Nesta táboa queremos facer un pequeno resume acerca do tema, cunha estimación aproximada das horas dedicadas a cada tipo de traballo necesario para os obxectivos de Fillos de Galicia . Calquera aclaración podédela solicitar a contacto@fillos.org: atenderémosvos gustosamente.
| Tarefa | Dedicación actual (h/semana) |
Dedicación necesaria (estimación) |
|---|---|---|
| Coordinación xeral de proxectos e persoal | 8 h | 20 h |
| Relacións e colaboración con outras entidades | 1 h | 5 h |
| Atención do correo electrónico, visitantes (actualmente 160000 cada mes) e usuarios (actualmente 5362) | 7 h | 12 h |
| Xestión de usuarios da comunidade virtual (actualmente 5362) | 2 h | 2 h |
| Xestión e moderación das listas de correo | 6 h | 8 h |
| Xestión do Taboleiro | 0 h | 2 h |
| Análise informático e deseño de bases de dados | 1 h | 4 h |
| Mantemento técnico, deseño e programación | 12 h | 20 h |
| Xestión das solicitudes de procura familiar (Atopadoiro) | 0 h | 40 h |
| Xestión de pedidos (merchandising e servizos) | 2 h | 5 h |
| Creación e xestión de contidos para o web principal (Fillos.org) e derivados (PlanetaGalego.info, AMorteDaCosta.info, NosTamen.org...) | 2 h | 10 h |
| Promoción | 1 h | 10 h |
| Corrección lingüística e traduccións | 1 h | 4 h |
| Xestión do Directorio de Links | 0 h | 5 h |
| Xestión da Bolsa de Traballo | 0 h | 10 h |
| Xestión administrativa da Asociación e dos socios (actualmente 49) | 3 h | 6 h |
| Total | 46 h | 163 h |
Para ter recursos cos que dedicar esas horas de traballo necesarias dun xeito profesional, puxemos en marcha a Campaña polo Futuro de Galicia na que buscamos socios particulares e padriños empresariais que compartan os nosos obxectivos. |
||
E tamén tedes máis información sobre quén fai qué en Fillos. Se queres unirte á nosa equipa de colaboradores voluntarios, podes encher o formulario e escoller en qué tipo de tarefa che gustaría axudarnos: serás moi benvido. ¡Temos moito por facer para manter a Galeguidade na Rede!