Fillos de Galicia
< Chamamento para a entrada de socios 2001 >
Páxina principal          fillos@fillos.org          Acerca de Fillos

(Puedes leer esta página en castellano) (You can read this page in English)

¿Queres axudarnos a seguir co noso labor en Fillos de Galicia?

¿Queres contribuir a espallar a cultura galega entre os descendentes dos emigrantes galegos en todo o mundo?

¿Queres aportar o teu gran de area á Asociación Fillos de Galicia?

¿Queres que Galicia sega a vivir en todos nós?

Agora podes formar parte da Asociación que fai posible esta Comunidade Virtual Galega que reúne en torno ás súas páxinas a máis de 10.000 visitantes cada mes.

Fillos de Galicia lanza a súa primeira campaña de captación de socios.
Calendario da campaña de captación de socios
...09/11/2001  Recepción de solicitudes de afiliación.
Ata esa data inclusive poderás enviar a túa solicitude a cotas@fillos.org.
 ...09/11/2001 

Realización dos pagos das cotas.
Poñerémonos en contacto contigo por e-mail para informarte
de qué forma podes facernos chegar a túa cota de socio e dos trámites que debes cumprimentar para formalizar a túa entrada como socio de pleno dereito na Asociación Fillos de Galicia.

As cotas serán de 120 euros (20.000 pts, 110 dólares USA aprox.), pagadeiros anualmente.

Como regalo os socios que entren nesta primeira campaña de afiliación terán:

  • Unha conta de correo persoal do tipo oteunome@degalicia.org.
  • Un espacio web de 10 MB para publicar as súas páxinas, fotografías, etc. en www.degalicia.org/oteunome.
  • Dous vales de 2.500 pts cada un para realizar compras de música galega (ou outras) en Discos Bits (para gastar por separado e en compras de máis de 10.000 pts).
  • Un vale de 5.000 pts para realizar compras de libros galegos e sobre Galicia (ou outras) en Librería Trazos.
  • E se non podes pagar esta cantidade, pero aínda así queres axudarnos economicamente, podes facer unha doazón puntual ou periódica. Ou tamén considerar outras formas de nos axudar.

    10/11/2001...  Asemblea de socios.
    Comezará a Asemblea Extraordinaria de Socios da Asociación Fillos de Galicia, que se realizará a través de Internet e na que se elexirán os cargos e se aprobarán os proxectos para o futuro de toda a nosa Comunidade Virtual de fillos.org.
     

    Así que date présa e envíanos unha mensaxe a cotas@fillos.org o antes posible.
    E se tes calquera consulta que facernos, envíaa a fillos@fillos.org.

    ¡Gracias por contribuir á supervivencia de Fillos de Galicia!

    A Asociación Cultural Fillos de Galicia está inscrita no Rexistro Central de Asociacións da
    Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Xunta de Galicia co número 505/00.


    Última alteração