o Concello a Praza o Mercado a Escola a Eira o Porto
Publi
Idioma

Conectados
 Benvido/a, visitante
Únete á nosa Comunidade Virtual



O rexistro eche gratuito e permitirache accederes a todas as seccións do portal (agás algunhas reservadas aos socios)

 Rexístrate como membro
 Login:
Usuario/a:


Contrasinal:


Lémbrame

Membros:
Último: Novos hoxe:1
Último: Novos onte:3
Último: Total:6249
Último: Socios:53
Último: Voluntarios:42
Último: Último: FernandezC...
Membros: Conectados:
Membros: Membros:0
Visitantes: Visitantes:29
Total: Total:29
 Agora conectados
Non che hai membros conectados
Últimas fotos
Enviado por: Admin o 3/02/05 - 00:00
Tema: fillosdegalicia       (13206 lectores)
O Casdeiro Ola, son Manuel Casal Lodeiro, promotor da comunidade virtual Fillos de Galicia e presidente da Asociación Cultural Fillos de Galicia creada no ano 2000 para soster este proxecto, que empezou en 1997 como unha creación persoal e xa implica a milleiros de persoas en todo o mundo. (Podes ler aquí sobre nós na prensa.) A miña motivación cando creei o xermolo de Fillos de Galicia foi axudar a eses galegos de corazón, esoutra xente que naceu fóra de Galicia coma min, pero que se sinte interesada pola cultura e a terra dos seus pais, nais, avós e avoas... ou por se reencontraren con eses familiares cos que teñen perdido o contacto.

Acceso Directo a:
Facerte socio

Faceres unha doazón

Facerte padriño



Fillos de Galicia apenas ten outro sostén económico que os nosos cartos e o noso tempo, cos que as persoas que facemos isto temos que facer frente a unha chea de gastos e tarefas como son:

  • Os gastos anuais do web, as horas que conexión que botamos traballando nisto e outros gastos fixos.
  • Encher o web de contidos interesantes para os seus visitantes: información, cultura, links, ensino do idioma galego, etc.
  • Administrar as listas de correo que sirven de ponte de comunicación nesta nosa comunidade virtual de fillos de galegos (por exemplo FILLOS-L reúne hoxe a máis de 368 persoas que se envían centos de mensaxes cada mes falando do seu sentimento galego).
  • Argallar os medios para se atoparen os fillos dos emigrados cos familiares que deixaron atrás en Galicia (no Atopadoiro, con máis de 948 búsquedas rexistradas), como xa se teñen atopado gracias á nosa existencia.
  • ...E outros servicios e contidos que están á espera de máis tempo ou máis cartos.

...Todo isto son moitas horas de traballo á semana.

Os cartos estánsenos acabando e o tempo libre que lle podemos adicar xa non chega para as 56.000 visitantes e máis de 168.000 accesos que temos ao mes, nin ha chegar para o 10% de crecemento mensual que vimos tendo de media no último ano. Pero non queremos abandonar este proxecto porque aínda hai moito que facer por tanta xente como acude a nós para achegarse a esa Galicia que levan no corazón. Por iso pedimos a vosa cooperación.

..E agora nos podes axudar facéndote socio de Fillos de Galicia ! A v e r i g u a    c ó m o

novo Ver estatísticas actualizadas novo

¿Como podedes axudar a que esta historia siga adiante e medre tanto como pide por medrar?

  • Ademáis de coa vosa afiliación a Fillos de Galicia podedes axudar doutras formas:
  • Se sodes unha empresa galega ou con relación coa nosa comunidade (tanto en Galicia coma fóra), podes:
  • Se sodes unha organización tipo Centro Galego, Casa de Galicia ou semellante podedes:
    • Dar a coñecer o noso web na vosa asociación: poñendo carteis co noso enderezo nos vosos locais, falando de nós á xente, etc.
    • Aquí tedes un cartel que podedes imprimir e colocar á vista dos galegos da vosa zona.
    • ¿Pensas que podedes axudar dalgunha outra forma? Cóntanolo a fillos@fillos.org.
  • Se es un particular ou empresa con coñecementos ou recursos técnicos axeitados, podes:
    • Axudarnos coa programación das nosas páxinas, para optimizar os servicios actuais ou ofrecer algúns novos: bases de datos, xogos, mapas, etc.
    • Aportar contidos, por exemplo leccións de galego, escolmas de textos literarios, ou da Historia de Galicia, etc.
    • Se che interesa colaborar deste xeito, fáinolo saber a través da nosa páxina de colaboración .
  • Se es un particular que non ten outra forma de axudar ou che parece que é a mellor, podes:
    • Mercar algún dos productos de merchandising que poñemos á venda na nosa tenda.
    • Enviar un cheque coa cantidade en pesetas, euros ou dólares USA que che pareza axeitada a nome da Asociación Cultural Fillos de Galicia ao enderezo que che daremos se nos escribes a fillos@fillos.org .
    • Agora tamén podes facernos chegar o teu doativo con cargo á túa tarxeta de crédito, aquí che contamos cómo.
    • Se tes un sitio web onde poidas poñer un link ao noso, podes poñer os seguintes códigos nunha das túas páxinas que farán aparecer a imaxe que teñen a carón:
    • Se vives cerca dalgún Centro Galego ou Casa de Galicia ou calquera outro lugar de xuntanza de emigrantes galegos podes descargar, imprimir e ir colocar neses locais estes carteis nosos:
    Fai click para descargar o arquivo Fai click para descargar o 

arquivo

    Fai click para descargar o 

arquivo

    (Deseño: Arístides Melicchio)

    (RTF, 170 KB) (MS Word, 102 KB) (RTF, 338 KB)

      

Todas as aportacións económicas a Asociación comprométese a reinvertilas en Fillos de Galicia, por exemplo contratando publicidade (para que nos coñezan outros posibles galegos de Europa ou América ou os galegos de Galicia que aínda non saben que poden encontrarse aquí cos seus parentes de lonxe), ou contratando novas prestacións para o web (deseño, programación, espacio, contidos, etc.), sempre dunha forma trasparente rendindo contas a quen colabore connosco.

Contamos convosco para que este proxecto non morra e sexa un exemplo máis de que Internet pode servir á xente e non soamente ás empresas. Esperamos os vosos comentarios e suxerencias en fillos@fillos.org.

 

Condicións de uso e outros avisos legais
Os artigos e comentarios publicados en Fillos.org son responsabilidade dos seus respectivos autores e os editores non teñen por qué os compartir necesariamente.
Todo o resto é © (1997...hoxe) da Asociación Cultural Fillos de Galicia
Web feito en PostNuke software libre publicado baixo a licencia GNU/GPL.
Anúnciate en Fillos.org RSS Anúnciate en Fillos.org
[ Fillos.org está dispoñible en galego + en castellano + in English ]

Portal anovado en 2006 (Fillos 3.0) co apoio da Secretaría Xeral de Emigración
Xunta de Galicia
Versión en galego subvencionada en 2004 pola Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria - Dirección Xeral de Política Lingüística.
Xunta de Galicia