| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Categoría: Principal -> Asociación Cultural Fillos de Galicia
| Resposta | |
| · Que diferencia hai entre ser "membro" de Fillos e ser "socio"? Os socios de Fillos de Galicia, sono da Asociación Cultural Fillos de Galicia, que se creou para dar soporte e Os membros de Fillos de Galicia, sono da Comunidade Virtual Fillos de Galicia, a cal é gratuita. Ser membro dá dereito a certos privilexios con respecto aos simples visitantes das páxinas de Fillos: acceso a contidos exclusivos, participar no Taboleiro, facer consultas legais gratuitas, participar nas Xuntanzas, ter descontos nos productos que se venden no web de Fillos, etc. Algúns membros son socios tamén, pero son figuras totalmente independentes. De feito tamén vos hai socios que non son membros. | |
| · Que dereitos e deberes teñen os socios? Dereitos: Para máis información consulta os nosos estatutos (doc. RTF). | |
| · Onde van os cartos das cotas que pagan os socios? Os cartos das cotas, así como calquera ingreso percibido pola Asociación van ás conta que esta ten en Caixa Galicia e mais en CaixaNova. Con ese diñeiro páganse os gastos do servidor de Internet, da conexións, aos colaboradores que nos fan traballos... e outros gastos diversos que son presentados aos socios cada ano nas Asembleas Xerais de Socios. Top | |
| · Cando son as Asembleas e como participan nelas os socios? As Asembleas Xerais de Socios celébranse cada ano. Ademais hai ocasións nas que a Xunta Directiva convoca Asembleas Extraordinarias para tratar algúns temas de especial trascendencia. Podes consultar a historia e ler as actas das diversas Asembleas celebradas na sección exclusiva para socios. A próxima Asemblea Xeral hase celebrar en Marzo de 2005. A participación faise por medio de Internet, xa que temos socios en moi diversas partes do mundo e sería moi complicado podernos xuntar todos fisicamente. As votacións, debates e presentación de documentos fanse por medio dunha lista de correo privada e da sección para socios do web. Top | |
| · Onde podo consultar os Estatutos da Asociación? Os nosos Estatutos están libremente a disposición do público en formato RTF (que podes ler co teu procesador de textos) na nosa zona de descargas. Top | |
| · Como accedo ao meu correo electrónico en DEGALICIA.ORG? Como non todos os socios usan a conta de correo que regala a Asociación a todos os seus socios, para activala é necesario enviar unha mensaxe -unha vez que te convertiras en socio- a fillos@fillos.org solicitando a mesma. Trataremos de che dar o mesmo nome de usuario que tes como socio e a mesma clave para a túa comodidade. Unha vez que o teñas, poderás acceder a el desde www.degalicia.org. Top | |
| · O meu nome e clave de membro serve como nome e clave de socio? O nome e a clave de membro e as de socio son, en principio, distintas. Serven para cousas diferentes e dan acceso a partes distintas do web de Fillos. De todos xeitos, para facilitar as cousas podes solicitar o mesmo nome de socio cao que usas como membro (no caso de que sexas tamén membro), e a mesma clave, aínda que por exemplo para acceder á conta de correo existen restriccións ao tipo de clave que non existen para a clave de membro e que poden facer que teñas que elexir unha distinta cá que tes como membro. Top | |
| · Onde está registrada la Asociación Fillos de Galicia? A Asociación Cultural Fillos de Galicia está inscrita no Rexistro Central de Asociacións da Consellería de Xustiza, Interior y Relacións Laborais da Xunta de Galicia co número 505/00 e no Rexistro Nacional de Asociacións | |
| · Hola!!bos dias ...onte falando con unos amigos en vancouver y n. york...por chat les conte de fillos....pero dicen que no pueden entrar na paxina...Como puedo hacer para recomendar na pax a mis amigos???'hay alguna forma a traves de algun lik??? Gracias HAY QUE LLEGAR A LOS 4000..YA CASI LLEGAMOS ! BICOS A TODOS!!! Si, tes un link para iso que se chama Corre a voz na sección A Eira. Grazas a ti polos ánimos e por correr a voz :-) Top | |
| · Como me fago socio? É moi sinxelo. Primeiro tes que conectarte como membro co teu nome de usuario/a e contrasinal. Despois vas para A Eira -> Faite socio e alí verás as instrucións. Se tes calquera dúbida escríbenos a xestor ARROBA fillos PUNTO org. Top | |
| · Que razóns levan aos membros de Fillos a se convertiren en socios? As motivacións poden ser diferentes, pero todos os socios compartimos o noso apoio e compromiso co labor que desenrola a Asociación, principalmente as actividades do portal Fillos.org. Podes ler de boca dos propios socios cales son as razóns que os levaron a dar o paso de se faceren socios. Top | |
| · deseo hacerme socio. Pero quiero hacerles una pregunta aunque parezca trivial. Porque tanta diferencia en la cuota si, por ejemplo, en Brasil además de ser 10 euros más barata que en nuestro país, el euro en relación con el real está más abajo que en Argentina? Gracias por tu interés. Y no, no es trivial. | |










