
Fillos de Galicia quere axudar a paliar as terribles consecuencias da marea negra provocada polo afundimento do petroleiro Prestige diante das costas galegas (para máis información visita A Morte Da Costa). Para iso, para que poidamos botar unha man os que estamos lonxe, na emigración, aos que están loitando a pe de praia contra esta catástrofe ecolóxica, estamos recollendo achegas económicas que faremos chegar á Comisión de Cofrarías afectadas (que agrupa a 32 cofrarías, máis de 8.000 pescadores e marisqueiros, principalmente de A Coruña, a provincia máis afectada). É tan doado como encher este formulario:
Se tes calquera dúbida sobre cómo facer a doazón escribe
a doazons@fillos.org
.
¡Gracias por contribuir a loitar pola recuperación
da costa galega!