o Concello a Praza o Mercado a Escola a Eira o Porto
Idioma

Conectados
 Benvido/a, visitante
Únete á nosa Comunidade Virtual



O rexistro eche gratuito e permitirache accederes a todas as seccións do portal (agás algunhas reservadas aos socios)

 Rexístrate como membro
 Login:
Usuario/a:


Contrasinal:


Lémbrame

Membros:
Último: Novos hoxe:0
Último: Novos onte:1
Último: Total:6192
Último: Socios:52
Último: Voluntarios:42
Último: Último: Yenisbel
Membros: Conectados:
Membros: Membros:1
Visitantes: Visitantes:46
Total: Total:47
 Agora conectados
Portugal FRIDAMARGA 
Últimas fotos
Enviado por: Admin o 7/11/06 - 13:57
Tema: fillosdegalicia       (51639 lectores)
A partir de hoxe entran en vigor o noso novo aviso legal incluindo as nosas novas normas para os membros, aprobadas unanimemente polos socios da Asociación Cultural Fillos de Galicia. Se non estás de acordo con elas, debes solicitar a túa baixa como membro enviando unha mensaxe a fillos@fillos.org


1. Responsabilidade do web

www.fillos.org é un web (ou portal) responsabilidade da Asociación Cultural Fillos de Galicia (no que segue citada como A.C.F.D.G.), rexistrada co nº 505/00 no Rexistro Central de Asociacións da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Xunta de Galicia e mais co nº 568589 no Rexistro Nacional de Asociacións do Ministerio do Interior español, e recoñecida como Centro Colaborador da Secretaría de Emigración da Xunta de Galicia.

Neste web ten base a chamada Comunidade Virtual de Fillos de Galicia (citada no que segue como C.V.F.D.G.), mediante a cal a A.C.F.D.G. fornece servizos diversos e contidos a usuarios que se rexistran nel (denominados membros da Comunidade), ademais de a visitantes non rexistrados e aos seus propios socios da A.C.F.D.G.

Enténdese que visitantes, membros e socios teñen acceso a servizos e contidos que non coinciden na súa totalidade, estando algúns reservados para cada grupo.

2. Privacidade e protección de datos persoais

A A.C.F.D.G. comprométese a non divulgar os datos das persoas rexistradas por medio do seu web e a os usar exclusivamente para os fins que as ditas persoas solicitaran. Segundo o tipo de usuario, eses usos inclúen, entre outros que se poidan ofrecer expresamente na Comunidade Virtual ou nos seus webs derivados:

  • Envío de información sobre as novidades da Comunidade Virtual de Fillos de Galicia.
  • Envío periódico de refráns galegos.
  • Envío de mensaxes da lista de discusión FILLOS-L.
  • Localización e posta en contacto con parentes por medio de O Atopadoiro.
  • Comunicación con membros da Comunidade Virtual de Fillos de Galicia.
  • Comunicación con socios da A.C.F.D.G.
  • Aviso de premios e regalos.
  • Envío de produtos e/ou servizos adquiridos na súa tenda on-line. Comunicación de ofertas e novidades comerciais a clientes xa inscritos.
  • Envío doutras informacións de interese relacionadas con Galicia e/ou cos galegos do mundo.

Segundo o disposto na Lei española de Protección de Datos de Carácter Persoal (LOPD), informamos de que os datos persoais recollidos por nós son rexistrados en bases de datos, que a existencia destas e as súas características foron comunicadas á Axencia de Protección de Datos do Goberno Español. Tamén informamos de que calquera persoa rexistrada nesas bases de datos ten dereito a acceder aos seus contidos para consultar, modificar ou cancelar os seus datos. Para exercitar os seus dereitos deberá enviar unha mensaxe solicitándoo á protecciondatos@fillos.org.

Advertimos de que as mensaxes publicadas polos membros no portal (Taboleiro, chat, etc.) non son datos de carácter persoal, e se no contido dalgunha desas mensaxes eles publican voluntariamente algún dato dese tipo a A.C.F.D.G. non se fai responsable do seu tratamento. Recomendamos polo tanto encarecidamente aos membros que non poñan ao público en ningún lugar do portal datos persoais deles nin de terceiros.

3. Cookies

Fillos.org e outros webs responsabilidade da A.C.F.D.G. utilizan cookies na medida en que son imprescindibles para un óptimo funcionamento e visualización dos contidos dinámicos dos mesmos por parte dos usuarios.

As cookies utilizadas nos nosos webs teñen, en todo caso, carácter temporal e desaparecen ao terminar a sesión de usuario. En ningún caso se utilizarán as cookies para recoller información de carácter persoal.

4. Comercio electrónico

En cumprimento do esixido pola Lei española de Servicios da Sociedade da Información e do Comercio Electrónico (LSSICE), informamos de que os datos da entidade responsable do web www.fillos.org son os seguintes:

Asociación Cultural Fillos de Galicia
C/ Sociedad Santa Águeda, 10 - 1º A
48901 Barakaldo
España
NIF: G15761620
Tel.: (+34) 881972208


Condicións de ingreso, uso e permanencia na Comunidade Virtual como usuario/a

1. Limiar

A inscrición como membro da Comunidade Virtual Fillos de Galicia (equivalente a usuario rexistrado no portal Fillos.org) implica a aceptación expresa das condicións incluidas neste documento.

Ao solicitar a túa alta como membro da C.V.F.D.G., enténdese que aceptas as seguintes condicións:

2. Copyright

O dereito de reproducción dos contidos do web www.fillos.org pertence aos seus autores. Se pensa que algún deses contidos pode vulnerar algún dereito que vostede teña sobre el, pregámoslle nolo comunique a copyright@fillos.org.

A participación nas listas de correo, taboleiros de mensaxes, chats e outro sistemas de comunicación e publicación dinámica de contidos abertos aos visitantes, membros e socios de Fillos de Galicia implica a cesión por parte do autor dos dereitos de reproducción dos textos enviados a os devanditos sistemas de comunicación: esta licencia será libre de royalties, a perpetuidade e irrevocable. Dará dereito á A.C.F.D.G. a utilizar, reproducir, modificar, publicar, traducir, distribuir, realizar e amosar eses contidos ou comunicacións, ben sexa soas ou como aparte doutras obras, en calquera formato, media ou tecnoloxía, así como a sublicenciar eses dereitos.

Así mesmo, e sobre eses mesmos contidos, os autores céndenlles aos demais membros os dereitos a lelos, almacenalos e reproducilos para o seu uso persoal exclusivamente.

Isto quere dicir, por exemplo, que A.C.F.D.G. resérvase o dereito de reproducir os textos enviados á lista FILLOS-L ou ao Taboleiro de mensaxes. Se algún dos participantes non quixer ceder os dereitos de reproducción debe facelo constar expresamente no texto enviado.

Todos os elementos que forman o web, así como a estrutura, deseño e código da misma, son titularidade da A.C.F.D.G. e están protexidos pola normativa de propiedade intelectual e industrial. Isto enténdese sen perjuizo da plena titularidade que ostentan as entidades colaboradoras e anunciantes sobre os seus propios logotipos e marcas, e sen menoscabo das características do software copyleft utilizado, indicadas nos lugares axeitados do web.

Non se poderán realizar actos de reprodución, modificación, distribución ou comunicación pública do web nin de algún dos seus elementos sen o previo consentemento por escrito da A.C.F.D.G.

Os membros comprométense a non publicar nin reproducir dentro da C.V.F.D.G.:

  1. contidos protexidos por dereitos de autor, agás daqueles dos que teñan permiso expreso dos posuidores do copyright,
  2. a non revelar secredos comerciais,
  3. a publicar material obsceno, difamatorio, amenazador, abusivo, insultante, que promova o odio, o racismo, a intolerancia, ou que poida resultar molesto a outros membros (nomeadamente aos socios da A.C.F.D.G.) ou a calquera outra persoa ou entidade,
  4. a non enviar imaxes sexualmente explícitas nin notoriamente desagradables,
  5. a non enviar mensaxes comerciais (agás nos apartados onde expresamente se permitan),
  6. a non enviar mensaxes en cadea ou de esquemas piramidais
  7. e a non enviar mensaxes que rachen o normal fluxo dos diálogos, ou que non estean relacionados cos temas que se traten en cada fío (agás nas seccións que non teñan un tema definido).

Os membros non deberán finxir ser outra persoa.

3. Normas da lista FILLOS-L

A lista de distribución de correo denominada FILLOS-L (ou Rolda) dispón das súas propias normas como lista moderada. Os membros que desexen subscribirse a ela, deben saber que é opcional e deben coñecer e respectar as devanditas normas, publicadas no portal.

4. Non falsidade dos datos

Todos os datos aportados ao completar o formulario de alta como membro deben ser certos. A súa falsidade será razón para a baixa permanente como membro da C.V.F.D.G.

Unha mesma persoa non pode pertencer á C.V.F.D.G. con máis dun nome de membro, nin poderá se incribir cun nome de membro distinto se foi expulsado da mesma. Unicamente estarán autorizados a dispoñer de 2 nomes de membro os responsables do portal ou cargos da A.C.F.D.G., un dos cales poderá ser usado como tal responsable e o outro para participar a nivel particular na C.V.F.D.G.

O membro comprométese a manter actualizados, completos e correctos os datos fornecidos no seu rexistro, por medio do acceso ao seu propio perfil no portal.

O membro entende que rexistrándose en Fillos.org está a se rexistrar paralelamente na tenda online ubicada dentro dese mesmo dominio. Por cuestións técnicas os datos iniciais cos que se rexistra son pasados automaticamente á tenda online, pero non así as modificacións, polo cal debe ter especial coidado en manter os seus datos actualizados tamén na mesma, nomeadamente os datos de contacto (enderezo para o envío dos seus pedidos, teléfono e e-mail).

5. Usos permitidos

Os membro do portal unicamente poderán realizar un uso privado e persoal dos contidos do mesmo. Está absolutamente prohibido, o uso do portal o de calquera dos seus elementos, servizos ou contidos con fins comerciais non autorizados pola A.C.F.D.G. ou ilícitos. Ningún membro polo tanto poderá revender ou comerciar cos contidos e servizos da C.V.F.D.G.

A A.C.F.D.G. non asumirá ningunha responsabilidade derivada do uso por parte dos membros ou de terceiros do contido do portal y poderá exercitar todas as accións civiles ou penáis que lle correspondan no caso de infracción destes dereitos por parte dun membro.

6. Causas de expulsión

Calquera incumprimento de calquera das normas aquí especificadas, así como de calquera normativa legal de aplicación xeral (segundo a lexislación española) implicará a expulsión do membro.

Ademais, o repetido incumprimento das normas da lista FILLOS-L, en especial aquelas que fan mención á prohibición dos insultos, será tamén razón para a baixa permanente como membro da Comunidade Virtual.

O envío repetido a calquera das seccións de Fillos.org (Taboleiro, chat, listas de correo, etc.) de mensaxes pouco respetuosas ou insultantes contra outros membros será tamén motivo para a expulsión.

Calquera outra actuación grave contra os obxectivos, principios, imaxe ou intereses da C.V.F.D.G., da A.C.F.D.G. ou de calquera dos seus cargos oficiais ou funcionais (responsables) cometida tanto dentro de www.fillos.org como fóra, poderá ser tamén razón para a expulsión.

O envío de correo electrónico a outros membros contendo:

  • virus
  • spam
  • pornografía non solicitada
  • amenazas, insultos, calumnias ou difamacións

será tamén motivo de expulsión do membro implicado, aínda que se faga por fóra da C.V.F.D.G.

7. Procedemento de expulsión

O procedemento para a baixa permanente ou expulsión dun membro da Comunidade Virtual será como sigue:

  1. O moderador de FILLOS-L, o xestor do portal ou calquera outro responsable de Fillos de Galicia denunciará o caso no apartado denominado "Caixa das Queixas" dentro do Taboleiro, informado dos cargos dos que se lle acusa (motivos para a expulsión) e avisará ao membro afectado. Se un membro quere iniciar o proceso de expulsión doutro, deberá solicitalo ao xestor de Fillos, que estudará se as probas ou indicios presentados contra o membro acusado son suficientes para dar comezo ao procedemento.
  2. Darase un prazo de 7 días naturais para que se poida defender das acusacións no devandito foro, e para que outros membros dean a súa opinión a favor ou en contra.
  3. Se as explicacións en defensa do membro non son admitidas polos responsables de Fillos de Galicia, será expulsado con carácter irrevocable e se prohibirá o seu reingreso indefinidamente. Quen tomará a decisión final será a Xunta Directiva da Asociación Cultural Fillos de Galicia. Fica para a súa consideración a posibilidade dunha expulsión temporal en troques da permanente, se o consideran axeitado ao caso.
  4. O prazo de 7 días para a defensa poderá ser omitido e a expulsión realizada sen posibilidade de recurso en casos nos que os socios da A.C.F.D.G. consideren mediante votación urxente que se está a atentar gravemente conta os intereses da mesma, a súa imaxe ou a dalgún dos seus socios ou colaboradores. Neste caso a expulsión non a decidirá a Xunta Directiva senón todos os socios, mediante votación por maioría simple realizada na lista de correo interna da Asociación.

En derradeira instancia, a A.C.F.D.G. resérvase o dereito, se así o considera axeitado, a dar por terminada a permanencia dun membro, así como os dereitos asociados a esa membresía, ou a restrinxirlle a dispoñibilidade aos mesmos ou a interromper os servizos en calquera momento, sen causa concreta e sen obrigación nin responsabilidade cara a ese membro.

8. Modificacións

Coa fin de mellorar as prestacións do portal, a A.C.F.D.G. resérvase o dereito, en calquera momento e sen previa notificación aos membros, a modificar, ampliar ou suspender temporalmente a presentación, configuración, especificacións técnicas ou servizos do portal, de forma unilateral.

Igualmente resérvase o dereito de modificar en calquiera momento as presentes condicións de uso así como calquera outras condicións particulares.

É responsabilidade do membro visitar con frecuencia o portal para revisar os posibles cambios tanto no portal na súa totalidade, como nestas condicións legais concretamente.

Puntualmente a A.C.F.D.G. poderá:

  1. Trocar as especificacións ou características técnicas do servizo.
  2. Suspender os servizos temporalmente por razóns operativas, como mantemento técnico ou mellora dos servizos ou por calquera emerxencia.
  3. Trocar os dereitos de acceso aos contidos e servizos accesibles para os membros.

9. Responsabilidades

A A.C.F.D.G. non se responsabiliza dos eventuales erros tipográficos, formais ou numéricos que poida conter o portal, nin da exactitude da información contida nel. Tampouco garantiza que o servizo se forneza de forma ininterrumpida, libre de erros, libre de virus, de forma segura, precisa, fiable ou de calidade. Tampouco asegura que os contenidos ofrecidos para descargar sexan seguros de ningunha maneira.

O membro entende e acepta que nin a A.C.F.D.G. nin ningún participante no servizo ofrecido por este web ofrece consello profesional de ningún tipo (a non ser que expresamente se indique o contrario) e que a utilización de calquera consello ou outro tipo de información contida ou obtida polo usuario neste web, se fornece baixo a única responsabilidade do membro e que a A.C.F.D.G. non será responsable en ningún caso.

O membro entende e acepta que o uso deste web así como os contidos fornecidos se ofrecen para ser usados baixo a propia responsabilidade do membro. A A.C.F.D.G. expresamente rexeita fornecer ningún tipo de garantías ao respecto.

A A.C.F.D.G. non se fai responsable de ningún daño directo, indirecto, incluindo pérdidas de beneficios ou de datos que resulte do uso ou da imposibilidade de uso do servizo, do acceso non autorizado ou da alteración de datos trasmitidos, actuacións de terceiras partes que usen o servizo nin de ningún outro asunto relacionado co el servizo.

O membro é responsable das súas comunicacións públicas e con outros membros, así como das consecuencias que poidan derivarse desas comunicacións e publicacións.

A A.C.F.D.G. non comparte necesariamente (nin se fai responsable de) as opinións expresadas polos autores dos diversos textos contidos no seu web ou trasmitidos polas súas listas de correo. Tampouco non responsabilizamos da exactitude ou veracidade das comunicacións ou publicacións dos membros. Calquera visitante ou membro entende que confiar nas informacións publicadas por outros membros faise unicamente baixo a súa propia responsabilidade e que a A.C.F.D.G. non garantiza en absoluto a súa validez, exactitud ou legalidade.

A A.C.F.D.G. non filtra de forma previa os contidos da C.V.F.D.G. agás algúns moi concretos (lista FILLOS-L, contidos publicados como artigos e outros do portal) e entende que as mensaxes do Taboleiro, mensaxes enviados ao chat (batepapo) e outros poden non estar revisados previamente por ningún moderador nin administrador.

No caso de que algún membro queira comunicar aos responsables da xestión do portal (por medio do correo fillos@fillos.org ou calquera outro medio publicitado) de que algún contido publicado na parte non moderada da C.V.F.D.G. non cumpre coas condicións aquí expresadas, estes responsables levarán a cabo unha investigación para determinar de boa fe e discrecionalmente se compre eliminar ou modificar esa comunicación. A A.C.F.D.G. non será responsable pola realización desas accións correctoras ou pola súa non realización.

A A.C.F.D.G. resérvase o dereito a eliminar calquera contido ou comunicación presente no portal que considere abusiva, ilegal, difamatoria, calumniosa, contraria ás normas xeralmente aceptadas en Internet (netiqueta) ou unha provocación.

O membro acepta que a A.C.F.D.G. poderá estabelecer prácticas e límites xerais relativos ao uso de determinados servizos, incluindo por exemplo o número máximo de días que as mensaxes de correo, do Taboleiro ou calquera outro material será retido polo sistema, o número máximo de mensaxes de correo que poida enviar ou recibir o membro, o tamaño máximo das mensaxes, o espazo máximo de disco dispoñible para o membro, o número máximo de veces que se poida acceder aos servizos nun periodo determinado de tempo, etc.

A A.C.F.D.G. non será responsable polo borrado ou perda de calquera mensaxe de correo, do sistema de mensaxería interna ou do Taboleiro ou de calquera outro contido enviado por (ou a) o membro por medio do portal ou servizos anexos á C.V.F.D.G. O membro acepta que a A.C.F.D.G. se reserve o dereito a borrar contas de acceso que estean inactivas durante periodos extensos de tempo, así como a modificar calquera destas prácticas e límites en calquera momento, a discreción, con ou sen aviso.

10. Ligazóns

O web Fillos.org contén ligazóns a diversos contidos de interese para os nosos membros, creados por terceiros. A A.C.F.D.G. limítase a fornecer ligazóns aos devanditos contidos e non é responsable en ningún caso dos mesmos, nin do seu axeitamento, nin das informacións ou servizos que puidesen aparecer nos webs ligados, e inclúeos exclusivamente con carácter informativo e en ningún caso implican relación algunha entre a A.C.F.D.G. e as persoas ou entidades titulares deses contidos ou propietarios dos webs onde se atopan.

11. Servizos de terceiros

Os bens e servizos de terceiros que poidan aparecer anunciados ou promocionados ou que se fagan dispoñibles en (ou por medio de) este web, estarán rexidos polas políticas e condicións estabelecidas por esas terceiras partes. A A.C.F.D.G. non se fai responsable en ningunha medida dos tratos ou interaccións do membro da C.V.F.D.G. con esas terceiras partes.

12. Privacidade de contrasinais

A A.C.F.D.G. non se fai responsable dos posibles perxuizos que poida ocasionar aos membros que se rexistren na C.V.F.D.G. a perda ou sustracción das súas contrasinais de acceso. Informa aos membros de que esas contrasinais se almacenan encriptadas no portal e que tan só o membro pode acceder a elas, sendo responsabilidade do membro mantelas en segredo. O membro será responsable de toda utilización que se faga da súa conta neste web e da súa contrasinal, sexa esta utilización autorizada ou non polo membro. O membro obrígase a comunicar de forma imediata a fillos@fillos.org calquera uso non autorizado do seu nome de membro, conta ou contrasinal.

13. Indemnizacións

O membro acepta indeminizar á A.C.F.D.G. así como a os seus subsidiarios, axentes, empregados, contratistas, anunciantes, colaboradores ou patrocinadores, por calquera reclamación ou demanda que poida ser interposta por terceiros a causa da conducta do membro no portal ou na C.V.F.D.G., dos contidos enviados ao mesmo polo membro, da súa violación destas condicións de uso ou calquera outra violación dos dereitos douotra persoa ou entidade.

14. Menores de idade

Se es menor de idade e queres rexistrarte en Fillos.org, pídelle permiso a algún dos teus pais e realiza a inscrición acompañado/a del ou dela. Deixa que te aconselle sobre o nome de membro que elexires e dille a contrasinal que vas utilizar. É pola túa seguridade.

15. Correo electrónico

Os membros aos que se lles forneza unha conta de correo dentro dalgún dos dominios resposabilidade da A.C.F.D.G. (p.ex. DeGalicia.org) entenden que o seu uso e desfrute está condicionado á permanencia coma membros e que non hai ningún compromiso de continuar fornecéndollelo se abandonan ou son expulsados da C.V.F.D.G.

16. Voluntariado

Os membros que sexan aceptados pola A.C.F.D.G. como voluntarios, terán determinados privilexios de acceso no portal e deberán cumprir con certas normas particulares expresadas na sección privada a eles destinada.

 

Condicións de uso e outros avisos legais
Os artigos e comentarios publicados en Fillos.org son responsabilidade dos seus respectivos autores e os editores non teñen por qué os compartir necesariamente.
Todo o resto é © (1997...hoxe) da Asociación Cultural Fillos de Galicia
Web feito en PostNuke software libre publicado baixo a licencia GNU/GPL.
Anúnciate en Fillos.org RSS Anúnciate en Fillos.org
[ Fillos.org está dispoñible en galego + en castellano + in English ]

Portal anovado en 2006 (Fillos 3.0) co apoio da Secretaría Xeral de Emigración
Xunta de Galicia
Versión en galego subvencionada en 2004 pola Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria - Dirección Xeral de Política Lingüística.
Xunta de Galicia