Redactor/a:  Contrasinal:    
 Parcelaria Virtual

Novas da Parcelaria
Vai coñecela!
 Maiores parcelistas
Proxecto Patrimonio Ribeira Sacra (15 parcelas x 10 anos)

Rectoral de Anllo (3 parcelas x 10 anos)
 Últimos parcelistas
19/11/2007: Alejandro López - O Bufete

14/11/2007: D3

13/11/2007: Treixadura
 Menú principal
 Nube de temas
 A tenda de Fillos
Produtos galegos na tenda de Fillos.org
 Quen está agora conectado
Temos 16 usuarios non conectados e 0 usuarios rexistrados conectado.

Es un usuario anónimo. Podes rexistrarte gratuitamente ou entrar na túa conta premendo aquí
 Idiomas - Languages
Selecione o idioma da interfaz:

 Publicidade
spacer.gif  
Galicia Emigrante
A difusión do Manifesto de Fillos de Galicia
Enviado por: ANosaVoz o Sábado, Outubro 27, 2001 - 11:23




  spacer.gif
 
http://www.rectoraldeanllo.com/

Casdeiro, responsable de Fillos de Galicia, analiza os resultados obtidos con este importante documento político promovido pola nosa comunidade virtual.

O Manifesto que elaboramos de cara á súa presentación aos candidatos das eleccións en Galicia, en Outubro de 2001, reclamando os nosos dereitos como descendentes dos emigrantes galegos, tivo os seguintes resultados:

  • Foi entregado ao candidato do BNG (X.M. Beiras), ao candidato do PSdeG (E. Pérez Toruiño) e a un representante do PPdeG (X. Palmou) que nos asegurou que chegou ás mans do que á postre había resultar reelexido presidente da Xunta: Manuel Fraga.

  • Na entrega ao PP démonos a coñecer a quen tras as eleccións foi nomeado Secretario Xeral para a Relación coas Comunidades Galegas do Exterior: Aurelio Miras Portugal.

  • Tamén foi entregado a outras personalidades políticas galegas como: J.M. Castelao Bragaña, presidente do Consejo General de la Emigración; a diputada do PSdeG M. Soneira, membro da comision especial sobre emigración do Parlamento Galego, quen ademais expresou publicamente aos medios de prensa en Arxentina a gran concordancia do Manifesto co programa do PSdeG para a emigración, e que o tiña asinado por Internet; o diputado do BNG Carlos Aymerich, integrante da comisión sobre emigración do Parlamento Galego, con quen houbo un extenso diálogo.

  • Houbo un encontro co anterior Secretario Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas do Exterior, Fernando Amarelo de Castro, do PP, quen tras as eleccións é diputado por A Coruña, e que manifestou publicamente o seu desexo de ser el o Defensor dos Emigrantes (figura proposta no noso Manifesto). Ademais nas súa intervención pública en Buenos Aires, salientou a importancia que no futuro inmediato ten Internet.

  • Polo tanto conseguimos que os principais líderes políticos galegos escoitasen as nosas demandas (ademáis das persoas que ocuparon e van ocupar o principal cargo da Xunta en relación cos emigrantes).

  • O PP expresou publicamente antes da celebración das eleccións que había cumprir dalgunha forma as nosas reclamacións:
    "Neste documento existen peticions que están exactamente na mesma liña que algunhas das propostas que o PP presenta no seu programa para a Galicia Exterior. Cónstame que Don Manuel Fraga leu este documento con todo detemento e que terá resposta, non só por Internet, despois do 21 de outubro, senón tamén a través de accións concretas de governo, precisamente de cara a emigración da área da Plata." (X. Palmou)
  • Recibimos 455 apoios a través de Internet (durante os meses de Agosto, Setembro e Outubro de 2001). 1437 persoas accederon ás páxinas onde publicamos o Manifesto e onde podían expresar o seu apoio (905 en castelán e 532 en galego).

  • Recolléronse tamén un número aínda por computar de sinaturas fóra da Rede, concretamente en Arxentina.

Debemos agradecer especialmente a Alberto Velo Bares, Juan Carlos Iniesta, as persoas que participaron desde a lista FILLOS-L na redacción e difusión do Manifesto, e por suposto aos que asinaron as demandas que contiña, por teren contribuido a acadar estes obxectivos tan importantes no camiño cara ao recoñecemento dos nosos dereitos.





 
spacer.gif
spacer.gif spacer.gif spacer.gif spacer.gif
A difusión do Manifesto de Fillos de Galicia | Entrar/Criar unha conta | 0 Comentarios
Os comentarios son de propriedade do autor. Nós non nos responsabilizamos polo seu contido.


modules.php?op=modload&name=News&file=article&sid=162

Os artigos e comentarios publicados en PlanetaGalego son responsabilidade dos seus respectivos autores e os editores non teñen por qué os compartir necesariamente. Todo o resto é © 2003...2007 da Asociación Cultural Fillos de Galicia. Imaxe gráfica: Martiño Picallo.
Web feito en PostNuke software libre publicado baixo a licencia GNU/GPL.
RSS
[ Planeta Galego está dispoñible en galego + em português + en castellano + in English ]
Versión en galego subvencionada pola Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria - Dirección Xeral de Política Lingüística.
Xunta de Galicia