Redactor/a:  Contrasinal:    
 Parcelaria Virtual

Novas da Parcelaria
Vai coñecela!
 Maiores parcelistas
Proxecto Patrimonio Ribeira Sacra (15 parcelas x 10 anos)

Rectoral de Anllo (3 parcelas x 10 anos)
 Últimos parcelistas
19/11/2007: Alejandro López - O Bufete

14/11/2007: D3

13/11/2007: Treixadura
 Menú principal
 Nube de temas
 A tenda de Fillos
Produtos galegos na tenda de Fillos.org
 Quen está agora conectado
Temos 22 usuarios non conectados e 0 usuarios rexistrados conectado.

Es un usuario anónimo. Podes rexistrarte gratuitamente ou entrar na túa conta premendo aquí
 Idiomas - Languages
Selecione o idioma da interfaz:

 Publicidade
spacer.gif  
Galicia Emigrante
Manifesto de Fillos de Galicia ante as eleccións ao Parlamento Autonómico
Enviado por: ANosaVoz o Domingo, Agosto 26, 2001 - 09:41




  spacer.gif
 
http://www.patrimonio-ribeirasacra.info/

Manifesto de Fillos de Galicia ante as eleccións ao Parlamento Autonómico de Galicia en Outubro de 2001. Os membros da lista FILLOS-L elaboran un documento en demanda dos dereitos dos emigrantes e os seus descendentes.
O presente manifesto foi entregado aos principais candidatos ás devanditas eleccións e
apoiado por diversas sinaturas on-line e off-line.

PREÁMBULO:

CONSIDERANDO:

Que as migracións son feitos históricos e quen emigran, xeralmente o fan baixo condicións de forza maior ou ante a indiferencia e incluso complacencia das autoridades de vez, e que quen así o fixeron co seu esforzo e renuncia, permitiron que se puideran repartir entre menos persoas os escasos recursos existentes no país que deixaron. Que gracias aos envíos de diñeiro e mais aos sacrificios habidos no exilio, creáronse en Galicia escolas, periódicos e hospitais, dos que son testemuño vixente as numerosas rúas, paseos ou prazas que levan os nomes de xenerosos emigrantes galegos.

Que a emigración do pobo galego, non escapou ás características indesexables que forzaron aos desprazamentos masivos de familias enteiras, expulsadas por fame, persecución das ideas, motivos políticos ou simplemente por fuxir das loitas fratricidas.

Que foi no devandito contexto histórico onde os fillos de Galicia, partiron cara a todos os recunchos do planeta e como galegos errantes, levaron con eles as súas costumes, tradicións, lingua, música, gastronomía e mais a súa idiosincrasia, pero tamén as súas secuelas históricas marcadas pola escasa instrucción e o analfabetismo, o que permitiu en numerosos casos que exerceran sobre eles o desquite político alén das fronteiras de España.

Que sendo así a historia, necesitáronse varias xeracións para estiñar as feridas e que os seus descendentes coñecesen as obrigas e dereitos inherentes ao status civil e político do emigrante.

Que por ese motivo pechánronse moitas portas consulares á correcta información ou aplicando confusamente as disposicións legais coa fin de desalentar a obtención dos dereitos que os terían incorporado ao pleno gozo da súa condición de Cidadáns.

Que esta débeda histórica aínda se mantén pendente de compensación e forma parte da resposta solidaria que tanto a Constitución Española (Art. 2ª in fine) como o Estatuto de Autonomía para Galicia (Art. 1 inc. 2) proclaman enfaticamente e con carácter programático.

Que atendendo ás disposicións da Constitución Española e leis dictadas na súa consecuencia, o dereito ao recoñecemento da Nacionalidade, réxese polo "Ius Sangûinis" (Dereito á nacionalidade polo mero feito de ser fillo/a de español ou española), principio legal que afunde as súas raíces na historia do Dereito e que non requere de normas reglamentarias que a interpreten ou deformen, discriminando en función do sexo ou da idade de quen o ostenta naturalmente como dereito personalísimo e imprescriptible.

Que ningunha norma de rango inferior ás sinaladas, nin interpretación restrictiva do seu contido ontolóxico, pode conculcar os seus postulados ben sexa por subalternas razóns de Estado, como por adhesión a políticas supranacionais, sen alterar os principios e valores constitucionais como son o Dereito á Seguridade Xurídica (Sentencia do T.C. de 27/7/81 do 20 de Xullo- FJ 10ª), á Interdicción da arbitrariedade por parte dos Poderes Públicos e á irretroactividade de normas restrictivas de dereitos individuais (Conf. Art.9.3. C.E. e S.T.C 4/1981 de 2 de Febreiro e STC 4/1991;14/1991 e 109/1993)

Que sendo a Constitución de España de carácter normativo e pragmático (Art. 62.2 da Ley 30/1992 de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e Procedemento Administrativo Común), que recoñece a súa pertencia a un Estado Social e Democrático de Dereito e no mesmo sentido o Estatuto de Autonomía para Galicia, resulta un deber inesquivable dos candidatos a cargos electivos polo pobo de Galicia, comprometerse a defender, recuperar, obter e asegurar para os seus representados o petitorio que resumimos ao pe do presente Manifesto:

<hr width="300" noshade size="1">

PETITORIO :

ACCIÓNS LEGAIS DO ESTADO ESPAÑOL:

1) Que aboguen ante as Institucións do Estado Español a favor da irrestricta aplicación do principio "Ius Sanguinis" a todos os fillos e netos de galegos e galegas, terminándose dunha vez e para sempre cos trámites burocráticos que empecen o devandito obxectivo, por parte dos Consulados y Rexistros Civiles Españois, considerando a aplicación retroactiva da lei máis benigna para os casos "pre-constitucionais".
2) Que fagan todo o posible para eliminaren a cantidade de atrancos para o recoñecemento de títulos de estudio, ben sexan secundarios, terciarios ou de diversas incumbencias recoñecidas polo Estado Español, a fin de achanzar as mesmas e propender a unha rápida e efectiva homologación.
3) Peticionar ante as autoridades correspondentes do Estado Español, para que mediante o exercicio das súas atribucións constitucionais interveñan na solución do proceso migratorio dos descendentes de galegos, especialmente outorgando Carta de Natureza a quen, víctimas de circunstancias históricas ou viciadas as súas vontades por imposición das autoridades locais, tiveron que adoptar a cidadanía do país de acollida con pérdida formal ou aparente da española. (Art. 62 inc. f, C.E. e Art. 21.1 C.C.)

ACCIÓNS LEGAIS DO GOBERNO DE GALICIA:

1) Que se incorpore á vida política da Comunidade Autónoma de Galicia a un representante dos galegos no exterior que exerza funcións de representación como peza clave para a efectiva posta en práctica de todo o aquí solicitado. Representante que será elexido mediante o voto directo do colectivo galego no exterior, que podería denominarse "Defensor Do Emigrante", e que sexa incorporado como membro permanente da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas. (Art. 11.6 e 7ª .1 do Estatuto)
2) Que instrumenten un Plan Integral de Cooperación Solidaria para todos aqueles galegos e os seus descendentes que non queiran ou non poidan retornar, suplindo ou complementando os sistemas de Seguridade Social vixentes en cada país e brindándolles protección efectiva e gratuita á saúde. (Art. 27 Estatuto)
3) O compromiso serio de elevar ao rango de Consellería, dotándoa de recursos humanos -coñecedores da problemática da emigración- e económicos necesarios, ás actuais Secretarías que se ocupan das relacións coas Comunidades Galegas no Exterior. (Art. 55.4. Estatuto)
4) Outorgamento dun cupo mínimo de prazas para retornados que aspiren a ingresaren na Administración Pública Galega en similares condicións que as outorgadas aos discapacitados. (Art. 28.1 Estatuto)
5) Asistencia legal gratuita, que inclúa o correspondente patrocinio letrado, para que os descendentes de galegos, poidan interpor en tempo e forma, os recursos administrativos e legais ante quen corresponda, para obteren o recoñecemento da súa condición de españoise galegos.
6) Que se comprometan a desenrolar por completo as disposicións da lei 4/1983 de RECOÑECEMENTO DA GALEGUIDADE que consideramos non foron postas en práctica axeitadamente, y que se amplíe a aquelas organizacións que desenvolvan as súas actividades a través de Internet, con independencia do lugar físico en que estean asentadas e sempre que traballen a favor das fins reflectidas na devandita lei.


7) Democratización efectiva do Consello de Comunidades Galegas, incorporando polo menos un 50% de membros por elección directa entre os galegos residentes fóra de Galicia e os seus descendentes, debidamente censados, para o cal facilitaranse os medios necesarios para realizar a elección a nivel internacional (p.ex. mediante a utilización do voto electrónico vía Internet). Que también se incorpore ao devandito Consello, un representante de cada un dos partidos políticos con representación no Parlamento Galego.

ACCIÓNS LEGAIS COMÚNS A AMBOS:

1) Utilización de ferramentas de política tributaria para alentar ás empresas españolas (exencións ou bonificacións) ou galegas (idem) que ocupen man de obra local - para evitar a emigración interna - como ás que se achen localizadas fóra de España - que contraten retornados ou residentes nos seus lugares de orixe - aplicando a tal efecto os tratados internacionais para evitar a dobre imposición. (Art. 30.1 Estatuto)
2) Que instrumenten un Plan Integral de Retorno para os galegos emigrados e os seus descendentes que contemple axudas económicas para alugueiro de vivendas, pensións para os que se atopen na terceira idade, cursos de integración laboral e formación profesional, bolsas para estudio e axudas para asentamento e repoboación rural xa que a baixa natalidade actual e prevista para Galicia crea unha necesidade de inmigrantes que pode e debe ser coberta mediante o retorno dos galegos que emigraron e os seus descendentes. (Art. 2º C.E.; Art. 42 C.E. e Art. Art. 1.2. Estatuto)

ACCIÓNS CULTURAIS E ECONOMICAS:

1) Que potencien a creación de colexios, cursos e actividades de difusión da lingua e cultura galegas, aproveitando as institucións recoñecidas e as posibilidades que brinda Internet para quen non forman parte das mesmas. (Art. 7 da L.R.G.)
2) Asistencia efectiva aos galegos, fillos e netos que residen en países con menor presencia de emigrantes galegos, pero que teñen os mesmos dereitos que os residentes en lugares onde o voto político é obxecto de principal consideración.

<hr width="300" noshade size="1">

É por todo o exposto, que quen conformamos a comunidade virtual en Internet, "Fillos de Galicia" (www.fillos.org), espallados ao largo do mundo, así como todos os irmáns de sangue galego que simpatizan coa nosa causa e a apoian coas súas firmas e mensaxes de correo electrónico, presentamos este MANIFESTO co obxectivo explícito de reclamar aos candidatos ao Goberno da Xunta de Galicia, que se comprometan a impulsaren o petitorio para o caso de resultaren elexidos polo Pobo de Galicia.







 
spacer.gif
spacer.gif spacer.gif spacer.gif spacer.gif
Manifesto de Fillos de Galicia ante as eleccións ao Parlamento Autonómico | Entrar/Criar unha conta | 0 Comentarios
Os comentarios son de propriedade do autor. Nós non nos responsabilizamos polo seu contido.


http://www.novafantasia.com/

Os artigos e comentarios publicados en PlanetaGalego son responsabilidade dos seus respectivos autores e os editores non teñen por qué os compartir necesariamente. Todo o resto é © 2003...2007 da Asociación Cultural Fillos de Galicia. Imaxe gráfica: Martiño Picallo.
Web feito en PostNuke software libre publicado baixo a licencia GNU/GPL.
RSS
[ Planeta Galego está dispoñible en galego + em português + en castellano + in English ]
Versión en galego subvencionada pola Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria - Dirección Xeral de Política Lingüística.
Xunta de Galicia