Entries tagged with “xurelos”.


Xurelo confeitado

 

Ingredientes:                                                         

  • 4 lombos de xurelo
  • 4 dentes de allo
  • 2 allos porros, o branco
  • 1 ducia de tomates cereixa
  • Tomiño ou romeu fresco
  • Aceite de oliva e sal
  • 12 rebandas de pan

 

 

Descrición:

  1. En primeiras, branquexamos os lombos e para iso metémolos en auga fría con sal durante unhas dúas horas. (100g por litro de auga)
  2. Nunha cazarola, onde caiban os lombos, botámolo aceite preciso para cubrilos lixeiramente, botamos tamén os allos cortados en lascas e deixamos que se fagan a fogo maino sen fritilos.
  3. Cando comecen a buli-los allos engadímo-lo tomiño mailos lombos coa pel cara arriba e deixamos que confeiten durante uns 40 minutos. Controlámo-la temperatura.
  4. Entrementres, nunha tixola con tapa e cun fondo de aceite amolecémo-los allos porros cortados en rodas delgadas xunto cos tomates cereixa cortados á metade.
  5. Entrementres tamén, torramos a rebandas de pan no forno a uns 85-90ºC
  6. Servímolos en pratos chairos pondo no fondo ¼ dos allos porros cos tomates, por enriba o lombo de xurelo e decorado ó redor coas rebandas torradas

  

Notas:

  • A temperatura de confeitado do xurelo será duns 60ºC. Para controlar a temperatura o mellor e empregar un termómetro de cociña ou, aínda que isto pode ser arriscado, metendo o dedo; a 60ºC podemos aguantar o calor sen queimarnos.
  • Cando amolezas o allo porro non esmagues os tomates queda mellor se fican enteiros.

 

Tempo: 50 minutos, sen o tempo de branquexado                                                                   Comensais: 4

Receita: Xurelos con Salsa de Tomate

Ingredentes

  • 20 xureliños
  • 4 tomates
  • 1 cebola
  • 1 pemento vermello
  • 1 dente de allo
  • 1 folla de loureiro
  • ½ vaso de viño branco
  • Azucre
  • Sal
  • Aceite

(máis…)