Entries tagged with “Xosé Neira Vilas”.


Aos contidos etnogŕaficos que levamos publicados nestes anos sobre os ritos do lume en Galiza relacionados coa noite de San Xoán e outras (A noite de San Xoán para os galegos, A noite de Sanxoán: lume, auga e herbas, Mitos e cosmovisión: A importancia do lume na cultura galega, etc.) engadimos hoxe este capítulo do famoso libro de Xosé Neira Vilas Memorias dun neno labrego, onde se fai unha fermosa descrición literaria dalgúns destes ritos.
(máis…)

E remato esta escolma de textos deste libro de Neira Vilas (non teño eu para min que se lle poida chamar novela, senón que é máis ben unha serie de relatos divididos e barallados entre eles) con estas pezas:
(máis…)

Continuamos con esta espléndida lección de historia e de literatura a cargo do mestre Neira Vilas:
(máis…)

Comezo coa trascrición dunha serie de anacos desta fantástica mostra de novela histórica, de collage multiperspectivista da emigración histórica galega en Arxentina, parte desa grande e única novela que representa a obra de Neira Vilas, a Gran Novela da Emigración, vista desde dentro. O libro comeza así, con esta voz, unha de tantas que compoñen este libro:
(máis…)

Xosé Neira Vilas, creador galego na emigración(Escritor)
Nado en Gres (Vilar de Cruces, Pontevedra), é un clásico da literatura galega do século XX. Emigrou con 21 anos para Bos Aires onde se formou en contacto coa intelectualidade galega alí exiliada.

(máis…)

Anisia Miranda, filla de galegos(Xornalista)

Filla de emigrantes galegos, nada en Ciego de Ávila (Cuba) en 1932. En Bos Aires, onde estudou xornalismo, coñeceu a Xosé Neira Vilas con quen casa e se tralada para a Cuba revolucionaria en 1961. Foi cofundadora da editorial Follas Novas en Bos Aires, ademais de varias revistas para nenos en Cuba. Activista pola difusión da cultura galega, xornalista e escritora, destaca especialmente a súa obra na literatura infantil.

Co gallo do encontro que o vindeiro día 26 de Xullo se ha producir entre o voso humilde xestor (Casdeiro) e o escritor e activista cultural Xosé Neira Vilas, nas xornadas Mar por Medio, organizadas polo IGAEM en Ribadeo, quero aproveitar para reproducir certos fragmentos do prólogo que Luís Seoane escribiu para a edición de Memorias dun Neno Labrego, a máis famosa obra do escritor de Vilar de Cruces, que no seu día me chamaron a atención e risquei para vos trasmitir neste portal.
(máis…)