Entries tagged with “vento”.


Vento mareiro, amigo
dos velamios senlleiros, da nebriña
de ronseles no ar aloumiñada,
do azul lonxano que se volve lila.

(máis…)

Camiño adiante, triste sin congoxa,
a frente erguida, o paso ventureiro,
ó lombo un pau e nel cangada a roupa
envolveita nun pano, o pensamento
na chouza en que viveu seus anos mozos,
o amor á terra en que naceu no peito,
unha visión de brétema nos ollos
e unha copra nostálxica nos beizos,
camiño adiante… adiante… ¡sempre adiante!
alónxase da aldea o bo labrego. (máis…)

A lingua galega, amosa un amplo abanico de matices, para expresa-los fenómenos atmosféricos. As expresións do tempo atmósferico, na lingua galega, adoita facerse cos verbos haber e ir, e non co verbo facer, como acostuma o castelán:

Vai ou ir mal tempo / vai ou ir bo tempo…

(máis…)

Un elemento importante para os galegos é o aire. Pódese ser alento, cando vén de dentro, aire de casa e aire de fóra. O aire contén forzas misteriosas e influencias daniñas; non ten forma concreta. Os remuíños de aire son máxicos e sempre perigosos. Evítase exporse a correntes de aire.
(máis…)

O costume na construcción e interpretación dos nosos instrumentos musicais tradicionais, tanto de corda, coma de percusión ou vento xa se atopa documentado en Galicia, dende os séculos XI e XII, o que supón unha longa historia.
(máis…)