Entries tagged with “tomate”.
Did you find what you wanted?
Mar 12 Mai 2020
Bacallau con pisto
Ingredientes:
- 4 talladas do lombo de bacallau desalgado
- 300 g de cebola de ensalada
- 200g de pemento vermello
- 200 g de pemento amarelo de Oímbra
- ½ cabaciño (150g)
- 2 tomates maduros sen pel nin pebidas
- Aceite de Oliva
- Sal
- Pementa negra moída
- Unhas pólas de perexil
Descrición:
- Picámo-la cebola mailos pementos e o cabaciño en dados e pómolos a amolecer nunha tixola cun fondo de aceite; engadímoslle pementa e sal e deixamos facer uns 1o minutos a fogo maino coa tixola tapada.
- Entanto amolecen as verduras, secámo-las talladas de bacallau cun pano limpo, sacámoslle as arganas cun alicate limpo e reservamos
- Logo dos 10 minutos, engadímo-los tomates cortados en dados e deixamos que se fagan co resto 3 minutos máis; non remexer moito para que non rompan os dados.
- Pasados os 5 minutos, pomos enriba das verduras as talladas de bacallau coa pel cara abaixo e deixamos facer coa tixola tapada 3 minutos máis. Pasado o tempo dámos volta as talladas e afastámolo do lume para que repouse tapado.
- Logo de 3 minutos pómo-lo bacallau en cadanseu prato co pisto por cima regado co zume resultante e decoramos con unha póla de perexil.
Comensais: 4 persoas Tempo: ½ hora
Xov 2 Nov 2017
Posted by Crisanto under Carnes, Cociña galega
Comentarios desactivados en Coello con castañas
Coello con castañas
Ingredientes:
- 1 coello
- 20 castañas cocidas
- 12 albaricoques secos
- 1 cebola
- 1 pemento verde italiano ( 50 g)
- 2 tomates ben maduriños e pelados
- 2 cenorias
- 100 g de touciño entrefebrado
- Caldo de carne
- 100 ml de brandy
- 200 ml de viño branco
- 2 dentes de allo
- Perexil
- Tomiño
- Aceite e sal
Preparación:
- En primeiras botamos nunha cunca os albaricoques secos e pómolos a remollo co brandy.
- Machucamos allo con perexil e sal e adubámo-lo coello cortado en talladas grandiñas.
- Nunha cazarola baixa e ampla con aceite engadímo-las talladas de coello e dourámolo. Cando estea afastámolo da cazarola e reservámolo
- Na mesma cazarola engadimos agora a cebola mailo pemento en xuliana, as cenorias picadas xunto co touciño cortado en bastonciños e facémolos a fogo maino En canto estea branda e algo dourada a cebola engadímo-los tomates relados.
- Logo dun par de minutos engadímo-lo coello reservado, un pouco de tomiño, o brandy de remolla-los albaricoques, o viño branco e deixamos que evapore o alcohol. Logo botamos caldo de carne ata case cubrilo e deixamos que guise todo xunto uns 25 minutos ou ata que o coello estea feito.
- Cinco minutos antes de rematar co guiso engadímo-las castañas mailos albaricoques.
- Levámolo á mesa nunha bandexa alongada adornando coas castañas e os albaricoques polo redor.
Tempo: 60 minutos Comensais: 4
Etiquetas: allo, brandy, caldo de carne, castaña, cenoria, coello, pemento verde, perexil, tomate, tomiño, touciño, viño branco
Ven 24 Xuñ 2016
Posted by Crisanto under Caldos, cocidos e verduras, Cociña galega
Comentarios desactivados en Berenxenas á grella con cabala
Berenxenas á grella con cabala
Ingredientes:
Para o recheo:
- 600g de cabalas
- 1 cebola (200g)
- 1 dente de allo
- 3 tomates maduros
- Aceite de oliva e sal
Para facer a salsa:
- 1 cebola (200g)
- 1 dente de allo
- 100 g de pemento verde italiano
- Caldo (uns 400ml)
- Aceite de oliva e sal
Elaboración:
- Cortámo-las berenxenas pola metade ó longo, baleirámolas coa axuda dunha culler, picámola carne e reservámola.
- Fritímo-las cascas das berenxenas en abundante aceite quente e reservámolas
- Limpámo-las cabalas sacándolles a cabeza, as tripas, a pel mailas arganas e picámola carne en dados.
- Facémo-lo recheo: Nunha tixola con aceite amolecémo-la cebola mailo dente de allo a fogo maino; cando estean algo moles, tomate pelado sen pebidas e picado; case seguido incorporámo-la carne das berenxenas e deixamos que se faga uns minutos; logo diso botámo-la carne das cabalas e deixamos que se faga uns minutos máis. Rectificamos de sal.
- Agora facémo-la salsa: amolecémo-la cebola, o pemento mailo allo, todos eles picados, a fogo maino; logo botámoslle o caldo e deixámolo cocer durante uns 15 minutos. Cando estea un chisco espeso, triturámolo e pasámolo polo coador de arame.
- Reenchémo-las cascas de berenxenas con este recheo cubrímolas coa salsa e metémolas ó forno a grellar.
- Servímolas en pratos chairos decorados cunha cullerada da mesma salsa
Nota:
- Podemos empregar xurelos, anchoas ou sardiñas cando é a tempada deles
Tempo: 40 minutos
Comensais: 4
Mér 25 Mai 2016
Posted by Crisanto under Cociña galega, Peixes e outros produtos do mar
Comentarios desactivados en Abadexo con prebe de mexillóns
Abadexo con prebe de mexillóns
Ingredientes:
- 4 toros (1 Kg.) de abadexo fresco (bacallau)
- 1 ½ Kg. de mexillóns
- 1 cebola branca grande
- 1 pemento vermello
- 3 dentes de allo
- 4 tomates maduros
- 1 vaso de viño branco
- Perexil picado
Para a gornición:
- 2 cenorias
- 1 ramo bo de brócoli.
- 1 Kg de patacas
- Aceite
- Sal
Preparación:
- Salgamos por os dous lados os toros de abadexo para que collan o sal e reservamos
- En primeiras abrímo-los mexillóns nunha ola tapada cunha pouca auga, durante máis ou menos uns 5 minutos; quitámolos da auga e logo de sacarlles a vianda, reservamos esta e a auga que soltaron.
- Entanto, fritímo-los allos picados nunha tixola con 5 culleradas de aceite e logo que collan algo de cor botámo-la cebola mailo pemento picados e deixamos amolecer ben.
- Escaldámo-los tomates cun corte en cruz feito na parte darriba para pelalos mellor e sacámoslles tamén as sementes.
- Botámo-los tomates picados en anacos pequenos e deixamos facer uns 10 minutos.
- Engadímo-lo vaso de viño branco, un vaso da auga de coceren os mexillóns e deixamos facer outros 10 minutos.
- Logo engadimos parte dos mexillóns deixando uns poucos, os máis lucidos, para botar por riba do abadexo.
- Trituramos co batedor eléctrico e pasámo-lo prebe polo coador chinés. Deixámolo no lume a fogo moi baixo para mantelo quente sen que salpique.
- En tanto para facer a gornición pomos a cocer, por uns 15-20 minutos, en auga salgada as patacas peladas e cortadas en rodas para cachelos, as cenorias en bastóns; o brócoli en anacos en outra aga con sal durante 10 minutos. Cando estea cocido escoamos ben e reservamos.
- En tanto coce a gornición pomos os toros de abadexo no prebe e deixamos guisar uns 10 minutos dándolles a volta ós 5 minutos.
- Pasado o tempo presentámo-los toros de abadexo nunha bandexa regados co prebe, adornados con mexillóns e perexil picado e rodeados pola gornición.
Tempo: 45 minutos Comensais: 4 persoas
Mér 25 Mai 2016
Posted by Crisanto under Cociña galega, Peixes e outros produtos do mar
Comentarios desactivados en Albóndegas de peixe
Albóndegas de peixe
Ingredientes:
Para as albóndegas:
- 1 Kg de xurelo, cabala ou outro peixe
- 1 cebola nova (200g)
- 2 dentes de allo
- 50 g de pemento verde italiano
- 1 rebanda de pan reseso (50 g)
- Leite gordo
- 2 ovos
- Perexil
- Aceite de oliva e sal
- Fariña e ovo para rebozar
Para o prebe:
- 1 cebola (350 g)
- 100 g de pemento verde
- 1 dentes de allo
- 3 pementos secos
- 1 tomate maduro
- 2 vasos de caldo de peixe
- Aceite de oliva e sal
Preparación:
- Facémolas albóndega e para iso comezamos pondo o pan a remollo en leite
- Amolecémola cebola e o allo, moi picadiños, nunha tixola con aceite ata que esta un pouco branda. Afastamos do lume e reservamos.
- Entanto, sacámoslle ó peixe a pel, as arganas e picamos miúdo a carne.
- Nunha cunca botámo-lo peixe picado, o pan escoado e espremido, o perexil os ovos maila cebola reservada, mesturámolo todo e pómolo no seu punto de sal.
- Facémo-las albóndegas e logo de pasalas por fariña e ovo, fritímolas en abundante aceite quente.
- Deixámolas escoar sobre papel de cociña e reservámolas nunha tarteira.
- Facémo-lo prebe. Comezamos pondo a remollo, en auga quente, os pementos secos durante uns 20 minutos. pasado o tempo sacámoslle a polpa cun coitelo e reservámola.
- Entanto, amolecémola cebola picada xunto co allo e cando estea branda engadímoslle o tomate relado e deixamos que cozan xuntos uns minutos; logo botámoslle o caldo maila polpa reservada e deixamos que fervan uns 20 minutos.
- Pasado o tempo triturámolo, pómolo no seu punto de sal e pasámolo polo coador chinés.
- Por outra banda cortámolos pementos verdes en tiras e fritímolas nunha tixola con aceite a fogo medio ata que estean brandos
- Botamos o prebe quente por cima das albóndegas e logo de que ferva un minuto apagámolo lume.
- Deixámolas repousar uns minutos antes de servilas decoradas coas tiras de pemento fritido.
Nota:
- Podemos facer bolas con calquera peixe, o sabor dependerá do peixe que empreguemos.
Tempo: 40 minutos Comensais: 4
Dom 28 Xuñ 2015
Posted by Crisanto under Cociña galega, Peixes e outros produtos do mar
Comentarios desactivados en Ensalada de bonito e patacas
Ensalada de bonito e patacas
Ingredientes:
• 300g. de bonito fresco (1 roda)
• 300g. de patacas pequenas
• 3 ovos
• 1 cenoria
• 1 cebola verde
• ½ pemento vermello
• ½ pemento verde
• 1 tomate maduro
• Olivas negras
• Vinagre de xerez
• Aceite
• Sal
Preparación:
1. Cocémo-la roda de bonito en auga con sal durante 20 minutos, deixámola arrefriar ma auga e logo de limpalo de peles, sangue e arganas esnacámolo en pedazos un pouco grandes. Reservámolo
2. Lavámo-las patacas e cocémolas enteiras e sen pelar en auga e sal por uns 25 minutos ou más segundo sexan de grandes. Logo de arrefrialas, pelámolas, cortámolas en cuartos ou en rodas se son algo máis grandiñas e reservámolas.
3. Xunto coas patacas cocemos tamén os ovos, picados cun alfinete pola parte gorda para que saia o aire e non rebenten, maila cenoria sen pelar. Os ovos sacámolos logo de coceren 8 minutos e a cenoria logo dos 13. Arrefriámolos.
4. Sacámoslle a casca ós ovos, pelámo-la cenoria e cortámolos en rodas. Reservámolos
5. Cortámo-los pementos, logo de lavalos e sacarlles as sementes, en anacos mediados, duns 2x2cm. Quitámoslle as sementes ó tomate e cortámolo en anacos algo máis pequenos que os pementos. Cortamos a cebola en anacos coma os do tomate. Salgámolo todo e reservámolo.
6. Mesturámolo todo, agás o ovo, nunha cunca fonda e pasámolo a unha bandexa de presentación.
7. Adornámolo cos ovos e as olivas negras e regámolo cunha vinagreta feita con 9 culleradas de aceite de oliva e 3 de vinagre
Notas:
• Para esta ensalada empregamos bonito fresco (tunnus alalunga, atún branco) moi saboroso e apreciado pare este tipo de receitas; isto non quita que poidas empregar outra clase de atún, fresco, en aceite ou se che peta en vinagre; neste derradeiro caso ollo logo ó aliñar coa vinagreta.
• Os pementos son dos de asar; neste caso van crus pero podes asalos se non che gustan así.
Tempo: 1 hora
Comensais: 4 persoas
Dom 28 Xuñ 2015
Posted by Crisanto under Cociña galega, Peixes e outros produtos do mar
Comentarios desactivados en Bonito con tomate
Bonito con tomate
Ingredientes:
• 2 toros de bonito duns 2-3 cm. de groso
• 1 cebola branca
• 1 pemento verde (100 g.)
• 1 lata de tomate fritido (450 g.)
Descrición:
1. Limpámo-los toros de bonito sacándolles a pel, as arganas a carne negra e salgámolos. Quedarán 8 anacos triangulares.
2. Picámo-la cebola mailo pemento en anacos pequenos e pómolos a amolecer, a fogo maino nunha tixola con aceite. Cando estean feitos engadímo-lo tomate fritido. Non o trituramos.
3. En tanto noutra tixola con aceite a fogo forte, marcámo-las talladas de bonito por cadansúas bandas só para que selen; teñen que quedar crúas por dentro.
4. Pómo-lo bonito nunha tarteira de barro e regámolas co prebe de tomate quente e deixámolos que se fagan xuntos 1 minuto.
5. Deixámo-lo repousar 5 minutos mais, para que termine de facerse por dentro, e servímolo quente.
Notas:
• O tomate fritido podes mercalo feito ou facelo ti mesmo con tomates cebola e pemento.
• A min gústame encontrar anacos de cebola e pemento no prebe, pero se queres podes trituralo.
Tempo: 15 minutos
Comensais: 4
Sáb 31 Dec 2011
Posted by Crisanto under Caldos, cocidos e verduras, Cociña galega, Peixes e outros produtos do mar
Comentarios desactivados en Fabas brancas con luras
Fabas brancas con luras
Ingredientes:
- 300g de fabas brancas
- 12 luras pequenas
- 2 cebolas
- 1 porro
- 1 dente de allo
- 3 culleres de prebe de tomate
- 1 culler de pemento
- Aceite
- Sal
Descrición:
- Limpa-las fabas e deixalas a remollo en auga fría de véspera.
- Botalas nunha pota con ½ cebola, o porro, o allo mailo sal e 1 ½ de auga fría.
- Pola a cocer polo decurso de 2 horas a fogo medio, “asustándoas” de cando en vez; é dicir botarlles un pouco de auga fría para que paren de ferver.
- Namentres se fan as fabas preparamos as luras.
- Limpámo-las luras sacándolles a pel, as tripas a pluma que teñen, dámoslles a volta e metémoslle dentro os tentáculos da cabeza.
- Nunha tixola con 6 culleres de aceite amolecemos a cebola restante picada en anacos pequenos cun chisco de sal e tapada cun testo para que non seque e non se torre a cebola.
- Cando estea branda engadimos as luras, as culleres de tomate e o pemento e deixamos facer ata que as luras espeten ben; é dicir estean feitas. Sempre tapadas co testo.
- Cando as fabas estean xa cocidas sacamos a cebola mailo porro e engadímoslles as luras coa súa cebola
- Remexemos un chisco de vagar e deixamos repousar uns 20 minutos antes de servilo nos pratos.
Tempo: 90 minutos
Comensais: 4 persoas
Mér 14 Dec 2011
Posted by Crisanto under Cociña galega, Tapas
Comentarios desactivados en Bocadiño de xamón e verduras
Bocadiño de xamón e verduras
Ingredientes:
- 4 rodas de berenxena
- 4 rodas de cabaciño
- 4 rodas de tomate
- 2 lascas de queixo
- 4 panciños pequenos
- 4 lascas de xamón
- Aceite de oliva
- Sal
Descrición:
- Salgámo-las rodas de berenxena, cabaciño e o tomate, sen pebidas, e facémolas á prancha, ben nunha tixola ou ben nunha prancha de cociñar cun chisco de aceite. Primeiro facemos polas dúas caras a berenxena mailo cabaciño e deixamos o tomate para ó final.
- Cortámo-lo pan ó longo pola metade e torrámolo un chisco, non moito só para que trisque un pouco ó mordelo, pomos primeiro as verduras quentes, por riba media lasca de queixo e por riba de todo unha lasca de xamón.
- Tapamos coa outra metade de pan deixando que se vexa por fora o que vai dentro do pan.
Nota:
- Podémolo presentar tamén sobre medio pan torrado espetado cun pauciño
Tempo: 15 minutos
Tapas: 4
Lun 5 Dec 2011
Posted by Crisanto under Cociña galega, Tapas
1 Comment
Tortilla emparedada
Ingredientes:
- 6 ovos
- 4 follas de leituga
- 1 tomate maduro
- 3 lascas de friame de xamón cocido
- 150 g de bonito en aceite (peso enxoito)
- Maionesa
- Queixo en lascas
- Aceite
- Sal
Descrición:
- Facemos 2 tortillas redondas de 3 ovos cada unha. Reservámolas
- Escorrémo-lo bonito, esmigallámolo e mesturámolo coa maionesa ata formar unha masa.
- Montámo-la tortilla: Pomos unha das tortillas que fixeramos nun prato, untámola ben con maionesa. Logo imos pondo a capas: 2 follas de leituga, o xamón cocido; o esmigallado de bonito, o tomate cortado en lascas, o queixo en lascas e rematamos cunha capa de 2 follas de leituga antes de tapar coa outra tortilla.
- Servímola fría
Notas:
- Esta tortilla é coma un emparedado pero trocamos os pans de molde por tortillas de ovo.
- Os ingredientes podédelos cambiar e combinalos ó gusto de cada un.
Tempo: 15 minutos
Tapas: 4