Camiño adiante, triste sin congoxa,
a frente erguida, o paso ventureiro,
ó lombo un pau e nel cangada a roupa
envolveita nun pano, o pensamento
na chouza en que viveu seus anos mozos,
o amor á terra en que naceu no peito,
unha visión de brétema nos ollos
e unha copra nostálxica nos beizos,
camiño adiante… adiante… ¡sempre adiante!
alónxase da aldea o bo labrego. (máis…)
Entries tagged with “suevos”.
Lun 14 Set 2009
Ramón Cabanillas: No desterro
Posted by rubi under Literatura galega
Comentarios desactivados en Ramón Cabanillas: No desterro
Sáb 20 Ago 2005
Idade Media: O Reino de Galicia: …foi borrado da historia
Posted by casdeiro under Historia de Galicia
[2] Comments
Algúns apuntes extraídos dunha entrevista de A Nosa Terra ao historiador Anselmo López Carreira co gallo da publicación da súa obra O reino medieval de Galicia.
(máis…)
Xov 1 Abr 2004
Idade Media: O Reino de Galiza: O reino galego dos Suevos
Posted by casdeiro under Historia de Galicia
Comentarios desactivados en Idade Media: O Reino de Galiza: O reino galego dos Suevos
Entre os anos 410 e 585 desenvolveu-se a primeira experiéncia de Galiza como entidade política independente, dabondo documentada por crónicas (Idácio, Orósio, Isidoro de Sevilla, Xoán de Bíciara, Gragóño de Tours), obras literárias (Venáncio Fortunato, Martiño de Dumio), arqueoloxia, arte (San Pedro de Rocas) e numismática, todo o cal proba de forma contundente o degrao de maduración acadado en certos momentos, moi por diante doutros Reinos semellantes. Sen embargo, dividida a súa cronoloxia en tres etapas, a central (entre 468 e 550) fica na escuridade.
Xov 1 Abr 2004
Idade Media: O Reino de Galiza: Relación cos reinos viciños
Posted by casdeiro under Historia de Galicia
Comentarios desactivados en Idade Media: O Reino de Galiza: Relación cos reinos viciños
Co nome de Gallaecia os romanos designaban unha província que englobaba a actual Galiza (aproximadamente o convento lucense), o norte de Portugal (bracarense) e o que hoxe e Asturias e León (asturicense). León (Legio) era o campamento militar da Gallaecia.
Xov 1 Abr 2004
Idade Media: O Reino de Galiza: Da Gallaecia romana á Galiza medieval
Posted by casdeiro under Historia de Galicia
Comentarios desactivados en Idade Media: O Reino de Galiza: Da Gallaecia romana á Galiza medieval
No século III os romanos aplicaron oficialmente o nome de Gallaecia á província que ocupaba o noroeste da Península Ibérica.
Xov 1 Abr 2004
Idade Media: O Reino de Galiza: Relación, cronoloxia e acontecimentos destacados
Posted by casdeiro under Historia de Galicia
Comentarios desactivados en Idade Media: O Reino de Galiza: Relación, cronoloxia e acontecimentos destacados
Época sueva
HERMERICO (410-438): chegada dos suevos a Galiza; f oedus con Roma (410) e nacimento do Reino suevo de Galiza; enfrontamentos cos vándalos; ocupación de toda a Gallaecia; Orósio visita Africa (415); Idacio bispo de Chaves (427)
Sáb 11 Out 2003
Etapas máis relevantes da Historia da Galiza
Posted by casdeiro under Historia de Galicia
Comentarios desactivados en Etapas máis relevantes da Historia da Galiza
Fillos de Galicia quere achegar a tódolos descendentes de galegos un pouquiño da nosa historia, do noso pasado común, que os nosos pais e avós na maioría dos casos non nos puideron trasmitir pola escasa e parcial educación recibida. O seguinte repaso á historia de Galiza foi extraído de “Aproximación á leitura do Sempre en Galiza” por Manuel Rei Romeu, no Caderno de debate nº3 de Galiza Nova “Castelao, o Sempre en Galiza e o nacionalismo galego”. Por suposto recomendámovos a leitura do “Sempre en Galiza” de Castelao, un libro fundamental para coñecer a nosa historia e os alicerces do pensamento galeguista.
(máis…)