Os normandos desembarcaron na Coruña o ano 843 e nas nosas beiramares foron vencidos por Ramiro I, que lles saíu ó encontro e lles queimou varias naves das 70 que traían.
(máis…)
Entries tagged with “Sisnando”.
Dom 2 Mar 2008
As invasións normandas en Galicia
Posted by casdeiro under Historia de Galicia
Comentarios desactivados en As invasións normandas en Galicia
Xov 1 Abr 2004
Idade Media: O Reino de Galiza: O papel político da xerarquía eclesiástica
Posted by casdeiro under Historia de Galicia
Comentarios desactivados en Idade Media: O Reino de Galiza: O papel político da xerarquía eclesiástica
Desde o s. IV a Igrexa asume funcións de dirección no Império Romano, reemprazando en boa medida ás institucións civis como ponto de referéncia para a povoación. Papel político que aumenta desde a instauración do Reino suevo, primeiro como elemento vertebrador dos galaico-romanos (católicos), constituindo os bispos a autoridade recoñecida por estes, e desde a conversión do 449 para todo o Reino. Pese á volta ao arrianismo entre o 465 e o 550, os bispos, e en particular o de Braga, deberon manter unha influéncia moi relevante. Por fin, a partir da actividade de Martiño, a Monarquia asume unha fasquia teocrática e a estrutura administrativa asenta na sé episcopal. Constituia-se desta forma unha Igrexa Nacional, auténtico soporte do Reino.
Xov 1 Abr 2004
Idade Media: O Reino de Galiza: Relación, cronoloxia e acontecimentos destacados
Posted by casdeiro under Historia de Galicia
Comentarios desactivados en Idade Media: O Reino de Galiza: Relación, cronoloxia e acontecimentos destacados
Época sueva
HERMERICO (410-438): chegada dos suevos a Galiza; f oedus con Roma (410) e nacimento do Reino suevo de Galiza; enfrontamentos cos vándalos; ocupación de toda a Gallaecia; Orósio visita Africa (415); Idacio bispo de Chaves (427)