Entries tagged with “salmón”.


Arroz verde con queixo de Arzúa e salmón

Ingredientes:

  • 400g de arroz
  • 80g de espinacas
  • 1 de cebola
  • 1 dente de allo
  • 4 rodas de salmón
  • Queixo de Arzúa
  • Aceite
  • Sal

Descrición:

  1. Cocémo-las espinacas en 2 vasos de auga. Cando estean cocidas trituramos e reservamos.
  2. Nunha cazola con aceite amolecémo-la cebola mailo dente de allo picados e cando estea branda engadimos o arroz (medímolo arroz cunha cunca) e logo de refogalo engadímo-las espinacas trituradas, o dobre de cuncas de auga quente que as cuncas de arroz e deixamos facer 20 minutos. O arroz ten que quedar algo caldoso e non seco.
  3. En tanto coce o arroz, sacámoslle ó salmón as pel mailas arganas e deixámolo en cuartos empoámolos con allo en po e facémolos a prancha con pouco aceite.
  4. Montámo-lo prato pondo o arroz verde no centro cunhas lascas finas de queixo por riba e o salmón o lado montando un pouco no arroz. Adornamos cuns fíos aceite de remolacha vermella e unha folla de funcho (anís)

Nota:

  • Podemos empregar calquera outro queixo que teñamos a man, en lascas ou relado
  • Para facer aceite de remolacha, trituramos un anaco de remolacha cun pouco aceite.

Tempo: 30 minutos

Comensais: 4

Receita: Bocadiño de salmón e lagostino

Ingredientes

  • 4 rebandadas de pan torrado ou sen torrar
  • 4 lascas de salmón curado
  • 4 lagostinos
  • Pemento verde, cebola doce, cogombriños en vinagre
  • Maionesa

Descrición

  1. Pomos enriba de cada rebandada de pan unha lasca de salmón, un lagostino.
  2. Rematamos de 3 maneiras diferentes:

a)      Cun pouco de pemento, cebola e cogombriños picados miúdos e aliñamos con sal, aceite e vinagre.

b)      Con maionesa por riba do lagostino.

c)       Pondo enriba do lagostino un abanico feito ó partirmos un cogombriño ó longo en lascas delgadiñas pero sen terminar de cortar nun lado e despois de esmagalo co coitelo para que abra en abanico.

Tempo: 8 minutos

Tapas: 4

Recipe by on.
Microformatting by hRecipe.

Receita: Bocadiño de salmón con piquillo e anchoa

Ingredientes

  • 4 rebandadas de pan torrado ou sen torrar
  • 4 lascas de salmón curado
  • 2 pementos de piquillo asados
  • 4 lombos de anchoa en aceite
  • 1 dente de allo

Descrición

  1. Dámoslles unha volta na tixola con aceite ós pementos asados engadíndolles un chisco de sal, azucre; partímolos ó longo e reservamos.
  2. Cortámo-lo dente de allo moi miudiño e fritímolo na tixola para douralo sen que se queime.
  3. Pomos enriba do pan e neste orden, unha lasca de salmón, medio pemento asado, unha anchoa e empoamos co allo dourado.

Notas

• Para que non se nos queime o allo, sendo tan miúdo, metémolo nun coador de arame e cando o aceite estea quente pomos o coador co allo dentro do aceite e en canto vexamos que empeza a dourar sacámolo a escape.

Tempo: 8 minutos

Tapas: 4

Recipe by on.
Microformatting by hRecipe.

Receita: Roliños de salmón con cantarelos

Ingredentes

  • Salmón afumado
  • 1 aguacate
  • 4 follas de leituga
  • 6 Cantarelos frescos ou en conserva de vinagre (Cantharellus cibarius)
  • Maionesa de cogomelos
  • Col lombarda
  • Rabaníños
  • Cancro de mar (imitación)

(máis…)