Con tal feito Galicia adourada
Horfa sempre por sempre estará,
Os enxebres cantares gallegos
Non mais s’oirán.
_ (máis…)
Sáb 24 Out 2009
Posted by rubi under Literatura galega
Comentarios desactivados en Ramón Armada Teixeiro: Tocata fúnebre en honor de Rosalía de Castro
Con tal feito Galicia adourada
Horfa sempre por sempre estará,
Os enxebres cantares gallegos
Non mais s’oirán.
_ (máis…)
Xov 1 Abr 2004
Posted by casdeiro under Literatura galega
Comentarios desactivados en Rosalía de Castro
Biografía
María Rosalía Rita de Castro naceu nunha casa do Camiño Novo, no barrio das Barreiras, parroquia de Santa Susana da cidade de Santiago de Compostela, non se sabe exactamente se o 23 ou o 24 de febreiro de 1837; aínda que parece que foi o mesmo día do seu bautismo, que se celebrou no Grande e Real Hospital de Santiago o devandito 24. E morreu no lugar da Matanza, parroquia de Santa María a Maior de lria Flavia (Padrón, A Coruña), o 15 de xullo de 1885, ás 12 horas. O 16 foi sepultada no cemiterio de Adina de Santa María de Iria Flavia, e o 25 de maio de 1891 exhumouse o seu cadáver para levalo a capela da Visitación da igrexa de San Domingos de Bonaval (Santiago).
Sáb 6 Set 2003
Posted by casdeiro under Historia de Galicia
Comentarios desactivados en “Éxodo” (de “O atraso económico da Galiza”)
O pobo galego é un pobo bíblico: todas as maldicións do antigo testamento semellan ter caído sobor dil, e singularmente a que dá o seu nome ao segundo libro. Dende un punto de vista demográfico, a emigración galega ven sustituir, no ciclo moderno, a función desempeñada no ciclo antigo pola mortalidade catastrófica -pestes, guerras e fames, frecuentemente ensarilladas. Dende un punto de vista económico, a emigración galega representa un dobre e constante desaxuste, por unha banda, antre a presión demográfica e a estructura do sistema produtivo; por outra banda, antre a capacidade de xeneración de escedente polo sistema e o uso ou destino do escedente realmente xenerado. Dende un punto de vista social, a emigración galega constitúe a manifestación masiva dunha forma de escravitude que pervive deica o noso século. Dende un punto de vista ético, a emigración galega siñifica a negación constante do dereito máis elemental da persoa: o dereito á propia vida no propio país. Dende todos iles, a emigración galega supón a renuncia á revolta.