Entries tagged with “ribeira”.


Nacido na parroquia de Palmeira, en Ribeira, é concelleiro na cidade norteamericana de Harrison, en Nova Jersey, un cargo que revalidou nas recentes eleccións celebradas hai unhas semanas. Millán, que ten 64 anos e emigrou a EEUU cando só tiña 25, presentouse aos comicios polo Partido Demócrata. A súa candidatura, liderada polo que será alcalde da devandita localidade, Raymond Tonough, logrou o 65% dos votos fronte a un rival, Steve Cornyck. Este ribeirense xa ten o mérito de ocupar varios cargos políticos e de ser o primeiro concelleiro hispano no estado de Nova Jersey. Anselmo Millán, que está casado e ten dous fillos e tres netos, é na actualidade subdirector a nivel estatal da área de Saúde e Servizos Humanos.

Anselmo Millán, que viaxa con certa periodicidade á súa Palmeira natal, onde ten unha casa na que adoita pasar algunhas vacacións, é unha das persoas máis influentes da comunidade galega en EEUU, onde preside a Coalición de Sociedades Españolas en EEUU (unha especie de federación que agrupa a 14 colectivos españois) e o Xacobeo USA.

Como declarou ao xornal Galicia-Hoxe, que o entrevistou esta semana, agora vive ben, pero os comezos non foron doados: “cando cheguei non fun ben recibido, facíanme a vida bastante imposible”, asegura, tras explicar que en Harrison a inmensa maioría do pobo e das institucións estaban controladas por irlandeses. Daquela, propúxose loitar contra esa especie de “racismo” que estaba a sufrir e que facía que os veciños “non nos contestasen nin os bos días”. “Loitei ata que o alcalde daquela época se deu conta de que nós eramos xente boa”, di.

Damos a seguir os nomes e características das fincas en Galicia, mais convén advertir que non só non os damos todos senón que un mesmo nome non ten en toda ela a mesma significación: uns nomes trocaron nalgúns sitios de obxecto; noutros perdeuse a designación, pasando en troques ó toponímico; nalgúns, en fin, é totalmente ignorado na actualidade.

(máis…)