Entries tagged with “Requiario”.


Desde que a partir do s. III o cristianismo se extende por Galiza, irá paulatinamente constituindo a representación ideolóxica da sociedade da época medieval. Por ese motivo aparece indisolubelmente unido á constitución da nacionalidade galega (e de todas as europeas).

(máis…)

Época sueva

HERMERICO (410-438): chegada dos suevos a Galiza; f oedus con Roma (410) e nacimento do Reino suevo de Galiza; enfrontamentos cos vándalos; ocupación de toda a Gallaecia; Orósio visita Africa (415); Idacio bispo de Chaves (427)

(máis…)

Entre os anos 410 e 585 desenvolveu-se a primeira experiéncia de Galiza como entidade política independente, dabondo documentada por crónicas (Idácio, Orósio, Isidoro de Sevilla, Xoán de Bíciara, Gragóño de Tours), obras literárias (Venáncio Fortunato, Martiño de Dumio), arqueoloxia, arte (San Pedro de Rocas) e numismática, todo o cal proba de forma contundente o degrao de maduración acadado en certos momentos, moi por diante doutros Reinos semellantes. Sen embargo, dividida a súa cronoloxia en tres etapas, a central (entre 468 e 550) fica na escuridade.

(máis…)