Entries tagged with “relatos”.


Relatos mariñeiros componse dunha vintena de narracións curtas que teñen como referencia e inspiración a comunidade de pescadores galegos das Mariñas, asentados na Habana durante os anos trinta, corenta e cincuenta do seculo XX. Vinte historias de mariñeiros e emigrantes galegos no Golfo que reconstrúen vidas anónimas penduradas dun fío, fuxindo dos feros ciclóns e doutras situacións arrepiantes; vidas ancoradas na saudade da terra e das xentes que abandonaron. Relatos de vidas de mariñeiros artistas como o Leandro, o corpudo gaiteiro que levaba todo un país no fol, o Mariano que tocaba o saxofón, o Xan o Cativo, moi mañoso no seu vello acordeón, ou o Santiago, que co seu lapis de cores retrataba a cada un dos compañeiros de tripulación. Mariñeiros namorados e comprometidos como o Daniel, aquel mozote de Camariñas que nunca esquecerá a súa namorada primeira; o Xaquín, o vello pescador da Malata que sentía polo mar unha mestura de amor e xenreira; o negro Eliseo, un Goliat antillano que cos galegos da Casa Branca aprendeu a fala nosa; ou o Xoán Barreiro, dirixente do Sindicato de Viveiristas que promoveu os setes meses de folga do ano trinta e un… Relatos mariñeiros, pola súa complexa e premeditada brevidade, pola súa prosa cristalina, polo seu esforzo de destilación léxica, e pola construcción dunhas tramas enchidas de emoción, apoiadas nas ilustracións narrativas de Xaquín Marín, constitúe unha das máis valiosas achegas dun dos clásicos vivos da literatura galega.

Relatos mariñeiros
Xosé Neira Vilas
Xerais
128 páxinas – 13,90€


Secretaría Xeral de EmigraciónEste artigo foi publicado
grazas ao financiamento
da Secretaría Xeral de Emigración
da Xunta de Galicia.

O Tío Miseria

I

Era o tío Miseria o labrego de máis bon humor de toda a comarca. Daba xenio ver aquel home de cote alegre, risono e churrusqueiro, e sentíase unha comezón de envexa ó miralo tan felís. ¡Vaia si era felís! E tiña porque selo; pois gráceas a Dios ó bon do petrucio nunca lle faltou nada neste mundo… pra morrer de fame. (máis…)

Conto escrito por Casdeiro en 1.995 no que traslada a súa experiencia como fillo de emigrados en Euskadi a unha metáfora de ciencia ficción.

No século 31 da Era Estándar Espacial (E.E.E.) houbo unha grave enfermidade na galaxia domeada polo Imperio Interplanetario Ojmunu. Billóns de seres morreron naqueles anos ó longo e largo da galaxia presas dunha enfermidade que chamaron a fontáñeme. Un dos planetas máis castigado foi o planeta Hemobe. A civilización hemobense veuse reducida por tan terrible praga e moitos deles decidíronse a abandona-lo planeta para salva-la súa vida.

(máis…)