Entries tagged with “Reino de Galicia”.


Algúns apuntes extraídos dunha entrevista de A Nosa Terra ao historiador Anselmo López Carreira co gallo da publicación da súa obra O reino medieval de Galicia.
(máis…)

A manifesta orientación ideolóxica da historiografia oficial española, unida ás dificultades materiais de proxección e ao lento desenvolvimento dunha historiografia medieval galega, conseguiu ocultar algo que se fai tan evidente tras unha mínima observación obxectiva como é o feito mesmo da existencia secular dun Reino de Galiza, o primeiro da Europa medieval, precozmente dotado dunha estrutura estatal própria e dun alto degrao de madureza institucional e cultural.

(máis…)

“O Marechal Pero Pardo de Cela Aguiar e Ribadeneyra” (o bretoñés defensor da soberanía do Reino de Galicia) naceu en Castro d’Ouro. Era fillo dunha das máis nobres linaxes do Reino de Galicia, os Señores de Cela e de Violante de Aguiar. Intimo amigo dos Condes de Monterrei e de Lemos, casou con Dona Isabel de Castro, filla da Condesa Beatriz e de Don Pedro de Osorio, vencellándose así cos poderosos Condes de Lemos e con outras importantes linaxes do Reino de Galicia.

(máis…)

O movimento das Irmandades (entre os anos 1467 e 1469) constitue seguramente o acontecimento social máis importante da História medieval de Galiza e sinala unha inflexión de enorme trascendéncia na evolución social do país; por iso a sua explicación non se pode atopar en motivos conxunturais, senón nunha dinámica de longa duración.

(máis…)

Os dous períodos de esplendor do Reino medieval de Galiza coñecen senllos florecimentos literários: a segunda metade do século VI en torno á escola de Dumio durante a monarquía sueva, e o moito máis longo período que se extende desde o s. XII ao XIV.

(máis…)

Deixando á parte os textos históricos cualificabeis como literários (Crónicas, etc.), Galiza conta cunha documentación notarial excelente para o estudo da Idade Media, tanto en volume como en contidos.

(máis…)

O florecimento das artes plásticas no período culminante da Galiza medieval (ss. XI-XIII) estivo precedido por un desenvolvimento continuado desde o século X, que tamén constitue unha época expansiva desde todos os pontos de vista (económico, político). Nesa centúria datan-se unha série de obras catalogadas en conxunto como  prerrománicas, entre as que se poden incluir aquelas consideradas de orixe mozárabe (sobre todo San Miguel de Celanova, pequeno oratório ligado a san Rosendo), e outras situadas na liña trunfante na Corte ovetense, entre as que seguramente estaria o primitivo templo construido en Santiago baixo os auspícios do rei Afonso III, totalmente derruido por Almanzor cen anos despois (997).

(máis…)

Durante toda a Idade Media a agricultura constitúe, naturalmente, a base de toda actividade económica. Ademais, aproximadamente até o século XII, é dicer, até que se inicia o despegue do fenómeno urbano (e con el o comércio e a artesania a escala relevante), a agricultura pode-se dicer que é o único sector económico importante.

(máis…)

Tras a fundación das cidades galegas na época romana, sobre o s. I, atravesaran estas unha primeira fase que, sen interrupción, se introduce polos inícios do período medieval quizais até o s. VII, é dicer, durante o Reino suevo, mantendo-se a estrutura antiga e as suas mesmas funcións (comerciáis e administrativas), asi como a mesma rede urbana (fundamentalmente as sés episcopais: Braga, Astorga, Lugo, Ourense, Iria).

(máis…)

Desde que a partir do s. III o cristianismo se extende por Galiza, irá paulatinamente constituindo a representación ideolóxica da sociedade da época medieval. Por ese motivo aparece indisolubelmente unido á constitución da nacionalidade galega (e de todas as europeas).

(máis…)