Entries tagged with “queixo”.
Did you find what you wanted?
Mér 14 Dec 2011
Posted by Crisanto under Cociña galega, Tapas
Comentarios desactivados en Bocadiño de xamón e verduras
Bocadiño de xamón e verduras
Ingredientes:
- 4 rodas de berenxena
- 4 rodas de cabaciño
- 4 rodas de tomate
- 2 lascas de queixo
- 4 panciños pequenos
- 4 lascas de xamón
- Aceite de oliva
- Sal
Descrición:
- Salgámo-las rodas de berenxena, cabaciño e o tomate, sen pebidas, e facémolas á prancha, ben nunha tixola ou ben nunha prancha de cociñar cun chisco de aceite. Primeiro facemos polas dúas caras a berenxena mailo cabaciño e deixamos o tomate para ó final.
- Cortámo-lo pan ó longo pola metade e torrámolo un chisco, non moito só para que trisque un pouco ó mordelo, pomos primeiro as verduras quentes, por riba media lasca de queixo e por riba de todo unha lasca de xamón.
- Tapamos coa outra metade de pan deixando que se vexa por fora o que vai dentro do pan.
Nota:
- Podémolo presentar tamén sobre medio pan torrado espetado cun pauciño
Tempo: 15 minutos
Tapas: 4
Sáb 29 Out 2011
Posted by Crisanto under Cociña galega, Tapas
Comentarios desactivados en Alcachofas asadas
Alcachofas asadas
Ingredientes:
* 4 alcachofas
* 150 g de touciño magro
* 1 tomate maduro
* Queixo para fundir
* Aceite de oliva
* Pementa negra
* Sal
Descrición:
- Limpámo-las alcachofas, sacámoslles as follas de fora e cortámoslles tamén a puntas das follas ata que so quede o corazón tenro. Untamos con un limón para que non ennegrezan.
- Cocemos as alcachofas en pouca auga unha media hora nunha pota tapada.
- Namentres cortamos o touciño primeiro en lascas logo en tiras e por último en anacos pequeniños.
- Pelámo-lo tomate e sacámoslle as sementes. Picámo-lo resto en anacos pequeniños que sazonamos con pementa moída, sal e aceite de oliva. Deixamos macerar.
- Sacámo-las alcachofas unha vez cocidas e sen auga pómolas nunha cunca ou bandexa de asar, abrímolas un pouco sen rompelas e botámoslle sal, pementa moída e aceite de oliva, logo enchémolas co touciño mailo tomate macerado e cubrímolas co queixo.
- Metémolas media hora ó forno quente a 180ºC ata que estean douradas.
- Adornamos con perexil e presentamos en cadanseu pratiño unha alcachofa.
Tempo: 1 hora
Tapas: 4
Mér 12 Out 2011
Posted by Crisanto under Cociña galega, Tapas
Comentarios desactivados en Patacas recheas
Patacas recheas
Ingredientes:
- 2 patacas medianas
- 100 g de carne picada de porco
- ¼ de cebola
- ¼ de pemento verde
- 1 cullerada de tomate fritido
- Queixo relado
- Aceite de oliva
- Pementa negra
- Sal
Descrición:
- Lavamos ben as patacas e, logo de envolvelas en papel de aluminio, asámolas no forno quente a 190ºC durante uns 35 minutos.
- Deixámolas arrefriar e sen pelalas, cortámolas pola metade ó longo e baleirámolas cunha culler sen rompelas, para meter o recheo.
- Picámo-la cebola mailo pemento miúdos, amolecémolos nunha tixola con aceite. Logo disto engadimos a carne picada e deixamos que se faga; despois engadimos o tomate fritido, botámoslle un chisco de pementa moída e salgamos.
- Enchemos os ocos das patacas coa mestura anterior e esparexemos queixo relado por riba.
- Antes de servilas pasámolas polo forno para que funda o queixo e doure un pouco
Tapas: 4
Tempo: 45 minutos
Mér 12 Out 2011
Posted by Crisanto under Cociña galega, Tapas
Comentarios desactivados en Queixo brando con marmelo (2)
Queixo brando con marmelo (2)
Ingredientes:
* 4 rebandadas de pan
* 150 g de queixo fresco
* 100g de marmelo
* 2 Noces
* Fariña
* 1 ovo
* Pan relado
* aceite de oliva
* Sal
* Marmelada de amoras silvestres
Descrición:
- Cortámo-lo queixo mailo marmelo en lascas de 4×4 cm. e de 1/2 cm. de groso
- Esnaquizamos as noces en anacos pequenos cun coitelo
- Torrámo-lo pan un chisco.
- Pomos unha lasca de queixo, unha de marmelo e tapamos con outra de queixo e envolvemos todo con fariña ovo e pan relado.
- Logo de fritilo en aceite ben quente e abondoso pómola a escorrer sobre papel absorbente
- Montámo-la tapa pondo enriba do pan o queixo fritido e enriba a marmelada e as noces esnacadas.
Notas:
- Pódese empregar ben queixo fresco de vaca, de cabra ou de ovella; o de cabra e ovella teñen un sabor máis forte a queixo e son máis gorentosos.
- En vez de noces pódense empregar piñóns torrados: Tórranse os piñóns nunha tixola con algo de aceite de oliva
Tapas: 4
Tempo: 15 minutos
Mér 21 Set 2011
Posted by Crisanto under Arroces, Cociña galega, Peixes e outros produtos do mar
Comentarios desactivados en Arroz verde con queixo de Arzúa e salmón
Arroz verde con queixo de Arzúa e salmón
Ingredientes:
- 400g de arroz
- 80g de espinacas
- 1 de cebola
- 1 dente de allo
- 4 rodas de salmón
- Queixo de Arzúa
- Aceite
- Sal
Descrición:
- Cocémo-las espinacas en 2 vasos de auga. Cando estean cocidas trituramos e reservamos.
- Nunha cazola con aceite amolecémo-la cebola mailo dente de allo picados e cando estea branda engadimos o arroz (medímolo arroz cunha cunca) e logo de refogalo engadímo-las espinacas trituradas, o dobre de cuncas de auga quente que as cuncas de arroz e deixamos facer 20 minutos. O arroz ten que quedar algo caldoso e non seco.
- En tanto coce o arroz, sacámoslle ó salmón as pel mailas arganas e deixámolo en cuartos empoámolos con allo en po e facémolos a prancha con pouco aceite.
- Montámo-lo prato pondo o arroz verde no centro cunhas lascas finas de queixo por riba e o salmón o lado montando un pouco no arroz. Adornamos cuns fíos aceite de remolacha vermella e unha folla de funcho (anís)
Nota:
- Podemos empregar calquera outro queixo que teñamos a man, en lascas ou relado
- Para facer aceite de remolacha, trituramos un anaco de remolacha cun pouco aceite.
Tempo: 30 minutos
Comensais: 4
Mar 24 Mai 2011
Posted by Crisanto under Cociña galega, Tapas
Comentarios desactivados en Bocadiño de xamón, pemento e queixo
Bocadiño de xamón, pemento e queixo
Ingredientes:
- 4 pementos de piquillo enteiros en lata
- 4 panciños pequenos
- 4 lascas de xamón
- 2 lascas de queixo
- 1 dente de allo
- Aceite de oliva
- Azucre
- Sal
Descrición:
- Dámoslles ós pementos unha voltas polas dúas caras nunha tixola con aceite de oliva cunhas lascas de allo e un chisco de azucre.
- Cortámo-lo pan ó longo pola metade, ten que ser pan tenro do día para que trisque ó mordelo.
- Pomos enriba da metade de abaixo media lasca de queixo por riba desta o pemento quente para que amoleza e por riba de todo unha lasca de xamón.
- Tapamos coa outra metade de pan deixando que se vexa por fora o que vai dentro do pan.
Nota:
- Se non temos pementos de piquillo podemos empregar pemento vermello pero antes hai que asalo e logo de pelalo darlle unha volta na tixola coma fixemos co piquillo
- Podémolo presentar tamén sobre medio pan torrado espetado cun pauciño
Tempo: 15 minutos
Tapas: 4
Lun 16 Mai 2011
Posted by Crisanto under Cociña galega, Cogomelos
Comentarios desactivados en Cogomelos recheos
Cogomelos recheos
Ingredientes:
- 200 g de Cogomelos ostreiros (Pleurotus ostreatus)
- Fariña
- Ovo
- Aceite
- Sal
Para o recheo:
- 2 cebolas brancas
- 1 pemento verde doce
- 1 dente de allo
- 400 g de bacallau desalgado
- 200 g de queixo de untar (tarrina)
Para o prebe:
- 40 g de queixo azul
- 1 culler de manteiga de leite
- 200 g de nata líquida
- Salsa Perrins
- Brandy
Descrición:
Facémolo recheo:
- Amolecemos nunha tixola tapada a fogo baixo as cebolas mailo pemento verde e o allo picados miudiños cun chisco de aceite e sal.
- Cando estea brando engadímo-lo bacallau desalgado e esmigallado e deixamos que se faga uns 5 minutos
- Engadimos o queixo e ligamos a farsa.
Facémo-lo prebe:
- Nunha tixola a fogo baixo desfacémo-lo queixo azul maila manteiga.
- Engadímo-la nata e unha gotas de salsa Perrins
- Concentramos un pouco e engadímo-lo brandy.
- Flamexamos e deixamos reducir para espesar
Montámo-lo prato
- Pómolo recheo entre dous cogomelos e despois de pasalos por fariña e ovo fritímolos en abondoso aceite quente
- Presentámolos no prato regados co prebe
Tempo: 30 minutos
Comensais: 4
Etiquetas: aceite, allo, bacallau, brandy, cebola, Cogomelos, fariña, manteiga, nata, ovo, pemento verde, queixo, sal, salsa perriñs
Mar 23 Feb 2010
Posted by Crisanto under Cociña galega, Sobremesas
Comentarios desactivados en Torta de Queixo de Arzúa
Receita: Torta de Queixo de Arzúa
Ingredentes
- 250 g de queixo de Arzúa
- 1/2 Cunca de nata líquida
- 1/2 Cunca de leite
- 125 g de galletas
- 2 Cucharadas de Brandy
- 1 Cucharada de manteiga
- 2 Ovos
- 4 Cucharadas de azucar
- Marmelada de fresa ou frambuesa para cubrir
(máis…)
Xov 7 Xan 2010
Posted by casdeiro under Cociña galega, Sobremesas
Comentarios desactivados en Delicias de Marmelo con Queixo de Tetilla
Receita: Delicias de Marmelo con Queixo de Tetilla
Ingredentes
- 1 Queixo de Tetilla
- 1/2 Kg de marmelos
- 4ovos
- 100 g de fariña
- 100 g de azucre
- pan relado
- aceite para fretir
- canela
(máis…)
Dom 20 Dec 2009
Posted by casdeiro under Carnes, Cociña galega
Comentarios desactivados en Polo Recheo
Receita: Polo Recheo
Ingredentes
- 1 polo de non menos de 1 ½ kg. sen ósos
- 200grs. de carne de vitela picada
- 200grs.de carne de porco picada
- 3 dentes de allo
- 1 limón (zume)
- 1 culler de perexil picado
- 100grs. de pasas de uva de corinto (sen pebidas)
- 100 grs. de noces ben picadas
- 3 ovos batidos
- ½ cunca de queixo relado
- ½ cunca de leite
- ½ cunca de pan rallado
- 50 grs. de olivas verdes sen óso
- ½ copiña de coñac
- 100grs.de cereixas ao marrasquino
- sal, pementa, ají moído e outros condimentos que se afaga
(máis…)
Etiquetas: allo, cereixas, cognac, leite, limón, noces, olivas, ovos, pasas, perexil, polo, porco, queixo, vitela