Entries tagged with “queixo fresco”.


Queixo brando con marmelo (1)

Ingredientes:

* 4 rebandadas de pan

* Queixo fresco

* Marmelo

* Marmelada de arandos

* 2 noces

Descrición:

  1. Cortámo-lo queixo en triángulos de 1 cm. de groso e o marmelo de ½ cm. de groso, de tal maneira que o triángulo de marmelo sexa un chisco máis pequeno de xeito que o pólo enriba do triángulo de queixo o triangulo de marmelo quede concéntrico.
  2. Esnaquizamos as noces en anacos pequenos cun coitelo
  3. Montámo-la tapa pondo enriba do pan un triángulo de queixo, enriba deste outro de marmelo e enriba do marmelo un chisco de marmelada e enriba de todo un pouco de noz esnacada.

Notas:

  • Pódese empregar ben queixo fresco de vaca, de cabra ou de ovella; o de cabra e ovella teñen un sabor máis forte a queixo e son máis gorentosos.
  • En vez de noces pódense empregar piñóns torrados: Tórranse os piñóns nunha tixola con algo de aceite de oliva

Tapas: 4

Tempo: 10 minutos

Patacas ó xeito do Cebreiro

Ingredientes:

  • 1 Kg de patacas de tamaño medio
  • 300g. de queixo fresco
  • ¾  l de leite
  • 3 ovos
  • 20g. de manteiga de leite
  • Sal
  • Pementa negra moída

Descrición:

  1. Lavámo-las patacas e pómolas a cocer coa pel en auga con sal.
  2. Pasados uns 20 minutos, escoámolas arrefriámolas e pelámolas.
  3. Cotámolas en rodas e sazonámolas con pementa moída.
  4. Engraxamos unha fonte de forno coa manteiga e imos pondo nela capa de patacas e capa de queixo fresco rematando con patacas.
  5. Batémolos ovos, engadímosllo leite cun  chisco de sal e botámolo por riba das patacas da fonte.
  6. Metémolo ó forno quente a 170 ºC ata que calle o ovo e  doure a superficie.

Tempo: 30 minutos

Comensais: 4