Entries tagged with “porros”.
Did you find what you wanted?
Mar 13 Abr 2010
Posted by Crisanto under Cociña galega, Peixes e outros produtos do mar
Comentarios desactivados en Pastel de bacallau
Receita: Pastel de bacallau
Ingredientes
- 400 g de bacallau esmigallado
- 4 porros (só a parte branca)
- 200 g de espinacas ou agrións (berro en castelán)
- 750 ml de nata líquida
- 4 ovos
- Aceite
- Sal
Descrición
- Desalgámo-lo bacallau esmigallado durante 12 horas cambiando 2 veces de auga.
- Limpamos e cortámo-los porros á metade o longo e logo en anacos de 1 cm.
- Cocémolos nunha pouca auga cun chorro de aceite e sal ata que estean brandos.
- Nunha cunca fonda escachámo-los ovos, engadímo-lo bacallau sen arganas e triturámolo.
- Engadimos 500ml de nata mailos porros escorregados mesturamos a modo e salgamos se fai falla.
- Botamos a mestura en 4 moldes de flan individuais engraxados e enfariñados.
- Metémolos ó forno quente ó baño maría polo decurso de uns 30 minutos
- Namentres cocen o pasteis facemos a salsa: Cocémo-las espinacas en auga con sal durante uns 5 minutos e logo de escoalas mesturámolas con 250 ml de nata sobrante, trituramos e deixamos reduci-la salsa ó gusto de cada un.
- Servímolos quentes pondo no fondo do prato unhas culleres de salsa de espinacas e enriba o pastel desmoldeado.
Tempo: 60 minutos
Comensais: 4 persoas
Recipe by on.
Microformatting by hRecipe.
Mar 15 Dec 2009
Posted by casdeiro under Arroces, Cociña galega
Comentarios desactivados en Lumbrigante con Arroz
Receita: Lumbrigante con Arroz
Ingredentes
- 1 lumbrigante
- 6 camaróns
- 1 vaso de arroz
- 1 litro de caldo de peixe
(máis…)
Etiquetas: aceite de oliva, allos, arroz, azafrán, brandy, caldo de peixe, camaróns, cebolas, cenorias, lumbrigante, perexil, pescada, porros, tomate, whisky
Ven 11 Dec 2009
Posted by casdeiro under Caldos, cocidos e verduras, Cociña galega
Comentarios desactivados en Sopa de Marisco
Receita: Sopa de Marisco
Ingredentes
- 1.5 l. de caldo de peixe
- congro, cabezas de pescada, outros desperdicios de peixe
- cebola, porro, cenoria, allo
- un chorro de aceite
- 25 ameixas
- 4 cigalas ou lagostinos grandes
- ½ Kg de rape
- 1 cebola
- 1 cenoria
- 1 cullerada chea de fariña
- ½ vaso de viño branco do pais
- 200 ml. de tona líquida (nata do leite)
- Pan
- Aceite e sal
Descrición
- Co congro, cabezas de pescada, outros desperdicios de peixe, cebola, porro, cenoria, allo e un chorro de aceite facemos un caldo de peixe, que coamos e reservamos.
- Abrímolas ameixas cun chisco de auga, reservámolas e a auga que soltaron, coada, engadímoslla ó caldo de peixe.
- Cortámolo pan en cadradiños e metémolo ó forno a torrar. Reservamos.
- Picámola cebola maila cenoria moi miudiño e refogámolas nunha tixola con aceite.
Cando estea dourada pomos as cigalas cortadas ó longo, ou os lagostinos enteiros, pra que se fagan un pouco.
- Cando estean feitas as cigalas sacámolas e reservámolas.
- Engadímoslle logo á cebola o viño e deixamos reducir un pouco antes de botar a fariña,
- Remexemos un chisco, botamos o caldo de peixe, a tona líquida e cocemos 5 minutos máis.
- Engadímolas ameixas e o rape cortado en dadiños e deixamos repousar todo un pouco antes de servir.
- Ó servir pór en cada seu prato unha cigala reservada e o pan torrado
Notas
Se non vos gusta tan lixeira, podedes engadir puré de pataca, sémola de trigo ou pan relado pra espesala un pouco máis
Comensales: 4
Etiquetas: aceite, allos, ameixas, cebolas, cenorias, cigalas, congro, fariña, langostinos, marisco, pan, peixe, pescada, porros, rape, sopa, tona, viño
Xov 10 Dec 2009
Posted by casdeiro under Caldos, cocidos e verduras, Cociña galega
Comentarios desactivados en O Caldeiro
Receita: O Caldeiro
Ingredentes
- 1 orella de porco salgada
- 1 pata de porco salgada
- 1 fociño de porco salgado
- 250 g de touciño magro curado
- 1 lacón pequeno
- 4 chourizos
- 100 g de touciño branco curado
- 4 dentes de allo
- 2 porros
- 1 cebola
- 500 g de garavanzos ou patacas (1,5 Kg)
- especias (pemento doce, pemento picante ou caiena, comino e especias para callos)
- aceite
- limón
- sal
(máis…)
Etiquetas: aceite, allos, caldeiro, cebolas, chourizos, comino, garvanzos, lacón, patacas, pementa, pemento, porco, porros, touciño
Sáb 28 Nov 2009
Posted by casdeiro under Cociña galega, Peixes e outros produtos do mar
Comentarios desactivados en Pescada Chea de Centola
Receita: Pescada Chea de Centola
Ingredentes
- 1 pescada grande
- 250g. de ameixas
- 1 centola
(máis…)
Etiquetas: aceite de oliva, allo, ameixas, brandy, camaróns, cebola, cenoria, centola, pemento, pescada, porros, tomate, viño
Dom 22 Nov 2009
Posted by casdeiro under Carnes, Cociña galega
Comentarios desactivados en Callos á Galega
Callos á Galega
Ingredientes
- 1 kg de callos
- 1 man de tenreira
- 1 anaco de touciño
- 2 chourizos
- 2 cebolas
- 1 cabeza de allos
- 1 cravo de especia
- 1 culleradiña de cominos
- Pemento doce
- Pemento picante
- 1/2 Kg. de garavanzos
- 1 porro
- 1 cenoria
(máis…)
Etiquetas: allos, callos, cebolas, cenorias, chourizos, comino, cravos, garvanzos, pemento, porros, terneira, touciño
Mér 11 Nov 2009
Posted by casdeiro under Caldos, cocidos e verduras, Cociña galega
Comentarios desactivados en Sopa de Castañas (2)
Receita: Sopa de Castañas (2)
Ingredentes
- 1 carcasa de ave (pavo, polo, pularda, etc)
- 1/2 Kg de morcillo de vaca
- 1 óso de cana
- 1 anaco de touciño magro salgado
- 2 porros
- 2 cenorias
- 1 nabo
- 300 g de castañas
- 1 ovo
- Canela
- Pementa negra
- Noz moscada
- Faragulla de pan
- Crema do leite
(máis…)
Etiquetas: canela, castañas, crema de leite, morcillo, nabos, noz moscada, osos, ovos, pan, pavo, polo, porros, pularda, sopa, toució