Entries tagged with “pemento vemello”.


Tosta de empanada de bonito y pemento asado

Ingredientes:
• 300 g de bonito en aceite (peso escoado)
• 1 berenxena asada coa pel
• 3 pementos vermellos
Para a masa da empanada:
• 300 g de fariña
• 75 g de manteiga en pomada
• 75 g de auga
• 25 g de aceite de oliva
• 25 g de vino branco
• 20 g de lévedo de panadeiro
• 1 ovo
• 10 g de sal
Para o sofritido:
• 3 cebolas brancas
• ½ pemento vermello
• 1 folla de loureiro
• 5 g de polpa de pemento chouriceiro
• 1 culleradiña de pemento doce
• 100 g de tomate fritido
• 100 ml de vino branco
Para a maionesa:
• 1 xema de ovo
• Aceite de la lata de bonito
• Vinagre e sal

Preparación:
1. Asámo-los pementos vermellos no forno a 190ºC cando estean asados pelámo-los pementos, cortámolos en tiras e reservámolos.
2. Cortámo-la berenxena en rodas e facémolas nunha tixola a prancha. Reservámola.
3. Facémo-las tostas de empanada, para iso botámo-la fariña nunha cunca e facendo un oco no medio botamos nel, o sal e o fermento desleado en auga quente, o ovo, o aceite, mailo viño branco e amasamos ben ata ter unha masa homoxénea que non se apegue ás mans. Deixámola levedar nun sitio quente. Logo de levedar gramámola un pouco, estirámola co rolo de cociña e cortámola facendo 4 pezas iguais rectangulares que picamos para que non suban moito. Metémolas ó forno a 160ºC ata que estean lixeiramente douradas.
4. Amolecémo-la cebola mailo pemento cortados en xuliana xunto co loureiro; cando estea engadímoslle o pemento doce, a polpa, o viño branco, e deixamos que se fagan xuntos e reduza un pouco. Por último botámo-lo tomate fritido e deixamos que espese.
5. Facemo-la maionesa botando no vaso do batedor eléctrico a xema de ovo, o aceite do bonito, algo de vinagre e un chisco de sal e batemos coas coitela sen movelas do fondo ata que comeza a ligar logo engadimos máis aceite de xirasol,se fora preciso ata ter a maionesa do espesor axeitado; rectificamos de vinagre e sal.
6. Presentámolo pondo sobre as tostas un pouco do sofritido escoado, as berenxenas, as tiras de pemento asado e por cima o bonito en anacos grandiños, decorado coa maionesa.

Tempo: 80 minutos contado o asado dos pementos
Comensais: 4

Pote de bacallau

Ingredientes: 4 persoas

* 600 g de lombos de bacallau

* 5 patacas medianas

* 2 pementos verdes

* ½ pemento vermello

* 2 cebolas vermellas

* 2 pementos secos ou pemento doce

* 2 dentes de allo

* Caldo de bacallau

* Aceite de oliva

* Sal

Descrición:

  1. Desalgámo-lo bacallau en auga  48 horas cambiando a auga cada 8 horas. Sacámoslle a pel, cortámolo en anacos medianos e reservámolo.
  2. Facemos un caldo de bacallau coa pel, arganas, colas e outras sobras de bacallau mais unha cebola, porro e cenoria.
  3. Pomos a remollo os pementos secos en auga quente e reservámolo miolo despois de sacarllo rascando cun coitelo.
  4. Nunha pota de tamaño medio con uns 50 ml de aceite botamos a cebola, os pementos mailos dentes de allo picado todo miúdo e deixamos que se fagan ata que estean brandos. Podemos triturala cebola e os pementos cando xa estean feitos.
  5. Namentres pelamos, limpamos e escachámolas patacas (non as cortamos) en anacos do tamaño dunha noz e cando a verdura estea branda engadímolas a pota e refogámolas uns 5 minutos.
  6. Engadimos o caldo de bacallau quente cubrindo as patacas con 1 dedo de auga ou un pouco máis, ten que quedar só un chisco caldoso, mailo miolo dos pementos secos e deixamos cocer uns 20-30 minutos ata que as patacas empecen a esfarelarse un pouco e engorden o caldo.
  7. Afastámolo do lume e engadímo-lo bacallau.
  8. Deixámolo repousar 10 minutos e arranxámolo de sal antes de servilo quente.

Nota:

  • Podemos empregar outra clase de peixe para facer este prato como xurelo, cabala, atún, bonito, pescada só lle temos que cambiar o nome a receita e pasaría a chamarse “Pote de …”