Entries tagged with “pementa”.
Did you find what you wanted?
Xov 30 Abr 2020
Ameixas ó viño branco
Ingredientes:
- 1 kg de ameixas
- 1 cebola nova (300g)
- 1 dente de allo
- 125 ml de viño branco galego
- 20 g de manteiga deperexil. tomiño pementa leite
- Perexil
- Tomiño
- Pementa, aceite de oliva e sal
Preparación:
- Nunha tarteira cun fondo de aceite refogamos, sen que doure, a cebola picada miúda xunto co dente de allo tamén miudiño; logo diso botámoslle as especias: tomiño, perexil picado e pementa.
- Neste intre engadímo-las ameixas mailo viño branco e deixamos que coza tapado ata que as ameixas abran.
- Logo de abriren, coámolo caldo que botamos nunha tixola xunto coa manteiga, unha cullerada de fariña desfeita en caldo frío e deixámolas coceren ata que espese o prebe.
- Servímo-las ameixas neste prebe empoadas con perexil fresco picado
Tempo: 15 minutos Comensais: 4
Lun 5 Dec 2011
Posted by Crisanto under Cociña galega, Sobremesas
Comentarios desactivados en Roliños de melón con xamón
Roliños de melón con xamón
Ingredientes:
¼ de melón
6 lascas de xamón
200 g de queixo de untar
Ceboliño
Pementa
Azucre
Descrición:
- Cunha mandolina facemos lascas finas de melón; unhas oito será dabondo
- Sacámoslle ó xamón o touciño que teña e pómolo estendido nunha bandexa de forno e premémolos con outra bandexa. Deshidratamos o xamón no forno,xa quente,a uns 5 minutos.
- Sacámolo do forno e triturámolo ata convertelo case en po.
- Mesturámo-lo queixo co xamón , o ceboliño picadiño e un chisco de pementa moída (ó gusto)
- Repartímo-la mestura de queixo, a partes iguais, nas lascas de melón e enrolámolas sobre o queixo.
- Esparexemos azucre por riba dos roliños e torrámolo cun soprete de cociña. Adornamos logo con po de xamón por riba e ceboliño cortado en anacos duns 7-9cm.
Tempo: 15 minutos
Comensais: 4 persoas
Mar 21 Xuñ 2011
Posted by Crisanto under Caldos, cocidos e verduras, Cociña galega
Comentarios desactivados en Patacas ó xeito do Cebreiro
Patacas ó xeito do Cebreiro
Ingredientes:
- 1 Kg de patacas de tamaño medio
- 300g. de queixo fresco
- ¾ l de leite
- 3 ovos
- 20g. de manteiga de leite
- Sal
- Pementa negra moída
Descrición:
- Lavámo-las patacas e pómolas a cocer coa pel en auga con sal.
- Pasados uns 20 minutos, escoámolas arrefriámolas e pelámolas.
- Cotámolas en rodas e sazonámolas con pementa moída.
- Engraxamos unha fonte de forno coa manteiga e imos pondo nela capa de patacas e capa de queixo fresco rematando con patacas.
- Batémolos ovos, engadímosllo leite cun chisco de sal e botámolo por riba das patacas da fonte.
- Metémolo ó forno quente a 170 ºC ata que calle o ovo e doure a superficie.
Tempo: 30 minutos
Comensais: 4
Mar 1 Xuñ 2010
Posted by Crisanto under Cociña galega, Peixes e outros produtos do mar
Comentarios desactivados en Bacallau dourado ou á brás
Receita: Bacallau dourado ou á brás
Ingredientes
- 300 g. de bacallau desalgado,
- 2 cebolas
- 2 follas de loureiro
- 2 patacas
- 2 dentes de allo
- unhas febras de azafrán ou colorante artificial
- 3 ovos
- 8 olivas negras sen oso
- unhas pólas de perexil.
- Pementa negra moída (recente)
- Aceite de oliva
- Sal
Descrición
- Cortámo-la cebola mailos allos en xuliana e pómolos a amolecer cuns 50 ml de aceite nunha pota de barro (chan e non moi alta para logo poder meter ó forno), a fogo medio ata que comecen a dourarse un pouco. Engadímoslle tamén as follas de loureiro para que vaia collendo sabor.
- Sacamoslle a pel mailas espiñas e cortámo-lo bacallau en lascas cun coitelo ben afiado e reservamos.
- Cortámo-las patacas en tiras moi delgadiñas coma se fora palla, metemolas en auga para que perdan o almidón, escoámolas, secámolas e fritímolas en abondoso aceite de oliva ben quente. Teñen que quedar douradas mais non torradas
- Cando teñamos feita a cebola engadímoslle o perexil mailo azafrán e de seguido engadimos o bacallau, remexemos un pouco para mesturar coa cebola e deixamos ó lume uns 2-3 minutos para que se faga o bacallau.
- Logo disto engadímo-las patacas fritidas mailas as olivas, revolvemos ben, probamos de sal, salgamos se for necesario e pómoslle un pouco de pementa moída. Neste intre sacamos as follas de loureiro.
- Batémo-los ovos e engadímolos por riba e movemos lixeiramente, sen remexer moito, só para callar-lo ovo, e cando comece a callar, quitámola do lume e pasamos ao forno a dourar con grella forte ata que comece a tomar cor lixeiramente dourada.
- Esparexemos perexil picado por riba antes de servir
Quick Notes
• En Portugal teñen inventariadas más de 1000 receitas de Bacallau. Esta preparación de bacallau ten moita sona en Portugal.
tempo: 30 minutos
Comensais: 4 persoa
Recipe by on.
Microformatting by hRecipe.
Lun 24 Mai 2010
Posted by Crisanto under Cociña galega, Empanadas
Comentarios desactivados en Empanadiñas de polo e cogomelos
Receita: Empanadiñas de polo e cogomelos
Ingredientes
Para a masa:
- 125 ml de aceite (½ vaso)
- 125 ml de auga (½ vaso)
- sal
- fariña a que admita
Para o recheo:
- 100 g de peituga de polo
- 100 bandexa de cogomelos
- 1 cebola branca
- ¼ de pemento vermello
- 1 pemento verde
- 1 dentes de allo
- 1 chorriño do viño branco
- Pementa e sal
- Aceite de oliva
Descrición
- Para face-la masa das empanadiñas pómo-la auga mailo aceite e un chisco de sal nunha pota ó lume e cando estea quente que non fervendo retirámola do lume e engadímo-la fariña, pómola de novo ó lume e remexemos forte ata que estea ben ligada. Botamos esta masa no mesado da cociña enfariñado e seguimos engadindo fariña e amasando ata que non se apegue ás mans. Convén deixala algo máis preta do normal para traballala mellor co rodete e ó estirala non se rompa.
- Envolvémo-la masa nun film transparente e deixámola repousar nun sitio tépedo 30 minutos.
- Logo diso estirámo-la masa co rodete e coa axuda dun corta moldes ou dunha cunca de boca ancha imos facendo as obleas.
- Cortamos as peitugas en filetes e dámoslle volta e volta na tixola cunha pingada de aceite para que sexa máis doado picalas en anacos miudiños.
- Sazonamos o polo ó gusto cun pouco de pementa e sal.
- Picamos a cebolas, os pementos en anacos miúdos e botámolos nunha tixola con aceite quente deixándoos amolecer a fogo baixo ata que collan unha pouca cor pero que non se queimen.
- Engadímo-lo polo mailo allo picado moi miúdo e deixamos facer uns minutos remexendo de cando en vez
- Picámo-los cogomelos e engadímolos tamén e deixamos que se fagan.
- Pasados uns 3 minutos engadimos un chorriño de viño branco e deixamos reducir pero non de todo para que as empanadiñas queden zumarentas.
- Deixamos que arrefríe ben antes de por o recheo nas obleas.
- Pomos unha cullerada de recheo en cada oblea, pintámo-lo bordo con ovo batido e tapamos con outra oblea premendo a xunta cun garfo para selala.
- Fritímolas en abundante aceite de oliva ben quente.
- Segundo as empanadiñas estean douradas ímolas sacando do aceite e póndoas sobre un papel absorbente para que escorreguen o aceite.
- Servímolas quentes
Notas
- Se non queres facer a masa das obleas podelas mercar xa feitas en calquera tenda, mais no é o mesmo
- Podes empregar calquera clase de cogomelos, mellor se son collidos no campo pero os de cultivo non están mal.
- Podes botar se queres brandy, viño de O Porto ou cervexa. O viño branco da terra de cada quen e unha boa opción.
- Se as obleas son grandes podes pór máis dunha cullerada de recheo ou dobra-la oblea pola metade. Facer empanadiñas redondas ou de media lúa e cousa de cada quen.
- Podes tamén facer as empanadiñas ó forno a 175ºC e non fritilas
Tempo: 1,5 horas
Comensais: 6 persoas
Recipe by on.
Microformatting by hRecipe.
Xov 25 Mar 2010
Posted by Crisanto under Cociña galega, Peixes e outros produtos do mar
Comentarios desactivados en Bacallau con leite
Receita: Bacallau con leite
Ingredientes
- 4 talladas de bacallau
- 1 Kg. de patacas
- 1 cebola grande
- Azafrán ou colorante artificial
- Pementa
- 1 vaso grande de leite (250 ml.)
- 1 vaso pequeno de nata (100ml)
- Perexil picado
- Fariña
- Ovo para rebozar
- Aceite
- Sal
Descrición
- Desalgámo-lo bacallau 48 horas cambiando a auga cada 12 horas. Pelámo-las patacas en rodas en rodas 0.5 cm de grosas.
- Fritímo-las patacas en aceite quente ata que se douren polas dúas partes e dispómolas nunha pota de barro ancha e chan.
- Secámo-lo bacallau cun pano, rebozámolo en fariña e ovo batido, fritímo-las talladas por ámbalas dúas caras, e pómolas por riba das patacas.
- Picámo-la cebola en xuliana miúda, fritímola suavemente nunha tixola ata que amoleza e cando estea branda engadímoslle o vaso de leite, o vaso de nata, a pementa e o azafrán torrado e moído.
- Deixamos que volva a ferver e nese intre engadímolo sobre a pota de barro onde está o bacallau coas patacas.
- Tapámolo e pómolo a ferver ó lume suave ata que as patacas estean feitas (5-10 minutos), removendo de cando en vez para que a salsa vaia ligando e espesando e non se nos apegue.
- Esparexer perexil picado por riba e servir na mesma pota de barro.
Tempo: 60 minutos
Comensais: 4 persoas
Recipe by on.
Microformatting by hRecipe.
Etiquetas: aceite, azafrán, bacallau, cebola, fariña, leite, nata, ovo, patacas, pementa, perexil, pota de barro, sal
Xov 10 Dec 2009
Posted by casdeiro under Caldos, cocidos e verduras, Cociña galega
Comentarios desactivados en O Caldeiro
Receita: O Caldeiro
Ingredentes
- 1 orella de porco salgada
- 1 pata de porco salgada
- 1 fociño de porco salgado
- 250 g de touciño magro curado
- 1 lacón pequeno
- 4 chourizos
- 100 g de touciño branco curado
- 4 dentes de allo
- 2 porros
- 1 cebola
- 500 g de garavanzos ou patacas (1,5 Kg)
- especias (pemento doce, pemento picante ou caiena, comino e especias para callos)
- aceite
- limón
- sal
(máis…)
Etiquetas: aceite, allos, caldeiro, cebolas, chourizos, comino, garvanzos, lacón, patacas, pementa, pemento, porco, porros, touciño
Xov 10 Dec 2009
Posted by casdeiro under Carnes, Cociña galega
Comentarios desactivados en Rabo de Boi Guisado
Receita: Rabo de Boi Guisado
Ingredentes
- 2 Rabos de boi (vaca, vitela, touro)
- 3 cebolas medianas
- 2 cenorias
- ½ pemento verde
- ½ litro de viño (tinto e branco 50%-50%)
- 1 culleradiña de pemento
- 80 ml de aceite
- Sal e pementa negra moída
(máis…)
Dom 29 Nov 2009
Posted by casdeiro under Cociña galega, Peixes e outros produtos do mar
Comentarios desactivados en Cunchas de Vieiras cheas de Marisco
Receita: Cunchas de Vieiras cheas de Marisco
Ingredentes
- 8 Vieiras
- 8 lagostinos
- 8 camaróns
- 4 rodas de pescada
- 4 rodas de rape
(máis…)
Etiquetas: bechamel, camaróns, cebola, cenoria, fariña, lagostinos, leite, loureiro, manteiga, mariscos, noz moscada, ourego, pementa, pescada, rape, tomate, vierias, viño
Ven 13 Nov 2009
Posted by casdeiro under Carnes, Cociña galega
Comentarios desactivados en Perdices Escabechadas
Receita: Perdices Escabechadas
Ingredentes
- 6 perdices.
- 1 vaso de aceite
- 100 cl de viño branco.
- 100 cl de vinagre
- 8 dentes de allo.
- 4 follas de loureiro.
- pementa negra en gran.
- 1l. de caldo de porro, cebola e cenoria
- 3 cebolas
- tomiño
(máis…)
Etiquetas: allos, caldo de castañas, cebolas, cenorias, escabeche, loureiro, pementa, perdices, porro, tomiño, viño