Posted by Crisanto under Cociña galega, Peixes e outros produtos do mar
Comentarios desactivados en Pudin de pescada
Pudin de pescada
Ingredientes
- 400 g de pescada conxelada ou fresca
- 150 g de gambas peladas
- 1 allo porro
- 1g cebola
- 1 vaso de pan esfaragullado
- 4 ovos
- 150 g de nata líquida de cociñar
- 70 g de tomate fritido
- Pementa branca
- Maionesa ou salsa rosa
- Manteiga e pan relado
- Sal
Preparación:
- En primeiras desconxelámo-la pescada mailas gambas
- Pomos as faragullas de pan a mollo coa nata, cando estea escoámolas e reservámolas.
- Acendémolo forno a 180ºC para que vaia quecendo.
- Nunha cazarola con auga e sal pomos a coce-la cebola mialo allo porro e logo de 5 minutos metémo-la pescada; cando ferva de novo apagámo-lo lume, deixamos un minuto máis e sacámo-la pescada; tirámoslle a pel mailas arganas e esmiuzámo-la en anacos non moi pequenos.
- Batemos co batedoiro eléctrico os ovos e a nata; engadímoslle o peixe esmigallado, as gambas crúas picadas, o tomate fritido, as migas de pan remolladas, a pementa branca e mesturamos a man. Probámolo de sal e salgámolo se fose preciso.
- Botámolo todo nun molde de pastelería alongado engraxado e empoado con pan relado.
- Metémolo no forno ó baño maría polo decurso duns 50 minutos a media altura. Antes de sacalo, probamos que está feito picando cunha agulla ou cun palillo; se sae limpa xa está.
- Deixámolo arrefriar ben antes de sacalo do molde.
- Servímolo pondo no prato unha rebanda de pastel acompañado con maionesa e unha ramiña de perexil para adornar.
Notas:
- Tamén sae moi bo con moito recendo a mar, se trocamos as gambas por ourizos de mar.
- Podemos facelo en moldes individuais e presentalos decoralos cunha gamba salteada por riba
- Gardámo-lo caldo de coce-la pescada para empregalo en calquera outra receita.
Tempo: 60 minutos Comensais: 4-6
Etiquetas: allo porrro, cebola, gambas, mainesa, manteiga, nata, ovos, pan, pan relado, pementa branca, pescada, sal, tomate fritido
Posted by Crisanto under Cociña galega, Peixes e outros produtos do mar
Comentarios desactivados en Pastel de bonito
Pastel de bonito
Ingredientes:
• 300g. de bonito do norte (Thunnus alalunga)
• 4 pementos do piquillo
• 5 culleradas de tomate fritido
• 4 ovos
• 100ml. de nata líquida
• ½ parte branca dun allo porro
• ½ cebola nova
• Manteiga e pan relado
• Pementa branca
• Aceite de oliva e sal
Para a maionesa
• 1 ovo
• 200 ml de aceite de mirasol
• ½ Limón (o zume)
• sal
Para o prebe rosa
• Maionesa
• 2 culleradasde zume de laranxa
• 1 cullerada de ketchup
• 1 cullerada de brandy
Preparación:
1. Cocémo-lo bonito en auga con sal polo decurso de ½ hora. Sacámolo, arrefriámolo e logo de limpalo, esmigallámolo. Tamén podemos facelo con conserva de bonito en aceite.
2. Picámo-la cebola mailo allo porro e amolecémolos, a fogo maino, ata dourar, sen torralo, nunha tixola con aceite. Logo disto engadímo-los pementos, triturámolos, arrefriámolos e reservámolos.
3. Batémo-los ovos e mesturamos nunha cunca fonda coa nata, o bonito, o tomate fritido, un chisco de pementa branca e o triturado de cebola e pementos.
4. Untamos un molde rectangular con manteiga e empoámolo con pan relado.
5. Vertemos todo dentro do molde e metémolo ó forno xa quentado a 180ºC ó baño maría polo decurso de 90 minuto,s a media altura. Probamos se está feito, picando cunha agulla, se sae limpa xa o está. Deixámolo arrefriar ben antes de sacalo do molde.
6. Facémo-la maionesa botando no vaso do batedoiro eléctrico, o ovo mailo zume de limón, uns 100 ml de aceite e un chisco de sal; batémolo coas coitelas, sen mover o batedoiro do fondo e cando comece a ligar xa podemos move-lo batedoiro darriba abaixo e mentres seguimos batendo imos engadindo aceite ós poucos e de seguido ata o espesor axeitado. Rectificamos de sal se o precisa..
7. Facémo-lo prebe rosa tomando a metade da maionesa feita e engadíndolle o zume de laranxa, o brandy mailo ketchup.
8. Cortámolo en rebandadas e servímolo frío acompañado cos dous prebes.
9. Tamén o podemos servir quente acompañado cunha salsa coma esta:
• Nunha tixola con aceite Amolecemos 1 cebola, un dente de allo e 200 g de pementos verdes, engadíndolle logo cando estean brandos 5 pementos de piquillo. Botámoslle logo un vaso de caldo de peixe e cociñamos ata que espese un chisco. Triturámolo todo e coámolo co chino. Pomos no seu punto de sal.
Tempo: 1 ½ hora
Comensais: 4 ou máis
Etiquetas: aceite de oliva, allo porro, bonito, cebola, maionesa, manteiga, nata, ovos, pan relado, pementa branca, pementos, prebe rosa, tomate fritido
Posted by Crisanto under Cociña galega, Peixes e outros produtos do mar
Comentarios desactivados en Pastel de escarapote
Receita: Pastel de escarapote
Ingredientes
- 1 Kg. de escarapote
- 1 porro
- 1 cebola
- 1 cenoria
- 6 ovos
- 150 g de nata líquida
- 100 g de tomate fritido
- Pementa branca
- Manteiga e fariña
- Sal
Descrición
- Cocémo-lo peixe durante 10 minutos cuberto con auga con sal xunto co porro, a cebola maila cenoria.
- Sacámo-lo peixe e tirámoslle a pel, limpámolo ben de arganas e esmiuzámolo. (Gardámo-lo caldo de cocelo peixe para empregalo para facer calquera outra receita)
- Batemos co batedoiro eléctrico os ovos, a nata, a salsa de tomate, a pementa branca mailo esmigallado do peixe. Probámolo de sal e se fai falla salgamos un chisco.
- Botámolo todo nun molde de pastelería alongado engraxado e enfariñado.
- Metémolo ó forno quente a 180ºC ó baño maría polo decurso de 90 minutos a media altura. Probamos se está feito uns minutos antes picando cunha agulla, se sae limpa xa está feito.
- Deixar arrefriar ben antes de sacalo do molde.
Notas
Escarapote s.m. Peixe mariño de rocha dunha familia á que pertencen distintas especies con espiñas na cabeza e outras provistas de glándulas velenosas na aleta dorsal. Os escarapotes presentan diversas cores segundo o fondo en que viven.No pais vasco chámano Kabracho
Tempo: 2 horas
Comensais: 4 persoas
Recipe by on.
Microformatting by hRecipe.
Etiquetas: cebola, cenoria, escarapote, fariña, manteiga, nata, ovos, pementa branca, porro, sal, tomate fritido
Posted by Crisanto under Cociña galega, Tapas
Comentarios desactivados en Tapa de pastel de escarapote
Receita: Tapa de pastel de escarapote
Ingredientes
Para monta-la tapa
- 100 g de pastel de escarapote (1 rebandada)
- 4 rebandadas de pan
- 4 colas de lagostino cocido
- Maionesa
Para face-lo pastel de escarapote
- 1 Kg. de escarapote
- 1 porro
- 1 cebola
- 1 cenoria
- 6 ovos
- 150 g de nata líquida
- 100 g de tomate fritido
- Pementa branca
- Manteiga e fariña
- Sal
Descricion
Para a tapa
- Enriba de cadansúa rebandada de pan ponse ¼ de pastel, 1 lagostino e adornase con maionesa.
- Tamén podemos pór, en troques do lagostino, ½ pemento de piquillo pasado pola tixola.
Para face-lo pastel
- . Cocémo-lo peixe durante 10 minutos cuberto con auga con sal xunto co porro, a cebola maila cenoria.
- Sacámo-lo peixe e tirámoslle a pel, limpámolo ben de arganas e esmiuzámolo. (Gardámo-lo caldo de cocelo peixe para empregalo para facer calquera outra receita)
- Batemos co batedoiro eléctrico os ovos, a nata, a salsa de tomate, a pementa branca mailo esmigallado do peixe. Probámolo de sal e se fai falla salgamos un chisco.
- Botámolo todo nun molde de pastelería alongado engraxado e enfariñado.
- Metémolo ó forno quente a 180ºC ó baño maría polo decurso de 90 minutos a media altura. Probamos se está feito uns minutos antes picando cunha agulla, se sae limpa xa está feito.
- Deixar arrefriar ben antes de sacalo do molde.
Notas
escarapote s.m. Peixe mariño de rocha dunha familia á que pertencen distintas especies con espiñas na cabeza e outras provistas de glándulas velenosas na aleta dorsal. Os escarapotes presentan diversas cores segundo o fondo en que viven.No pais vasco chámano Kabracho
Tempo: 2 horas (incluindo facelo pastel)
Tapas: 4
Recipe by on.
Microformatting by hRecipe.
Etiquetas: cebola, cenoria, fariña, lagostinos, maionesa, manteiga, nata, ovos, pastel de escarapote, pementa branca, porro, Rebandadas de pan, sal, tomate
Posted by Crisanto under Cociña galega, Peixes e outros produtos do mar
Comentarios desactivados en Empanadiñas de bacallau
Receita: Empanadiñas de bacallau
Ingredientes:
Para a masa:
- 125 ml de aceite (½ vaso)
- 125 ml de auga (½ vaso)
- sal
- fariña a que admita
Para o recheo:
- 300 g de bacallau desalgado e esmigallado.
- 3 porros (só o branco)
- 3 culleres de aceite
- 2 culleres de fariña
- 150 ml de leite
- Noz moscada
- Pementa branca
- 2 pementos de asados (en tiras)
- 1 ovo
- Aceite para fritir
- Sal
Descrición
- Para face-la masa das empanadiñas pómo-la auga mailo aceite e un chisco de sal nunha pota ó lume e cando estea quente que non fervendo retirámola do lume e engadímo-la fariña, pómola de novo ó lume e remexemos forte ata que estea ben ligada. Botamos esta masa no mesado da cociña enfariñado e seguimos engadindo fariña e amasando ata que non se apegue ás mans. Convén deixala algo máis preta do normal para traballala mellor co rodete e ó estirala non se rompa.
- Envolvémo-la masa nun film transparente e deixámola repousar nun sitio tépedo 30 minutos.
- Logo diso estirámo-la masa co rodete e coa axuda dun corta moldes ou dunha cunca de boca ancha imos facendo as obleas.
- Para face-lo recheo picámo-lo porro e amolecémolo nunha tixola con aceite a lume baixo tapándoa cun testo para que non seque ou queime. No caso de que secara engadimos un pouco de caldo de peixe ou auga.
- Cando xa estea o porro brando engadímo-la fariña, remexemos para que se mesture ben co aceite.
- Engadimos logo as especias mailo leite quente e mesturamos remexendo ben para que absorba o leite e non queden grumos.
- Por último engadímo-lo bacallau esmigallado, mesturamos, probamos de sal, salgamos se fai falla e deixamos arrefriar un pouco antes de facer as empanadiñas.
- Collemos a metade das obleas e pomos enriba delas unha cullerada do recheo e unha tira de pemento.
- Pintámo-los bordos con ovo batido e tapamos con outra oblea e pegámola á debaixo premendo cos dentes dun garfo.
- acémo-las empanadiñas fritíndoas en abondoso aceite ben quente ou meténdoas ó forno a 180 ºC polo decurso de 15 minutos, despois de pintalas con ovo batido.
Notas
- Para facela masa empregaremos sempre a mesma cantidade de auga que de aceite.
- Podemos mercar tamén as obleas que venden en calquera supermercado, pero non é o mesmo.
- As empanadiñas que vos sobren podédelas conxelar sen cociñar e así estarán como feitas ese mesmo día.
Tempo: 1 hora
Comensais: 8
Recipe by on.
Microformatting by hRecipe.