Entries tagged with “peixe”.


Albóndegas de peixe

 

Ingredientes:

Para as albóndegas:

  • 1 Kg de xurelo, cabala ou outro peixe
  • 1 cebola nova (200g)
  • 2 dentes de allo
  • 50 g de pemento verde italiano
  • 1 rebanda de pan reseso (50 g)
  • Leite gordo
  • 2 ovos
  • Perexil
  • Aceite de oliva e sal
  • Fariña e ovo para rebozar

Para o prebe:

  • 1 cebola (350 g)
  • 100 g de pemento verde
  • 1 dentes de allo
  • 3 pementos secos
  • 1 tomate maduro
  • 2 vasos de caldo de peixe
  • Aceite de oliva e sal

 

Preparación:

  1. Facémolas albóndega e para iso comezamos pondo o pan a remollo en leite
  2. Amolecémola cebola e o allo, moi picadiños, nunha tixola con aceite ata que esta un pouco branda. Afastamos do lume e reservamos.
  3. Entanto, sacámoslle ó peixe a pel, as arganas e picamos miúdo a carne.
  4. Nunha cunca botámo-lo peixe picado, o pan escoado e espremido, o perexil os ovos maila cebola reservada, mesturámolo todo e pómolo no seu punto de sal.
  5. Facémo-las albóndegas e logo de pasalas por fariña e ovo, fritímolas en abundante aceite quente.
  6. Deixámolas escoar sobre papel de cociña e reservámolas nunha tarteira.
  7. Facémo-lo prebe. Comezamos pondo a remollo, en auga quente, os pementos secos durante uns 20 minutos. pasado o tempo sacámoslle a polpa cun coitelo e reservámola.
  8. Entanto, amolecémola cebola picada xunto co allo e cando estea branda engadímoslle o tomate relado e deixamos que cozan xuntos uns minutos; logo botámoslle o caldo maila polpa reservada e deixamos que fervan uns 20 minutos.
  9. Pasado o tempo triturámolo, pómolo no seu punto de sal e pasámolo polo coador  chinés.
  10. Por outra banda cortámolos pementos verdes en tiras e fritímolas nunha tixola con aceite a fogo medio ata que estean brandos
  11. Botamos o prebe quente por cima das albóndegas e logo de que ferva un minuto apagámolo lume.
  12. Deixámolas repousar uns minutos antes de servilas decoradas coas tiras de pemento fritido.

 

Nota:

  • Podemos facer bolas con calquera peixe, o sabor dependerá do peixe que empreguemos.

 

Tempo: 40 minutos                                                  Comensais: 4

Receita: Sopa de Marisco

Ingredentes

  • 1.5 l. de caldo de peixe
  • congro, cabezas de pescada, outros desperdicios de peixe
  • cebola, porro, cenoria, allo
  • un chorro de aceite
  • 25 ameixas
  • 4 cigalas ou lagostinos grandes
  • ½ Kg de rape
  • 1 cebola
  • 1 cenoria
  • 1 cullerada chea de fariña
  • ½ vaso de viño branco do pais
  • 200 ml. de tona líquida (nata do leite)
  • Pan
  • Aceite e sal

Descrición

  1. Co congro, cabezas de pescada, outros desperdicios de peixe, cebola, porro, cenoria, allo e un chorro de aceite facemos un caldo de peixe, que coamos e reservamos.
  2. Abrímolas ameixas cun chisco de auga, reservámolas e a auga que soltaron, coada, engadímoslla ó caldo de peixe.
  3. Cortámolo pan en cadradiños e metémolo ó forno a torrar. Reservamos.
  4. Picámola cebola maila cenoria moi miudiño e refogámolas nunha tixola con aceite.

    Cando estea dourada pomos as cigalas cortadas ó longo, ou os lagostinos enteiros, pra que se fagan un pouco.

  5. Cando estean feitas as cigalas sacámolas e reservámolas.
  6. Engadímoslle logo á cebola o viño e deixamos reducir un pouco antes de botar a fariña,
  7. Remexemos un chisco, botamos o caldo de peixe, a tona líquida e cocemos 5 minutos máis.
  8. Engadímolas ameixas e o rape cortado en dadiños e deixamos repousar todo un pouco antes de servir.
  9. Ó servir pór en cada seu prato unha cigala reservada e o pan torrado

Notas

Se non vos gusta tan lixeira, podedes engadir puré de pataca, sémola de trigo ou pan relado pra espesala un pouco máis

Comensales: 4

Receita: Caldeirada de Peixe

Ingredentes

  • 1 Kg. de peixe (pescada, rape, rodaballo)
  • 1 cebola
  • 1 tomate maduro
  • 1 pemento verde
  • 2 dentes de allo
  • 2 Kg de patacas
  • 1 litro de caldo de peixe
  • Pemento doce
  • Azafrán
  • 1 folla de loureiro
  • Aceite
  • Sal

(máis…)

Durante toda a Idade Media a agricultura constitúe, naturalmente, a base de toda actividade económica. Ademais, aproximadamente até o século XII, é dicer, até que se inicia o despegue do fenómeno urbano (e con el o comércio e a artesania a escala relevante), a agricultura pode-se dicer que é o único sector económico importante.

(máis…)